31 Aug 2009

No meu moleskine XXIII: Inesgotables



Se eu puidera descansar de min...
___
*Aproveito as próximas entregas do moleskine para compartir unha serie de fotografías de Robert Frank, que ademais de ser unha figura imprescindible na historia da fotografía documental é un dos meus artistas favoritos... E iso si que é un fito importante, aínda que algo mal remunerado.
**Frank naceu en Zürich, nunha familia xudía acomodada e é famoso pola súa ollada escéptica sobre as sociedades británica e usamericana e por ser o fotógrafo da xeración beat. O seu traballo máis recoñecido é The Americans (esta referencia tamén é interesante), que o ano pasado celebrou o seu 50 aniversario. Tamén dirixiu varias películas. Entre elas, un documental sobre os Rolling Stones cunha historia xudicial algo rocambolesca. Nos últimos anos derivou cara a fotografía e o cinema experimental e, despois da morte dos seus dous fillos, limitou drasticamente as súas aparicións públicas.
***A imaxe que
ilustra este post titúlase, simplemente, London street_1951. Recomendo vela ampliada, contén un montón de detalles e historias.

No comments:

Post a Comment