12 Jul 2011

Shameless



___
*Shameless é unha serie mítica do Channel 4 británico. Van oito temporadas dende este primeiro episodio e as poucas personaxes que permanecen na serie evolucionaron tanto que xa non hai quen as recoñeza. A maioría, desapareceron. Algunhas están no cárcere e outras morreron, pero en xeral a xente desaparece de Chatworth fuxindo. Escapan sen mirar atrás dese arrabalde ficticio no que ninguén ten un traballo normal, no todo o mundo vive das axudas da seguridade social, da prostitución, da droga ou do crime desorganizado. No que é imposible durmir sen un par de pintas, un vodka dobre e un éxtase no corpo. Detrás de Shameless está Paul Abbott, que fora guionista de Coronation Street, unha das telenovelas máis míticas de todos os tempos, e o máis interesante desta novelaza de miles de millóns de páxinas é, precisamnte, como equilibra a estrutura típica das soap operas coa brutalidade dos diálogos, a sordidez das relacións sexuais (porque sentimentais hai máis ben poucas) e cunha total falta de respecto polos arquetipos. Nunca vira unha serie menos maniquea ca esta. Chega un punto no que todas as personaxes son tan atractivas como despreciables... dependendo do momento e da cantidade de alcol e/ou drogas que leven no corpo.
**Hai unha versión USA que empezou a emitirse en febreiro deste ano. Non a vin, pero teño entendido que é muito máis ñoña.

2 comments:

  1. Eu estou enghanchado á versión estadounidense e xa me deixaches con máis ganas (todavía) de ver a británica... pero é dunha pereza, que xa sabes... :P

    ReplyDelete
  2. A min dame ata vergoña recoñecelo (e mira que me queda pouca), pero chimpeime as oito temporadas en dúas semanas... hai algunhas tramas algo cargantes, pero a verdade é que esas personaxes tan terribles enamoran.

    Xa contarás que tal evoluciona a estadounidense :)

    PD. Non me dirás que a pereza é polo idioma... co que mola o inglés british!!!

    ReplyDelete