11 Jan 2005

Tralas pegadas de Donaldo

Hai un mes, o xuiz da Audiencia Nacional española Fernando Grande Marlaska (famoso hoxe por outros menesteres) enviou a México unha orde de detención internacional contra o ex-ministro do interior guatemalteco Donaldo Álvarez Ruiz, pola súa presunta responsabilidade no asesinato de catro sacerdotes españois e no asalto á embaixada española no 1980.

Unha aplicación disque laxa da lei de extradición mexicana ofreceu ó ex ministro guatemalteco a posibilidade de escapar do fogar no que levaba quince anos vivindo tranquilamente. Deixou tras de si un fillo negador: meu pai non o fixo, meu pai non vive aquí, non sei onde está meu pai...


Hugo Álvarez, fillo do ex-ministro guatemalteco
fotografiado por Eduardo Verdugo para AP

Hoxe chegoume un mail de Lalore, compañeira de aventuras santiaguesas metida a piriodista das de verdade, no que contaba que estaba en Mexico D.F. cubrindo o caso para o xornal guatemalteco Prensa Libre:
Los primeros días estábamos un poco desesperados, porque hablar con los funcionarios mexicanos es un dolor, pero conseguimos contactar con las víctimas de Donaldo Álvarez (el torturador), que se habían exiliado a México sin saber que él también se ocultaba aquí. Hoy nos recibió su familia, el hijo, un tipo igual de loco que él... pero la entrevista es muy buena. Estoy emocionada porque es el primer genocida guatemalteco que podría ser juzgado y yo lo estoy cubriendo, quizá si lo agarran y se lo llevan a españa también me envién (es menos probable).
Oxalá. Que o deteñan, que o xulguen e que nolo contes.

No comments:

Post a Comment