26 Aug 2005

Teño unha dúbida moral e profesional: deberiamos (dentro das nosas limitacións) corrixir os comunicados de prensa dos políticos? non será desleal cos lectores?

Hay certa alarma social pola escasez de auga que poida nun futuro cercano afectar a Burela, a cal, vaia por diante, compartimos plenamente. Isto non implica que a nos, como grupo local, elegidos polos veciños de Cervo, preocúpenos especialmente a situación na que poidan quedar, nestes momentos de seca, os burgos de Cervo, Rúa e San Román. A sua situación é moito mais grave que a de Burela.
O río Xunco, nace, discurre na sua totalidade, e desemboca en Cervo. A pesares de eso, ó alcalde Insua, nun acto de deixadez, abandono e incompetencia entregou as chaves do embalse de Rúa ó alcalde de Burela ( naqueles momentos Manuel Mon) renunciando a controlar os pasos de augas polas tuberías hacia ó noso concello. A realidade é que os empregados municipais de Cervo, non teñen acceso ó interior do embalse.
A situación polo tanto é a seguinte. Primeiro colle auga Burela no embalse de Rúa, e si non chega, por outra tropelía de Insua, permitindo montar unha estación de bombeo na Ponte Vella de San Román, volve a coller auga únicamente Burela. Despois, SI QUEDA, un kilómetro rio abaixo, colle auga Cervo que por bombeo a manda para os depósitos da Senra. ¿ Non é triste que, a pesar de estar o rio Xunco na sua totalidade no noso termo municipal, nos sexamos os últimos?. Todas as noticias falan da previsible falta de auga en Burela, pero si esto ocurre, nos xa estaríamos sin ela fai tempo e o impacto medio ambiental no rio Xunco sería brutal.
Este grupo municipal, polo tanto, quere denunciar públicamente a situación na que nos atopamos. Somos os grandes damnificados pola mala xestión de Insua, é os veciños deben coñecer o responsable de esta vergonza.
En Cervo, a 26 de Agosto do 2005.
Asdo. GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE CERVO

No comments:

Post a Comment