2 Sept 2007

As de espadas


Din as cartas que estou triste e agobiada, que vivo na calma que precede a tempestade. E a tempestade vai ser muito traballo. Un traballo mui bon, non mui ben remunerado pero si mui creativo e viaxeiro, mui enriquecedor para min e no que vou pasar toda a vida. Non de xornalista. Din as cartas que o xornalismo me produce inseguridade e rabia. E non cerca da familia. Din as cartas que me espera unha vida boa, que me vai gustar vivir, pero que non a vou poder vivir cerca da familia. Cerca desa parte de min mesma. Cerca dun pai forte e feble á vez. Din as cartas que dentro de mui pouco tempo, no medio da tempestade que seguirá esta calma, vou ter que tomar a decisión de separarme desa parte de min mesma. E que a vou tomar, porque non vou poder non tomala. Esto, en concreto, díxomo o As de Espadas.
Pero tamén hai outras cartas.
Hai unha que di que crisis signfica crecer e que teño que aprender a destruir para construir.
Esa é outra historia.
E hai outra que fala dun Don Xoan, dun home comprometido que non tuven, parece, porque non fun "o suficientemente puta" e que nunca vou poder ter de todo, parece, aínda que o vou intentar, parece.
Pero esa aínda é outra historia.
E debe ser contada noutro momento.

No comments:

Post a Comment