2 Mar 2005

Punto de encontro

Casualidades da vida, segundo parece a estación luguesa está de aniversario. Firma a reportaxe do DOL unha desas xornalistas tan infra-empregadas polos seus xefes que ata parece que as agochan para que non se note que a culpa de que as cousas estean como están non é da redacción. Tecleo un pedaciño:
Abelardo Pérez vive en un piso cercano al de su hijo, así que pasa las noches en uno y otro, pero los días siempre en la terminal. No tiene calefacción porque "os vellos somos un pouco agarrados", pero la suple con la de la estación, que en verano está fresquita. Pega la hebra con sus amigos y si no pasea. Para muchos es como un parque climatizado y son capaces de recorrer el pasillo docenas de veces arriba y abajo.

Emerecindo música

A petición popular inauguro unha sección musical da que, tranquilos/as, non me fago cargo eu mesma. Descentralizo contidos como quen descentraliza competencias, sen toca-lo presuposto. Via mail, Borja compón día a día a súa lista de cancións imprescindibles a cambio dun pouco de nada con certificado de autenticidade.


Non sei se se co Vitalogy, pero va que é chula

Comezamos coa súa favorita (xunto cunha de Aerosmith que anuncia pero non concreta). É de Pearl Jam, do que moitos consideran o seu mellor disco despois do primeiro, Ten, que é insuperable "por suposto". O disco en cuestión é o Vitalogy, de 1994, publicado por Sony. O tema é o número 5 do album, Nothingman.

once divided...nothing left to subtract...
some words when spoken...can't be taken back...
walks on his own...with thoughts he can't help thinking...
future's above...but in the past he's slow and sinking...
caught a bolt 'a lightnin'...cursed the day he let it go...
nothingman...
nothingman...
isn't it something?
nothingman...
she once believed...in every story he had to tell...
one day she stiffened...took the other side...
empty stares...from each corner of a shared prison cell...
one just escapes...one's left inside the well...
and he who forgets...will be destined to remember...
nothingman...
nothingman...
isn't it something?
nothingman...
oh, she don't want him...
oh, she won't feed him...after he's flown away...
oh, into the sun...ah, into the sun...
burn...burn...
nothingman...
nothingman...
isn't it something?
nothingman...
nothingman...
coulda' been something...
nothingman...
oh...ohh...ohh...

1 Mar 2005



Recibín dúas mensaxes emocionantes. Unha, de quen podería ser un futuro gran amigo, tan fermosa e tan doce como difícil de contestar e a outra, de quen en tempos pensei compañeiro imprescindible, tan sutil e complexa coma nós mesmos. Dúas portas abertas ante min... deus, ¡que responsabilidade!


Fin de semana de rat race. O venres, cheguei do Cap co tempo xusto para remata-lo informe que lles debía ós de Amnistía, ducharme ás presas e sair pitando cara á estación de autobuses. Outro día falaremos dese niño de freaks que é a estación luguesa.

O bus saía (e saiu) á medianoite. Unha carraca vella coetánea dos Freires que paran dúas veces en cada casa entre Lugo e Santiago. O conductor era un pouco cabrón e, ademáis de acelerar e frear con certa brusquedade e moita máis frecuencia da imprescindible, prendía as luces cada pouco, supoño que para comprobar que non durmíamos. Non debiamos resultar convincentes, porque ás catro e media da mañá tivo a ben facernos baixar do bus no medio e medio da (branca) castela porque el tiña que ir repostar. Cando chegamos a la-capi xa me cagara unhas cantas veces nos seus mortos, pero para rematala non nos deixou baixar en Atocha porque a miña mochila estaba no compartimento da Estación Sur. Alá que nos fomos, para despois coller un taxi ata Atocha. En fin.

O taxista foi do mellor da viaxe, cos seus comentarios dignos dun artigo de Elvira Lindo: "Uy, fíjate como vaaaan... bolingash perdíosh. Yo esh paso mil de hacerme losh bolingash. Yo con mish estaciooonesh, mi aeropuerto, mish trabajadoresh madrugadoresh eshtoy de vicio. De bolingash, ná." Para desgracia do pobre home, cando baixamos nós subiron dúas orientais e un occidental moi riseiros que non tiñan pinta de ir deixar pasa-la oportunidade.

Nós fomos leva-las cousas ó hostal, compra-lo xornal e almorzar na única cafetería que atopamos aberta a esas horas, o horrible Caffé di Roma. O bon foi que tivemos espectáculo: tres tunos ligando cunhas orientais bastante cocidas, unha panda de tíos e unha de tías tentando salva-la noite no último momento e a actuación a catro bandas do facha capitalino, o trío de mafiosos gregos, os camareiros sudamericanos e o madrileño progre. Impagable.

Cando rematou a diversión, fomos dar unha volta para facer tempo ata a primeira reunión. O obradoiro foi no edificio do consello da xuventude e a sala onde estivemos toda a finde pechados estaba chea de posters do Referendum Plus de marras. Case toleo, dúas noites sen durmir, unha viaxe horrenda en bus e oito horas seguidas vendo a publicidade da "bebida que che cambiará a vida"...

O corpo non deu máis de si e tralo paseo vespertino, as cañas e as tapas, caín rendonda na camiña do hostal, cando oín o móbil ó día seguinte pensei que non podía ser que xa se me acabara a noite. Máis Referendum Plus, máis cañas, máis tapas, máis paseo e para o bus de volta.

A viaxe do domingo foi infinitamente máis agradable, un par de películas pasables (¿alguén sabe se Filmax pactou con Alsa a emisión de cine europeo nos seus buses?) e unha conducción amable e delicada. A gloria.

24 Feb 2005


Por se alguén tiña dúbidas... eu podo asegurar e aseguro que xenético non é, a este non hai quen lle quite o aspirador das mans. Aínda que... estou pensando que na lavadora nunca lle deu por fuchicar.

O noso é puro teatro

Levo toda a semana de ensaio en ensaio e tiro porque me toca. Entre iso, arregla-los meus desencontros coa administración pública e prepara-la unidade didáctica para as prácticas, o informe para o obradoiro do fin de semana (Amnistía lévame again á capital-del-reino) e o traballo para o CAP de mañá acabaron coa pouca vida social que me quedaba.

Por se fora pouco co estrés vital que me caracteriza, o primaveral sol santiagués non era tal e o venres pasado pillei un catarro de agárrate que hai curva. Toda a fin de semana na cama, con couldinas e efferalgans e auga de limón a tutiplén. Ademáis de para durmir e sudar, o finde deume para ensaiar o sábado e o domingo (pero que durírma é a vida do artista, oes), para ler El País do domingo, para votar (in extremis) e para ver un par de pelis malas e unha moi boa. Como lle dixen a alguén en pleno subidón de paracetamol "paso de Clint, paso de Keanu e paso da vida real que non son máis que números verdes caendo, pero que viva Charlie Kaufman e o seu cráneo previlegiado."

O cumio social da semana foi a primeira reunión co titor das prácticas do CAP o luns á hora do recreo (as once e cuarto, de cheo na primeira resaca de codeína do día). Que mítica a entrada do instituto... os mesmos cadros, os mesmos mobles, o mesmo profesorado. Sentinme minguar por momentos e cando din chegado á porta da sala de profesores xa tiña outra vez quince anos. Despois dun vergoñento incidente cun (encantador) ex-profe de matemáticas, por fin din falado co que fora o meu profe de literatura galega en COU, aquel ante quen coa apaixoada inocencia que da a ignorancia defendín a teoría de que robles e carballos eran árbores diferentes... teoría baseada no feito irrebatible de que na miña casa hai un roble e tres carballos. Gracias ó ceo el dixo recordarme vagamente (a min dame a impresión de que non me recordaba en absoluto) e a conversa foi máis ben un monólogo sumamente xeneroso cos meus intereses: "ti non te agobies, fas as clases que queiras, para o curso que queiras, sobre o tema que queiras... como se non queres facer ningunha". Concordamos que preparara unhas seis horas de clase para un grupo de diversificación curricular de 3º da ESO sobre os medios de comunicación de masas e, en máis en concreto, sobre a prensa escrita. Se se me da moi mal, podo fuxir cando queira e se se me da moi ben podo quedar ata que canse... mellor, imposible.

