29 Mar 2010



Esta tarde pasoume pola porta a procesión da Confraría da Humildade. Escuridade tambores capuchóns chuvia un bastón golpeando a pedra. Freaking easter passion. Recordoume aqueloutra procesión que retratara para o proxecto de final de carreira en Gales. Recordei como o profesor, licenciado en estudos afroamericanos e negro, abriu a miña reportaxe e mirou alucinado para a primeira foto. Mirou para min. Outra vez para a foto. Para min. Pasou as outras fotos rapidamente, case sen miralas. Cerrou o album. Mirou para min, sorriu e dixo:
-Whatever this means, I cannot deny you have a nerve
.
-Non é o que parece.
-Pero parece o que parece e tu fixéchelas para que o parecera.
-Supoño. Eso é malo?
-Claro que non.
E este profesor, cuxo nome recordo con sorprendente claridade despois de pasar dez anos sen ter noticias del, non só me puxo unha nota digna, senón que botou ben dúas horas comentando o traballo comigo. Alucinando coa estética Klu Klux Klan, co hiperdramatismo das figuras relixiosas e cos nenos pequenos subidos aos hombros dos seus pais para observar tranquilamente o lento sufrir dos encapuchados. Criticándome os defectos (sobre todo, a impaciencia) e loubándome os acertos. Loubando, dixera daquela, a miña capacidade para transmitir beleza ironía humor e desafío xa coa primeira foto.

Joder, como boto de menos ás veces ter un bo profesor ao que desafiar.

No comments:

Post a Comment