El objetivo primero y fundamental de la educación es el de proporcionar a los niños y a las niñas, a los jóvenes de uno y otro sexo, una formación plena que les permita conformar su propia y esencial identidad, así como construir una concepción de la realidad que integre a la vez el conocimiento y la valoración ética y moral de la misma.Que bonito! O malo é que gran parte do profesorado pasa de ler a lexilación aplicable á súa profesión (como a maioría dos traballadores) e pasa aínda máis de poñerse, dez ou vinte anos despois de dar a súa primeira clase, a revisar temarios e a preocuparse pola educación integral do alumnado. Menos mal que, enfronte destes desalmados (todos temos algún na nosa memoria) que recitan os mesmos apuntes que hai vintecinco anos coa intención de que os alumnos os copien (a man) os memoricen e os volquen (outra vez a man) nunha folla de exame, están os profes modernos. Como molan esos profesores que participan en proxectos de investigación, que escriben libros sobre pedagoxía moderna, que pasan dos temarios clásicos, que renegan da memorización e endeusan a comprensión. Que preparan os alumnos para a vida. Profes modernos, como Julio Reboredo Pazos, coñecido en Valado City como Cheta.
Dise do Cheta que vai polos corredores do Sanxillao cun carriño do Gadis ata arriba dos libros cos que os seus alumnos construirán os seus propios temarios (que moderno) de Historia, que despois memorizarán (que antigo) e repetirán con maior ou menor fortuna nuns exames, segundo parece, de antoloxía. É que me alucina que alguén poda distanciarse desa maneira da realidade, que pense que é lóxico que máis da metade dos alumnos do Sanxillao se dispersen polos outros institutos lugueses cando chegan a segundo de BAC, que non se entere dos movementos que fan os seus xefes para librase del e os xefes dos outros centros para que non lles caia o morto a eles, que non se plantee ata que punto lles pode joder a vida aos rapaces suspendéndoos unha e outra vez sen explicarlles nunca por qué ou cómo facer para aprobar e que aínda teña a tremenda cara de pontificar sobre pedagoxía e de publicar un libro coas cagadas que os seus alumnos cometen nos seus exames como se fora algo completamente alleo á súa función na vida, como se fora consecuencia directa da ineptitude dos fillos do século vinteún e non da súa propia inoperancia docente. Eu é que flipo.
Pois a min deume clase e foi un dos mellores profesores que tiven.
ReplyDelete