18 Feb 2005

Eu min me comigo?



Confirmado, son una freak. Hai un par de días gastei 27 euros que non tiña nun libro de máis de 1.000 páxinas chamado Cuestionarios Psicotécnicos y de personalidad. E, por se non fora dabondo con pagar por el, encaaaaaaaaatame resolve-los problemiñas... non haberá por aí un traballo de probadora de test psicotécnicos?

Tamén son unha chorona. Intuíao, pero non me agradou moito confirmalo. Semana de tensión en teatro, un par de broncas a destempo (na miña opinión) e alá fun, rompeuse o encoro. Xa pasou, pero estiven a un tris de mandalo todo a un sitio; pa de sufrí xa está o paro.

A fonte de enerxía positiva, como ven sendo habitual, Amnistía. O martes debatemos se seguir traballando con Vietnam mentres non nos pechen definitivamente o expediente de Van Ly, quedan moitos presos de conciencia na cadea e fálase de dúas amnistías máis neste ano. Propuxéronnos defender a un médico condeado por traducir un texto sobre a democracia extraído da páxina do goberno norteamericano (kafkiano, non?), a un xornalista que traballou durante anos no diario do réxime pero que cometeu o erro de publicar en internet as súas propias ideas (adopteino inmediatamente, como poderedes supoñer) e a un profesor de matemáticas.

Agora mesmo voume para a camiña ver a estrea de Telelugo: Lucus Intríngulis (ou algo así), presentado por unha ex compañeira de instituto e realizado por un ex compañeiro do colexio. E eu, desempregada. Xa podían chamar por min.

E xa para rematar, unha confesionciña de nada para que me arreboledes tomates cando me vexades: estou enganchada a unha telenovela de Localia. Un clásico, eso si... Dixéravos que estou no paro?

15 Feb 2005

L'amour



Esta será mi venganza,
que un día llegue a tí un libro de un escritor
famoso y leas estas líneas que el autor escribió para tí,
y tú no lo sepas
Ernesto Cardenal

Non hai tantos anos que lle escribín a alguén nalgures aquelo de "a sublimación do amor é morrer por amor". Daquela, tampouco hai tanto tempo, encantábanme os escritores románticos; a poesía, claro, pero tamén as lendas e os contos populares... historias nas que dúas roseiras unen eternamente os amantes que non puideron comparti-las súas vidas. Non hai tanto diso, digo, e sen embargo hoxendía prefiro máis ben os poetas cínicos e descridos. Sería sinxelo supoñer que levei unha hostia (amorosa) como un mundo que me deixou un sabor de boca (case) tan acedo coma o poema de Cardenal. Pero non, nin sequera. Descoñezo de onde veu esta nova eu como descoñecía de onde viñera a antiga, pero o caso é que cada día estou máis certa de que o amor non é máis que racional autosuxestión.

Dende sempre, dende que teño recordo, cando teño que pasar un pedazo sen falar con ninguén debuxo na miña cabeza o futuro perfecto. Evidentemente, esta vida en estado latente evoluciona comigo: de pequena quería ser cociñeira e vivir na aldea, uns anos máis tarde prefería a vida de multimillonaria presentadora dun concurso xuvenil, despois pensei que o rapaz máis guapo (popularmente aclamado) do colexio e máis eu íamos ser arquitectos ademáis de amantísimos esposos residentes nun fermoso ático branco cunha cociña como a dos Supersónicos. Non tería máis de dez anos e xa daba por suposto que o futuro perfecto esixía alguén perfecto co que compartilo.

Na miña humilde opinión amaremos a quen encaixe nesa idea que temos de nós mesmos, a quen (de paso) axude a que os demais nos vexan como queremos ser vistos. Pode pasar que nos avergoñemos do que realmente queremos e fagamos ver que queremos outra cousa completamente distinta. E tamén pode ser que nos guste alguén que non encaixa no que somos ou no quereriamos ser. Que nos guste mirar para el, que nos faga rir e/ou gozar cando estamos xuntos, pero ¿amalo? imaxina-la vida con el, crer que non poderías vivir se non fora con el, que daría-la vida por el... Moita metafísica xunta para algo tan banal, tan venial.

A metafísica chega cando o metemos nos nosos soños. E encaixa. Pode que mesmo constrúamos soños comúns. E pasa o tempo. E chega un momento no que xa non recordamos que parte do futuro perfecto pensamos nós e que parte pensou o outro. Xa non poderiamos desmadeixalo e non importa, porque xa non poderiamos vivilo sós. Non poderiamos volver empezar. E entón podemos decidir que iso, amigos e amigas, é o amor, que estamos namorados. El é único, a nosa media laranxa, non encaixariamos con ninguén coma con el. E se somos afortunados el pode decidi-lo mesmo, pode que mesmo se dera conta antes ca nós.

Pero a vida é máis longa cá maioría dos poemas e igual que cambiamos de futuro ideal podemos cambiar de media laranxa ideal. Pode que atopemos outra e pode que non. Pode que decidamos dicirllo e pode que non. Pode ser el o que quere outra cousa, o que atopa outra cousa. Pode que quedemos sós soñando soños comúns. E pode que entón decidamos vingarnos, aproveitando ó mellor algún dos soños que sabemos que o outro se quedou para si.
Quizais, que algún escritor famoso lle escribira un poema.

14 Feb 2005


Exitazo de público. A crítica aínda non se manifestou. Aberto queda este humilde blog para aqueles lectores que queiran manifestar o seu parecer. Non se escondan, que os vin cos meus propios ollos entre o público.

Mmm... Ollo coa competencia, Alejandro.

12 Feb 2005

Semana de histeria colectiva e individual.
  • Comezamos os ensaios diarios; nós durmimos cinco horas e, a cambio, a obra vai tomando forma. Teño unha escea xenial, triste e fermosa... encántame, reconcíliame co mundo, pero non vos podo adiantar nada.
  • Foi tamén semana de pegada de carteis. A primeira foi cos de Amnistía, con nocturnidade e alevosía. É divertido o de ir coa basoira e o cubo pola cidade adiante, tapando anuncios de disco Hermo. Despois fun con miña irmá polos comercios lugueses, remprazando os do Entroido e compartindo portas cos do Comercio Solidario e cos de Xesus-Cristo. O gremio máis xeneroso, o das zapaterías.
  • Hoxe comprobaremos se tanta cartelería da resultado, ás oito no Gustavo Freire outing dunha servidora no espectáculo máxico Armas Baixo Control, agasallo do Mago Antón e cía. para Amnistía Internacional de Lugo. Xa vos contarei en que condicións viven os coellos brancos que saen dos sombreiros de copa.
  • Estes días tamén andiven a voltas co post que teño prometido e que non sei se serei quen de escribir... é un streap-tease mental que non sei se estarei preparada para ofrecer. Alomenos mentres non teña tempo para facelo ben.
  • E tampouco me gustaría olvidarme desa tarde de CAP en Compostela. Hai poucas cousas que me enfaden, pero conducir tres horas para presenciar catro horas e media de conversa de bar entre filólogos descoñecidos é unha delas. Meu deus, estudiar unha carreira debería de estar contraindicado. Seremos todos así? As primeiras dúas horas de debate sobre se as preguntas de comprensión lectora para o alumnado de secundaria deberían limitarse a parafrasea-lo texto colléronme por sorpresa. Que prepotencia! Serían eles tan inútiles cando eran rapaces? Un descanso e un chute de cafeína máis tarde xa puiden goza-la experiencia como merecía, rindo. E como non rir?
  • Chiste de filólogos:
    Esto é un profe que lles di ós seus alumnos (galegos):
    -Un exemplo de epíteto é "herba verde".
    E dinlle os alumnos (galegos):
    -E logo a herba seca?
    (Risas)
    E di o profe:
    -Si, tedes razón. A herba pode non ser verde. Pois logo, "nubes brancas".
    E dinlle os alumnos (galegos):
    -Profe, as nubes non son brancas, son grises.
    (Risas).
    Iso sí... os de filoloxía non chegan ó nivel cómico de insignes alumnos de xornalismo como Pura Zato ou Natacha con debates como aquel sobre a lonxitude da cola (?) do vestido de noiva de Lady Di.

