12 Jul 2006

Como unha pera

Ortigueira 98
1998. Choveu dende a primeira vez que fun a Ortigueira. Foi no vrao do primeiro ano de carreira. Quedei con Xabi nunha vila curuñesa (cuxo nome olvidei antes de subir ao bus) para ir xuntos no mítico portaavións. Non había nin unha semana que remataramos os exames, eu acababa de anotarme na autoescola e fomos todo o camiño alternando as súas pullas sobre a miña roupa "comando" coas miñas sobre a súa horrenda conducción mentres, no asento traseiro, tres alikenses fiaban comentarios surrealistas sobre alcumes coruños. Aparcamos en Morouzos, rexeitamos media ducia de tipos de drogas, buscamos ao resto dos alikenses, a Beltaine e a Pililule e chantamos as nosas tendas nunha chaira do pinar. A acampada era un edén no que poder mesturar os amigos de toda a vida coa xente da facultade. Xuntos comemos e bebemos aquela primeira noite, a do kalimotxo máis incríble do mundo no Fox, que acabou como vedes, cunha servidora sentada no medio e medio da alameda con olliños de borracha e na compaña do cronista máis interesante e divertido que tivo e ten o Festival.

como una peeera
2006. Preferiría amputarme un brazo antes que sentarme na alameda (ou no pinar) o sábado pasado. E non é só que o chan estivese asquerosísimo, que o estaba. Muito. Muitirmo. É que vou vella e digievolucionei en mari-la-pupas. E aínda así paseino ben, paseino xenial, nunha das noites máis sub-realistas dos últimos tempos. Escuitamos unha historia xenial sobre un ranchiño perdido en Compostela, ceamos bocatas co queixo por arriba, bebemos kalimotxo e estrella galicia como manda a tradición, minxitamos no atallo, compartimos conversas e bebida e substancias máis ou menos ilegais co cronista máis interesante e divertido que tivo e ten o Festival e cun dos seus amigos alikenses, falei un cacho cunha panda de jipis sancibrenses, ordeei cabaleiro da sagrada orde ducatista a un ferrolano encantador coa espada láser dun que non sabía a capital de Belice, coñecemos o culpable da bancarrota (nótese o sarcasmo) de Acesa e lemos as insólitas declaracións de Lolita mentres esperabamos ao anfitrión máis atento.
Evidentemente, a música quedou nun segundo plano, como xa sucedera aquela primeira vez (e, anque menos, tamén nos anos intermedios), pero tamén vos digo que non é igual ordear cabaleiro a alguén mentres escuitas esto que mentres escuitas esto (que terá o seu aquel, enténdaseme ben, pero igual non é).

2014. Mari-la-pupas repite.

No comments:

Post a Comment