18 Apr 2006

colin sudando
Unha, que se debe ao seu público

Escribo dende Barajas, mentres tomo un nestea e una caña de chocolate ao lado de Antón Reixa (quen, por certo, está tomando un sandwich vexetal e unha agua mineral... sanote sanote)... quen me ía dicir a min cando fedellei por primeira vez en internete, hai case dez anos, nun ciber insalubre da rúa nova nova compostelana, que ía acabar posteando vía wireless dende a cafetería-manosarribaestoesunatraco do aeroporto de Mdd... os supersónicos están aquí, xa volo decía eu.

Nuns minutos, embarco para Compostela, un caprichiño que me saiu por unha pasta, pero que ei gozar tanto como poda.

PD/ Eu, personalmente, prefíroo lavadiño, pero vaia...

No comments:

Post a Comment