10 Feb 2005


O outro día tomei esta bucólica foto en cas'Tuñez, deume por aí, por facer fotos a descoñecidos, aburrida como estaba de esperarar a que Xabi recusitase o seu portavións (por Dios, intenta arrancarlo). En fin, debían estar falando dos traballos, ou dos exames, ou da chea que levaba a noite pasada o profe de turno no bar de moda. En calquera caso, sentinme taaaaaan identificada! Non hai tanto tempo nós estabamos aí mesmo, e míranos agora... alomenos a cen quilómetros de distancia! Onde estarán eles en cinco anos?

8 Feb 2005

Os sendeiros do google son inexcrutables. Buscando información sobre o meu titor das prácticas do CAP, atopei esta marabilla. Aficionada como son a fozar nas vidas alleas, empregueime a fondo ata que atopei este documento único dun ídolo de xuventude (ollo á foto, lugueses e luguesas, é impagable). Despois picoume a curiosidade: que sería de don Xurxo de Vivero tralas eleccións do 99? O google non ten a resposta (non as ía ter todas), pero sí un link raroraroraro no que aquel que sabe "toda la literatura universal de la A a la Z" recomenda a uns ex-membros do Opus que busquen axuda sicolóxica. Daquí alí fun dun chimpo. E despois, como non, caeron as fontes orixinarias. Aí vai unha peroliña:
Para que en el matrimonio se conserve la ilusión de los comienzos, la mujer debe tratar de conquistar a su marido cada día; y lo mismo habría que decir al marido con respecto a su mujer. El amor debe ser recuperado en cada nueva jornada, y el amor se gana con sacrificio, con sonrisas y con picardía también. Si el marido llega a casa cansado de trabajar, y la mujer comienza a hablar sin medida, contándole todo lo que a su juicio va mal, ¿puede sorprender que el marido acabe perdiendo la paciencia? Esas cosas menos agradables se pueden dejar para un momento más oportuno, cuando el marido esté menos cansado, mejor dispuesto.

Otro detalle: el arreglo personal. Si otro sacerdote os dijera lo contrario, pienso que sería un mal consejero. Cuantos más años tenga una persona que ha de vivir en el mundo, más necesario es poner interés en mejorar no sólo la vida interior, sino —precisamente por eso— el cuidado para estar presentable: aunque, naturalmente, siempre en conformidad con la edad y con las circunstancias. Suelo decir, en broma, que las fachadas, cuanto más envejecidas, más necesidad tienen de restauración. Es un consejo sacerdotal. Un viejo refrán castellano dice que la mujer compuesta saca al hombre de otra puerta.

Por eso, me atrevo a afirmar que las mujeres tienen la culpa del ochenta por ciento de las infidelidades de los maridos, porque no saben conquistarlos cada día, no saben tener detalles amables, delicados. La atención de la mujer casada debe centrarse en el marido y en los hijos. Como la del marido debe centrarse en su mujer y en sus hijos. Y a esto hay que dedicar tiempo y empeño, para acertar, para hacerlo bien. Todo lo que haga imposible esta tarea, es malo, no va.

No hay excusa para incumplir ese amable deber. Desde luego, no es excusa el trabajo fuera del hogar, ni tampoco la misma vida de piedad que, si no se hace compatible con las obligaciones de cada día, no es buena, Dios no la quiere. La mujer casada tiene que ocuparse primero del hogar. Recuerdo una copla de mi tierra, que dice: la mujer que, por la iglesia, / deja el puchero quemar, / tiene la mitad de ángel, / de diablo la otra mitad. A mí me parece enteramente un diablo.
Non vos soa? Xuro ante sanjosemaría que teño un millón de cousas interesantes que facer, por que acabarei sempre perdendo o tempo con estoutras?

Antena 3 e as súas antenatresadas

7 Feb 2005


El Progreso, luns 7 de febreiro de 2005.
O galego é en Galicia unha lingua viva, aínda maioritaria e a súa fortaleza resulta sorprendente, segundo se desprende dalgunhas das múltiples consideracións recollidas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Na diagnose feita, con datos provisionais do censo do 2001 (IGE) e dos censos de poboación e vivendas do mesmo ano (INE), determínase que dunha poboación de 2.587.407 persoas, o 56,64% (1.470.836 persoas) falan sempre galego. Outro 30,29% (783.780 persoas) fálao ás veces e un 12,86% (332.791) non o fala nunca.

Apuntes. O castelán, segundo as previsións do plan da Xunta, non sofriría mal algún co crecemento do uso do galego. O obxectivo do programa é protexer a quen fala galego e estimular a que o flaen cantos o coñecen e cantos queiran aprendelo.

Pé de foto: O 99% da poboación recoñece que entende o galego
E nós preocupados.


Pero que es esto? Pero que invento es este?
Por favor, parece mentira. Como se pode ser tan inútil como para ter as respostas dun exame tipo test e poñer ben ata as de reserva... é que canta, ho, canta.
Recibo via mail dende Barcelona:
El machismo de Disney
"Admirada tú serás, si callada siempre estás. Sujeta bien tu lengua y triunfarás". Esta canción de la película de Disney La sirenita resume el premiado trabajo de final de bachillerato de una estudiante barcelonesa, Lara Cano, en el que denuncia el mensaje machista que transmiten los filmes de cuentos de la fábrica de sueños.
Cano, de 18 años, comparó las versiones originales de narraciones como Blancanieves, La Cenicienta y La bella y la bestia y sus adaptaciones a la gran
pantalla. Para ello realizó un complejo estudio estructural, morfológico y psicoanalítico, utilizando desde la técnica de análisis matemático de las funciones de los personajes de los cuentos, ideada por Vladimir Propp, hasta el psicoanálisis de Freud.
El resultado es demoledor. "Disney modifica, incorpora o suprime ciertas funciones de los cuentos tradicionales que hacen que se alteren sus valores educativos", asegura. La mujer es la que sale peor parada: "Son tontas, sin decisión propia y dependientes del hombre o los animales".
Otro ejemplo es la escena en la que los enanitos imponen a Blancanieves la condición de fregar para quedarse en su casa, "y ella acepta encantada". Esta tendencia fue más acentuada en los años 40. "A partir de ahí la mujer aparece más rebelde e independiente. La sirenita se enfrenta a su padre y la protagonista de La bella y la bestia rechaza al apuesto Gastón". La autora, que ahora dice ver las películas infantiles "de otra forma", advierte de que aún persisten muchos clichés machistas, y no sólo en Disney. "Shrek, el gran éxito de Dreamworks, está repleto de ellos y, a pesar de presentarse como un anticuento, el héroe vuelve a ser masculino".

Premis UAB a treballs de recerca de Batxillerat. Primera convocatòria. Curs 2003-2004. Àmbit de les Ciéncies Socials i Ciènces Humanes. Segòn Premi.
Vénseme á cabeza o discurso prepotente dos que se enchen a boca falando do burros que son os rapaces hoxendía.

Estiven tomando un algo en cas'Túñez. Que boas, as palmeras de chocolate d'A Capital. Mmm... O café, máis saudable có do Candilejas (non era difícil) e menos efectivo có daquela mítica máquina da facultade vella.

5 Feb 2005

Aí vai o meu.

01. Que hora é: 15.47
02. Nome: Sonia
03. Cumpreanos: 13 de decembro
04. Signo Zodiacal: saxitario
05. Tatuaxes: un símbolo chino pequeno na parte baixa da espalda
07. Estación favorita do ano: outono-inverno
08. Unha película: nunca dou respondido a estas cousas, depende de onde, cando, con quen e para que...
09. Estiveches noutro continente: Non, pero encantaríame. Sobre todo, devezo por ir a américa e a áfrica
10. Amaches tanto a alguén como para chorar: non
11. Estiveches nun choque de coches: non
14. Pepsi ou Coca cola: coca cola
15.Cervexa o viño: viño branco moi frío, mmm...
16. O vaso medio cheo ou medio baleiro: depende do día, pero en xeral supoño que adoito velo máis ben cheo.
17. Color de roupa interior favorito: negro e/ou de colores fortes, non me gustan os tons pastel.
18. Número de calzado: 36
19. Número favorito: 3 e/ou 13
20.Tipo música: son unha ignorante con escasísimo interese, polo que normalmente escoito só aquelo que me gravan, me regalan ou me recomendan os bos amigos. de entre esa ampla oferta tiven unha época cantautores (na facultade), unha máis ben popera (de erasmus) e unha jazz/blues que aínda non superei de todo. tamén me gusta moito o rock dos 70.
21.Unha canción: "negra sombra" e/ou "dark eyes"
22. Café ou Té: ambos e en cantidades industriais
23. Flor(es): as rosas, os tulipáns, as calas e as margaridas. tamén me gustan moito as mimosas, pero son tan caras de ver.
24. Conversación máis detestada: encántame falar, non creo que haxa unha soa cousa da que deteste conversar... o que si hai é xente coa que non me gusta falar (normalmente é máis unha cuestión de forma que de fondo, o que me molesta non é o que din senón como o din)
25. Disney ou Warner Bros: disney
27. Comida favorita: mmm... a tortilla da miña tía lupe, a merluza ó forno de miña nai, o churrasco de meu pai, a pasta con olivas negras de Maurizzio, os frijoles de Javier, as verduras con arroz de La-Fran, unha boa chuleta con ensalada de leituga e freixós con dulce de leite de postre (by myself), o baklaba de pistacho e, sobre tódalas cousas, o xelado de limón.
28. Color favorito: o negro e o vermello. sobre todo combinados.
29. ¿Cómo te ves no futuro? pois, agora que o preguntas, véxome traballando como freelance para os medios máis prestixiosos do mundo mundial e convivindo cun home marabilloso (pode ser arquitecto ou director de cine, ou as dúas cousas). Teremos un piso precioso na zona vella de santiago que fará as veces de tobo ó que volver para recuperar enerxías entre viaxe e viaxe.
30. De quen recibiches este mail: de María
31. Que farías se che tocase a lotería? compra unha mini-dv e un bo portatil e comezar a miña carreira como freelance en américa latina
32. Quen pensas que responderá a este mail máis rápido: non llo vou reenviar a ningúen, así que...
33.Quen pensas que tardará máis en responder? ...
34. Cando saes que bebes? se conduzo, café con leite e con xeo; se non, tanquerai con sprait e limón esprimido
35. Estilo de vestir: depende da situación, pero en xeral son bastante despreocupada con esas cousas, así que supoño que será "casual" se entendo ben o que significa o termo.
36. Amigos/as especiais: todos/as, se non foran especiais, non serían amigos/as
39. CD preferido: os guachis I e II que me gravou javi.
40. Un animal: en teatro son unha mestura de pega, lagarto e vaca.
41. O primeiro que pensas cando espertas: café, café, café
42. As tormentas, gústanche ou asústante?: gústanme, encántanme, supoño que en parte será porque me asustan
43. Se puideras ser outra persoa, quen serías: mmm... vaia, supoño que sería eu mesma, porque unha nunca pode estar segura de que sexa mellor ser ninguén máis e sería unha putada equivocarse e vivir toda a vida pensando que aquela decisión te fixo infeliz... deus, que agobio só de pensalo.
44. Algo que tés posto sempre: a cabeza. anque di miña nai, que é só porque a teño prendida, que senón seguro que a deixaba por aí tirada no primeiro bar.
45. Que hai nas paredes do teu cuarto:, un debuxo que me fixo pili hai anos, un relato que escribiu miña irmá cando lle regalaron a máquina de escribir eléctrica pola súa comunión titulado El Bulto (super-gore, encántame), un par de ensaios fotoxopeiros, un poster de Nunca Máis e unha pegatina laranxa fosforescente que me regalou a miña prima Iria firmada hai máis de 10 anos, cando aprendeu a escribir, que di "A túa lingua é a túa honra, fala galego".
46. Que hai debaixo da túa cama: outra cama
47. Escribe algo á persoa que che enviou este e-mail: se ves que esta noite hai tres ninjas que te putean, non te piques e invítaos a cadanseu llintoni.
48. Persoa que tal vez non conteste: ...
49. O que seguro responde: ...
50. Quen che gustaría que respondera: ...
51. Deporte favorito: ningún, e despois... para practicar, baloncesto e para ver, calquera menos o fútbol.
52. Tímida ou extrovertida: depende, sempre me tiven por extravertida, pero agora hai quen di que son unha tímida tan tímida que nin sequera quere que a xente saiba que é tímida.
53. O teu alcume: ningún, que eu saiba.
55. Unha frase que che encante dicir: "mira que hai poucas cousas que me joden, eh, pero se algo me jode, eso é..."
56. Quéreste despedir de alguén en especial: non
57. Libro favorito: buff, non sei. Brave New World, de Huxley. Creo.
58. Gustaríache que che regalasen un ramo de flores?: se é porque acabo de gaña-lo premio planeta e ven acompañado dun cheque por cincuenta quilos, entón si.
59. Opel o SEAT: Renoliño forever.
60. Doce ou Salgado: depende. primeiro salgado e despois doce.
61. Lugar preferido: Mmm... non gasto diso. Calquera lugar é susceptible de ser especial nun momento concreto.
62. Conformista ou inconformista: Inconformista, en todo.
63. Cres que o amor pode durar eternamente?: Nin sequera estou segura de que o amor, como tal, exista. Sacrilexio!!! En fin, paso de contar aquí a miña teoría ó respecto, a quen lle interse que pida explicacións.
64. Gústache conducir?: non, gústame ser copi.

3 Feb 2005


Armengou ataca de novo este domingo en Documentos TV. Fainos boa falta.
Onte:

Buenafuente 29,6% -1.927.000
Crónicas marcianas 24,7% -1.622.000
La azotea de Wyoming 11,8% - 659.000

Os mércores son o teu día, rei.

2 Feb 2005

Armas baixo control



O 12 de febreiro do ano pasado estaba eu sentada nos ordenadores da biblioteca da Pompeu-Ramblas escribindo para Amnistía Internacional de Cataluña:

EL CIRCO DE LAS ARMAS PERDIDAS
Cuando "los tres de las Azores" decidieron que las "armas de destrucción masiva" de Sadam Hussein suponían un peligro tan inminente que bien valía actuar de espaldas a la ONU, salimos a la calle a comunicarles amablemente que no colaba. Y no coló. Pero dentro de esa mentira tan obvia se escondía una aún mayor: el Peligro está en las "armas de destrucción masiva", ésas son Las Armas, y no las que en EEUU te regalan al abrir una cuenta bancaria. El recientemente fallecido comandante Pérez García sostenía que el problema en Irak era la existencia de "demasiadas armas fuera de control". No se refería a sofisticadas bombas nucleares, sino a las llamadas "armas ligeras". De hecho, al comandante español lo mató una "simple" bala mientras Bush, Blair y Aznar entretenían a la audiencia mundial con su particular teatro de sombras chinas. Un informe de Amnistía Internacional, IANSA y Oxfam nos cuenta, entre otras cosas, que en 2001 se fabricaron al menos 16.000 millones de proyectiles; ¡más de 2 balas por cada habitante del planeta! Nuestro Pepito Grillo particular nos explica también, ¡sorpresa!, que los miembros permanentes del Consejo de Seguridad de Naciones Unidas (EEUU, Reino Unido, Francia, Rusia y China) manejan el 88% de este rentable bazar armamentístico. Estando así las cosas, podemos elegir entre seguir disfrutando con el circo mediático de las armas perdidas o exigir a los medios que nos cuenten qué pasa con esas dos balas y pico que nos corresponden a cada uno de nosotros. A mí me gustaría saber quién fabricó, quién vendió y quién compró las mías.

As casualidades existen. O día 12 deste mes no Gustavo Freire, máis e mellor.

1 Feb 2005


Parabéns, pai Van Ly.
Será que funciona aquelo do Non estou dacordo co que dis, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo? Estou tan contenta...

30 Jan 2005

Pues va a ser que no

Mira que me jode vota-lo mesmo que os da Falange, pero cada día estou máis segura de que desta vai ser que non.

-Porque odio a campaña do goberno: é hortera, é partidista e (o que é peor) pagámola todos.
-Porque non só estamos desinformados, senón que estamos mal informados. Non é unha Constitución e dende logo non é o "paso adiante" cara á "Europa federal e social" que queremos (alomenos eu). As competencias da UE seguen sendo as mesmas:
1. A Unión disporá de competencia exclusiva nos ámbitos seguintes:
a) a unión aduaneira;
b) o establecemento das normas sobre competencia necesarias para o funcionamento do mercado interior;
c) a política monetaria dos Estados membros cuxa moeda é o euro;
d) a conservación dos recursos biolóxicos mariños dentro da política pesqueira común;
e) a política comercial común.
2. A Unión disporá tamén de competencia exclusiva para celebrar acordos internacionais cando tal celebración estea prevista nun acto lexislativo da Unión, cando sexa necesaria para permitirlle exercer a súa competencia interna ou na medida en que poida afectar normas comúns ou alterar o alcance destas.
O resto (o social, o cultural) queda nas mans dos Estados. Obviamente, tamén a nosa identidade:
A Unión respectará a igualdade dos Estados membros perante a Constitución, así como a súa identidade nacional, inherente ás estruturas fundamentais políticas e constitucionais destes, tamén no referente á autonomía local e rexional. Respectará as funcións esenciais do Estado, nomeadamente as que teñen por obxecto garantir a súa integridade territorial, manter a orde pública e salvagardar a seguranza nacional.
-Porque empregan o nome dos Dereitos Humanos en van. Chega un momento no que parece que defende-lo texto actual é defende-la entrada dos DD.HH. na Unión, cando en realidade:
Esta Carta reafirma, dentro do respecto polas competencias e misións da Unión, así como polo principio de subsidiariedade, os dereitos que emanan en particular das tradicións constitucionais e as obrigas internacionais comúns aos Estados membros, do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais, das Cartas Sociais adoptadas pola Unión e polo Consello de Europa, así como da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
-Porque fai boa a teoría da torre de Babel, reafirmando a política actual de respecto nominal das linguas minoritarias (digo non estatais) e defensa real das maioritarias (digo estatais):
Art. II-101.4 Toda persoa poderá dirixirse ás institucións da Unión nunha das linguas da Constitución e deberá recibir unha contestación nesa mesma lingua.

art. IV-448.1. (...) linguas alemá, checa, danesa, eslovacaeslovena, española, estonia, finesa, francesa, grega, húngara, inglesa, irlandesa, italiana, letona, lituana, maltesa, neerlandesa, polaca, portuguesa e sueca (...)
-Porque o di el: Europeistes de debò, no a aquesta Constitució.
Everybody needs somebody...



...sometimes



Cando o deseñador da portada
non sabe de que vai o libro
:



A biblia do realismo soviético, retrato da miseria vital da clase obreria rusa antes da revolución (a súa inteción era chamar ó activismo socialista), na que a nai comeza a achegarse ó fillo cando morre o marido (alcólico e maltratador). Viven nun arrabalde próximo á fabrica, son tan pobres que apenas comen pan con té, o fillo é tan adulto que pasa a metade do libro no cárcere e a nai é vella e fea, marcada pola mala vida que lle tocou vivir... en fin.

By the way, o libro é un coñazo.

28 Jan 2005

É boa verdade aquelo do tirón da televisión... este humilde blog leva toda a semana vivindo de rendas gracias ás entradas dende o google buscando as audiencias de buenafuente. Como xa dixen nalgunha ocasión, son unha muller fácil e voluntariosa, así que aí vos van as desta semana:

O pasado xoves
Lorena Berdún bate récord (26,4%-1.690.000)
Sardá baixa 7,2 puntos con respecto á semana anterior (28,1%)
Buenafuente queda terceiro (15,9%-1.358.000)

O luns
Crónicas marcianas 33,4%-1.701.000
59 segundos 22,9%-1.110.000
7 días, 7 noches
18,3%-1.043.000

O martes
Sardá lidera a franxa horaria (36,7%-1.316.000)
Buenafuente bate o seu récord (27,3%-1.345.000)

O mércores
Buenafuente (30,8%-2.311.000) supera a Sardá (28,7%-1.731.000) por primeira vez na cota de pantalla. Wyoming ségueos de lonxe (17,7%-930.000), incapaz de recupera-los resultados da estrea (20%-1.384.000)

Onte
Sardá recupera o primeiro lugar (29,1%-1.268.000)
Dos rombos
(22,5%-1.486.000)
Buenafuente (18,9-1.608.000)
En serie




O domingo
Aída 34%-6.524.000
Lobos 16,5%-2.950.000

O luns
CSI impónse polos pelos ó peliculón (25,8%-5.069.000 e 25,4%-4.017.000)

O martes
Hospital central bate o seu propio record por terceira semana consecutiva (35,3%-6.527.000)

O mércores
Aquí no hay quien viva segue o seu camiño cara á gloria (39,4%-7.859.000)
Los Serrano 29%-5.772.000
Urgencias afúndese ó redor do 9% (9,3% o primeiro episodio e 8,7% o segundo)

O xoves
Cuéntame cómo pasó 34,1%-6.196.000
Lobos segue caendo, tamén entre semana (13,2%-2.466.000)... sniff! Din os mentideiros televisivos que esta era a súa derradeira oportunidade e xa sabemos todos a paciencia que ten Antena 3 cos seus productos... E a min gústame esta serie, os guións non están mal, a factura ten unha certa elegancia, Peris-Mencheta está para comérselo, Miguel Ángel Solá é un actorazo dos que non asoman pola tele e Carlos Blanco parece riquiño e que ben lle viña que a serie chutara...

22 Jan 2005

Recibo o mail ese do Foro Novo Estatuto e flipo unha vez máis coa miña capacidade para vivir de cóstas ás cousas que pasan ó meu carón (e que, o que é máis grave, si me interesan). Agradezo a información e dispóñome a documentarme un pouco ó respecto. Tardarei en elabora-la miña resposta. De momento, alucino co número de entradas de cada unha das áreas do foro (significativo do grao de reflexión social co que conta cada unha delas) e coa cantidade de cousas que se supón que pode incluir un estatuto ("o texto do Estatuto tería que poder determinar que a produción audiovisual galega fose na nosa lingua e desde a nosa identidade").

20 Jan 2005


Maritere queda terceira por oitavo día consecutivo (775.000-18,2%) e comenza a campaña para que computen os datos de iberoamérica
Amarrosa vai embalada (1.239.000-28%)
Os da Primeira non acaban de cre-los datos de Saber vivir (601.000-27,7%) e de Por la mañana (752.000-21,4%)

Aquí no hay quien viva (7.017.000-36,4%) adianta a Los Serrano (5.594.000-29,1%). No medio da marabunta ZP salvou as naves (3.524.000-18,8%) e Urgencias obtivo un tristísimo 7%-1.359.000. De Miriño e mais dos esforzos televisivos do señor alcalde, nin flowers.

Sardá evita o conflicto directo e mantén o dominio do share (1.920.000-34,4%), Buenafuente gaña en número de espectadores (2.179.000-26,8%) e Wyoming queda fóra de xogo (1.305.000-13,9%)*

*Anque con estilo

E para showman... El!

18 Jan 2005

Máximo Acedo


Uns negan totalmente os seus méritos literarios en virtude do apoio que prestou ó réxime soviético. Outros consideran A Nai unha obra mestra en tanto que biblia da clase obreira, modelo do realismo socialista. Eu achégome a el ás agochadas, contrastando os relatos apaixoados de quen xa hai tempo que se mergulla na súa historia cunha edición cutre (mal traducida e peor imprimida) desa a súa obra máis coñecida.

17 Jan 2005

Rebéntame que o xornal do domingo traia regalo. Sobre todo cando o publicitan ata a saciedade. Rebéntame porque adoito quedar sen el. Onte tentei mercalo en Sarria, na Puebla e na librería do Sagrado... por sorte sempre nos quedarán os 24h. Agora teño toda a semana para face-los crucigramas e toda unha vida para rele-la Celestina. Quizais por pura casualidade, quizais porque xa anda unha máis receptiva ó respecto, tropezo coa apocalíptica explicación de Don Ignacio: se non regalas libros que ninguén lerá e/ou dvd's que ninguén verá, non vendes xornais.
Para resistir a esa competencia que podría resultar mortal para los diarios –y que ya amenaza a los semanarios– algunos de ellos, sobre todo en Italia, España, Grecia y Turquía (aunque el fenómeno se extiende también a Francia) proponen con cada entrega, por una pequeña suma extra, una revista de historietas, un DVD, CD, libros, Atlas, enciclopedias, colecciones de sellos o de antiguos billetes de banco, y hasta vajillas, juegos de ajedrez, etc. Lo cual refuerza la confusión entre información y mercancía, con el riesgo de que los lectores ya no sepan qué es lo que compran. Así es como los diarios enturbian más su identidad, desvalorizan el título y ponen en marcha un engranaje diabólico que nadie sabe en qué acabará.

Tan visionario e tan mesiánico como sempre, Ramonet fai unha fotografía da prensa actual á que vos recomendo, como mínimo, botarlle unha ollada rápida en internet (en español ou en francés).

Paseo Triunfal



Aída estréase con excelente audiencia 36% (6.863.000 )
Lobos cae ó 16,5% (3.072.000)
Aventura en África (20%) non pode con GH Vip (32,5%)
Homo zapping recupérase (21,2%) e vence a TV Top (20%)
Rex continúa imparable no serán do domingo (27,5%)

A estrea non puido ser mellor. Aída logrou se-lo programa máis visto do mes de xaneiro, con 6.863.000 telespectadores e un share do 36%. O humor do personaxe de Carmen Machi alcanzou un pico de audiencia de casi 8 millóns de espectadores, o que ratifica a aposta de Telecinco pola ficción "nacional".

Homo Zapping, terceiro programa con máis audiencia do día ó reunir 3,7 millóns de espectadores (21,2%).
Antena3 Noticias1, informativo privado máis visto.
Lobos fideliza 3 millóns de espectadores.
Rex, un policía diferente, líder absoluto na súa franxa de emisión.

Eu só podo dicir... Rex é lider absoluto? A Homo Zapping cústalle facerse coa audiencia de TV Top? Aída pode con Lobos? (quero dicir, unha cousa é que che proa a curiosidade e vexas uns minutos, pero... o capítulo enteiro? para que? só por el?) Sempre fun de populista pola vida: "a xente non adoita equivocarse", "a cultura pertence ó pobo" e tal, pero... en serio, que lles pasa ós que teñen os audímetros na casa?

13 Jan 2005

Trala primeira toma de contacto, chega o segundo round.



Leo na web de Antena 3:
"Buenafuente" gana un millón de espectadores respecto a su estreno y es el late-show más visto del miércoles
Madrid. 13.01.05.- "Buenafuente", el late show que conduce Andreu Buenafuente y que ANTENA 3 estrenó el martes, ganó un millón de espectadores respecto a su debut y alcanzó ayer 2.497.000 televidentes (25,1% de cuota de pantalla). En su estreno, el programa logró 1.553.000 espectadores y un 26% de cuota de pantalla.
Antena 3 logró ayer un 22,2% de cuota media de pantalla y lideró el Prime Time con un 27,8%.

Ranking de los late-shows del miércoles
Buenafuente 2.497.000
La azotea de Wyoming TVE - 1 1.384.000
Crónicas Marcianas Telecinco - 989.000

Na de Sardá non se pronuncian, diso xa se ocupan os de Fórmula Tv:
Audiencias miércoles 12 de Enero
Segundo prime time / Late night
La cadena de Planeta decidió no emitir una nueva reposición de "Aquí no hay quien viva" y darle paso al programa de Andreu Buenafuente. A pesar de los excelentes resultados que las reposiciones de la serie cosechan (4.927.000 - 39,2%), Antena 3 decidió estrenar su nuevo late show nada más acabar el primer capítulo de 'ANHQV'. Anoche "Buenafuente" no pudo repetir las cifras de su estreno, en parte porque ocupó un horario diferente. El late show de Antena 3 registró una audiencia media de casi dos millones y medio de seguidores (2.497.000) con un share del 25,1%. Andreu finalizó su programa antes de que Javier Sardá comenzara el suyo, por lo que tuvo que enfrentarse al estreno de el Gran Wyoming en TVE1 y a una reposición de la serie 'Los Serrano'.
A partir de las 23:40 horas aproximadamente, TVE1 estrenó finalmente el esperado show de el Gran Wyoming. El debut de 'La azotea de Wyoming' sumó 1.384.000 telespectadores, lo que se tradujo en una cuota del 20%.
Tras el capítulo de estreno, Telecinco ofreció anoche la reposición del episodio "Somoda y Gomera" de 'Los Serrano'. El capítulo que desplazó a Sardá hasta bien entrada la madrugada sumó 2.357.000 telespectadores (29,2%). 'Crónicas marcianas' comenzó anoche en un horario nada habitual, pasadas las 01:20 horas, de modo que no llegó a enfrentarse ni un minuto con Buenafuente. Javier sardá lideró su franja de emisión cómodamente al registrar unos excelentes índices de audiencia. Un total de 989.000 personas (44%) eligieron a Javier Sardá frente al resto de ofertas de la madrugada.

E xa para seguir coa revista de prensa, en El Mundo:
El estreno de Wyoming
En torno a las 00.00 horas, TVE estrenó una de las ofertas más esperadas de la nueva programación de Carmen Caffarel: "La azotea de Wyoming". El regreso a televisión del cómico y presentador, que estuvo acompañado por Imanol Arias y Carlinhos Brown, fue visto por 1.348.000 personas y alcanzó una cuota de pantalla del 20%. Wyoming tuvo que verse las caras con otra gran apuesta televisiva de este año: Andreu Buenafuente, en Antena 3, que le superó en cinco puntos de audiencia y más de un millón de espectadores (25,1% y 2.497.000). Sardá llegó anoche casi una hora y media más tarde que sus rivales (Telecinco programó después del estreno un capítulo repetido de "Los Serrano") y consiguió un 44% de share y 958.000 espectadores.

12 Jan 2005

Parece ser que AR palizou á Maritere no primeiro round. O efecto-Maneiro foi fundamental, un golpe maxistral que deixou k.o. á Campos e a Lamásgrande, que contaban gaña-la guerra o primeiro día conversando humanamente (algún día contareivos o daquela vez que fun ó programa de Pedro Ruiz -cobrando, of course, chámase prostitución intelectual- a que me explicase en ton paternalista bamboleando os pés da mesa embaixo por que unha entrevista periodística é mala e unha conversa humana é boa, pecho paréntese). Sen embargo, se eu fora AR (lagarto lagarto) andaríame con ollo, que Ramona non ha durar tanto no mercado televisivo como Sergio Pazos en África. Al tiempo. Por certo, xeniais o equipo dos anónimos tirando a auga en plena sabana "porque pesa un huevo". Momentazo televisivo.
Buenafuente non puido con Sardá nin no día da estrea. Mágoa.

E hoxe, a nai de tódalas batallas... eu teño teatro e unha aínda ten algunha que outra prioridade, pero pagaría (café?, copa?, puro?) por unha crónica.

11 Jan 2005

Tralas pegadas de Donaldo

Hai un mes, o xuiz da Audiencia Nacional española Fernando Grande Marlaska (famoso hoxe por outros menesteres) enviou a México unha orde de detención internacional contra o ex-ministro do interior guatemalteco Donaldo Álvarez Ruiz, pola súa presunta responsabilidade no asesinato de catro sacerdotes españois e no asalto á embaixada española no 1980.

Unha aplicación disque laxa da lei de extradición mexicana ofreceu ó ex ministro guatemalteco a posibilidade de escapar do fogar no que levaba quince anos vivindo tranquilamente. Deixou tras de si un fillo negador: meu pai non o fixo, meu pai non vive aquí, non sei onde está meu pai...


Hugo Álvarez, fillo do ex-ministro guatemalteco
fotografiado por Eduardo Verdugo para AP

Hoxe chegoume un mail de Lalore, compañeira de aventuras santiaguesas metida a piriodista das de verdade, no que contaba que estaba en Mexico D.F. cubrindo o caso para o xornal guatemalteco Prensa Libre:
Los primeros días estábamos un poco desesperados, porque hablar con los funcionarios mexicanos es un dolor, pero conseguimos contactar con las víctimas de Donaldo Álvarez (el torturador), que se habían exiliado a México sin saber que él también se ocultaba aquí. Hoy nos recibió su familia, el hijo, un tipo igual de loco que él... pero la entrevista es muy buena. Estoy emocionada porque es el primer genocida guatemalteco que podría ser juzgado y yo lo estoy cubriendo, quizá si lo agarran y se lo llevan a españa también me envién (es menos probable).
Oxalá. Que o deteñan, que o xulguen e que nolo contes.

pos-modernirma

Aí vai unha de eclecticismo posmoderno, copipeist de calidade ou metablogueo de terceira xeración:

Todonada diríxeme a vista cara a Prusia e Tasmania. Decántome polas antípodas, sen desmerece-las podas, sobre todo por un fermoso post que retrata con mestría a estraña natureza das relacións entre irmáns. Eu teño un irmán catro anos maior e unha irmá oito anos máis nova. Como son a do medio, a solitaria que non ten a presión responsable do primoxénito nin os mimos abafantes da neniña da casa, sempre me tiven pola irmá independiente, a rebelde que non cala unha nin acepta normas prestablecidas. Sen embargo, ultimamente asáltanme as dúbidas.


Deus santo, que caras! que zapatos,
que simetría nos movementos
(ou na ausencia dos mesmos),
que diverxencia das miradas,
que calcetíns de perlé...


Noutra orde de cousas (como din os profesionais) descubro na de Dot que o GH-Vip británico conta con participantes cando menos coñecidos e cando máis realmente interesantes:
Steven Shukor, The Guardian, 7/01/05
A autora do 'Eunuco Feminino' é posible que nos ofreza momentos televisivos únicos. Encirrada nunha casa 24 horas ao dia coa modelo Caprice, Bez dos Happy Mondays, a actriz Brigitte Nielsen, o actor Jeremy Edwards, o sabio das carreiras John McCririck, Kenzie do Blazin'Squad e a dj Lisa l'Anson, é posible que a súa paciencia se poña a proba. A doutora Greer odia que a xente fume, non tolera que se encenda un pitillo ao seu redor e admite que ás veces pode ser un "pouco brusca" coa xente. "Supónse que son terrorífica" ten dito de si mesma.
Na súa ficha para o xou, confesou que aos seus 65 anos durme espida e moi rara vez usa bragas. "Vaime ser difícil recordar que se supon que debo andar tapada" dixo. Quizais niso pode atopar unha aliada na señora Nielsen, quen declarou onte á noite que lle encanta andar pola súa casa espida de cintura para arriba.

Dot engade algún link interesante:

Sam Wollaston The Guardian 8/01/05
There's a fading DJ; a maniacal, drug-fuelled dancer; an Amazonian former Mrs Sylvester Stallone; a Hollyoaks actor no one's ever heard of who apparently was dumped by his more famous girlfriend, probably for not being famous enough; a Barbie doll; a member of Blazin' Squad; and a sexist, flatulent racing tipster with lots of hair in all the wrong places and no hair in all the right places.

E eu laiome (máis que nunca) polos vips de baixa estofa que sufrimos por estos lares. Como din por aí, son tan famosos que nin entre eles se coñecen...

5 Jan 2005

This is getting ridiculous.



El conselleiro de Sanidade visitó ayer a los 16 niños hospitalizados en el complejo Xeral-Calde a los que entregó diversos juguetes y regalos con motivo de la próxima festividad de los Reyes. Xosé Manuel González aseguró a los periodistas que las obras del nuevo hospital avanzaban según los plazos previstos.

Xa no interior. Quizais a modo de información:

Más de la mitad
de las lucenses
ya
recibe la epidural

El conselleiro de Sanidade afirma que el
Sergas quiere generalizar el parto sin dolor


El conselleiro de Sanidade, Xosé Manuel González Álvarez, aseguró ayer que "na actualidade máis da metade das mulleres que o solicitan xa dispoñen da epidural á hora de dar a luz en todos os hospitais de Galicia".
González Álvarez, que realizó estas declaraciones en el transcurso de su visita al hospital Xeral de Lugo, donde entregó regalos a los niños ingresados, aseguró, no obstante, que "a Consellería de Sanidade, en xeral, e o Sergas, en particular, teñen que traballar aínda máis para facer extensible o parto sin dolor a todas as mulleres que así o desexen."
(...)
Xosé Manuel González Álvarez reconoció las carencias que presenta en la actualidad el Xeral-Calde, aunque apuntó que el nuevo hospital dotará a la capital lucense de la infraestructura hospitalaria más moderna de Galicia y de una de las mejores de España.


Guau! Iso sí que é un rei mago.

4 Jan 2005


Tan novas, tan intelixentes, tan fermosas, tan riquiñas cando queren, tan sex in the city cando lles da por aí... e aínda son quen de dar uns chimpos no mítico saltamontes nun serán de barracas de interior e de xeo non tan esvaradizo como estaba previsto. Contra todo pronóstico, sobrevivín sen bota lo freo de man e/ou cu. Sen embargo (ou quizais por iso mesmo) prefiro a neve... sobre todo agora que xa teño probadas (case) tódalas caídas posibles sobre un par de esquís.
I have a dream...

Houbo un tempo no que crin no que dicía, no que facía, naquelo ó que lle estaba a adicar tantísimas horas:

La indefinición de la identidad nacional gallega es paradoxalemente para muchos su rasgo más definitorio. Sin embargo, la existencia de una cierta mecánica de auto-definición es fundamental para cualquier colectivo con esperanzas de futuro, tanto más para una nación como la gallega, inserta en una estructura estatal que posee una maquinaria simbólica extraordinariamente más poderosa que la propia. De hecho, si bien es cierto que Galicia posee una estructura institucional propia, unos medios de comunicación públicos a través de los cuales observarse, narrarse, re-escribirse… no es menos cierto que no sabemos como lo está haciendo, de que manera ha tomado la Xunta de Galicia las riendas de la representación colectiva, en qué términos está cumpliendo la CRTVG las funciones de gestión identitaria que justificaron su nacimiento. Desconocemos, en definitiva si la sociedad se reconoce gallega en su reflejo institucional y mediático.

Parto de la hipótesis de que tanto el gobierno autonómico como el ente público han interiorizado el discurso estatal -la identidad gallega, que no plantea problemas políticos, no existe más que a un nivel cultural primario (lengua, danza y música tradicionales)- en detrimento de los discursos generados por la propia sociedad gallega, cuya expresión sistemática queda exclusivamente en manos de la clase intelectual, lo cual acentúa las diferencias internas, empobrece el discurso colectivo y ralentiza los procesos evolutivos.

Onde irá aquel tempo?
Onde irá o meu soño?
Onde irá o interese xenuíno que había tralas palabras pedantes?

30 Dec 2004


Roberto Suárez Candel

Chega oficialmente o inverno
e con el establécese a soberanía estética
a beleza tranquila e melancólica
do frío en brancos e azuis.

29 Dec 2004

aim bac

Estes últimos días de ciber-ausencia trouxéronme, a cambio, unha hiperactividade vital que apenas recordaba de tempos remotos. Trala dobre celebración do cuarto de século, rematei os primeiros seminarios do CAP (os que quedan serán os venres en Humidtown), retomei teatro, celebrei a noiteboa e a guait crismas, finiquitei o killin-porco familiar e atopei parte do tesouro que esconde Valado City.


They were there

Dous días e medio de "ensaio", unha actuación polas rúas luguesas e a conseguinte celebración nocturna deron para unha enorme raiadura mental. O teatro é para min veleno e bálsamo a partes iguais. Xa me pasara coa tele. Teño moitas cousas en común coa xente do grupo, pero xamais estou completamente cómoda no medio deles. É como se fose unha espectadora constante, alguén que os observa dende fóra e pensa "que xente mais guai, pena non estar aí"... Di a directora que teño que crer máis en min mesma, que non podo ser tan perfeccionista, que non intente racionalizalo todo e que me deixe levar. Levo barrenandoo dende hai ben días. Ó mellor non me coñezo tan ben como creo; son consciente de que a miña (evidente) adicción á racionalización e ó control me limita en moitas cousas (quizais tamén nesto), pero nunca me tiven por insegura e moito menos por perfeccionista... Xa só sei que non sei nada.

A noiteboa paseina na casa de meu irmán. Sigo totalmente namorada do pikiniño, pero os seus afectos viraron criticamente cara miña irmá (popularmente coñecida como manaña, versión sui generis de madriña) nos días que eu adiquei ó teatro e ela a compralo con xogos e con lacasitos.

A neve sorprendeunos facendo os chourizos (os últimos do ano, dios vaia con eles) na casa de meus tíos. Branco nadal no que case toco coas mans a imaxe infantil das conversas de adultos trala cociña da aldea... Só que meu tío xa non fuma, que meu irmán ten un fillo de seu e que os curmáns pequenos que daquela non existían xogan hoxe coa plei cos pelos dereitos a base de cantidades industriais de gomina mentres cuspen unha tras doutra as frases célebres dos tonechos. Sonche unha raza mui falsa.

E xa para rematar o resumo desta ausencia, onte e antonte andivemos Ojpuensuk, Pililule, Vane e mais eu á busca do tesouro por Valado City. A aventura tivo os seus máis e os seus menos: pistas mal redactadas, imprecisas e pouco ou nada lóxicas-culturais-intelectuais; probas máis ou menos divertidas baseadas en xogos clásicos de campamento; carreiras tolas do Museo ó Gran Teatro (DEP), da praza do Campo a Augas Férreas, do Campo Castelo á praza do Ferrol, de Bispo Aguirre a Bispo Odoario e daí á Mosquera, á Casa do Concello, á porta de San Pedro e volta cara á nave nodriza... Houbo momentos xeniais e outros nos que o mandaría todo ó carallo, aínda que só fora por non pelexar coa falta de interese dos monitores ou coa algo máis que sospeitosa rapidez das gañadoras (como dicía outro equipo, eso es inverosímil). Á fin, pasámolo ben e por riba quedamos terceiros, mañá recollemo-lo premio no Concello.

Trala ducha e maila cea de recuperación tralo esforzo físico, noite de parchís e de dominó no Egomundi lugués con miña irmá, con Cris e con Armental. Coma os vellos. Impresionante a miña capacidade para viciarme a calquera xogo. Non teño arreglo.

18 Dec 2004

Odio a miña conexión a internet e fago propósito de enmenda: para cupre-nadal-reis cae o ADSL como hai dios (algún, digo eu, haberá). Mentres tanto, sufro en silenzo unha nova rebaixa na calidade das miñas relacións coa rede... se é que era posible, que polo visto era. Así que hoxe non hai foto e quen sabe se tampouco haberá post (por causas alleas á organización, obviamente). Eu, sigo tentándoo:

Lugo is livin a selebreixon
Esta noite organizo un pequeno guateque no fogar familiar (sito no arrabaldeiro barrio do Sagrado Corazón) para celebrar (outra vez) o cuarto de século. Se ides pola rúa e oídes-vedes-ulides festa jolgorrio, chamade que estades invitados a unha copa e/ou a uns pistachos. Xa advirto que nos bares non son tan xenerosa, a miña economía non está para ese tipo de alardes e os vosos estómagos tampouco. Dito queda.
Espero que a tecnoloxía e a forza me acompañen o domingo para reportarvo-los resultados físicos e síquicos da noite luguesa.

15 Dec 2004

Trancazo habemus.- Pois si, resistín tanto como puiden... que non foi pouco, pero a noite sarriana foi demasié para o meu body. Polo de agora resisto baixo sete mantas, rodeada de Flumil Forte, Eferalgan e Colhogar seda perfumado con miel (mimamámemima) e cos libros e a botella de auga a man. Obxectivo: chegar fresca como un allo ó sábado...

14 Dec 2004


Este sábado reconcilieime coa noite sarriana: bueno bonito barato licor café e llin-con-esprait-e-limón-esprimido, uns leuros ludicamente investidos na tríada trivial-parellas-fubolín, unha música bastante máis decente e variada do que viña sendo habitual e a visión dalgún sorriso espectacular... pódese pedir máis?

13 Dec 2004

Era unha triste e escura noite de inverno... de hai hoxe 25 anos cando comecei a guerrear con miña nai. Parece que naquela ocasión capitulei enseguida, deixándome ir en caída libre cara ó mundo exterior... Debín intuir que o mellor estaba por vir.
O mellor sempre está por vir.

9 Dec 2004

Baby, it is cold outside



Cuando llegaron a su casa, la de ella

ya el frío estaba en sus labios, los de él
de modo que ella, fábula y augurio
le dio refugio y café instantáneos

una hora apenas de biografía y nostalgias
hasta que al fin sobrevino un silencio,
como se sabe en estos casos es bravo
decir algo que realmente no sobre

él probó, sólo falta que me quede a dormir
y ella probó, por qué no te quedás
y él, no me lo digas dos veces
y ella, bueno por qué no te quedás

de manera que él se quedó, en principio
a besar sin usura sus pies fríos, los de ella
después ella besó sus labios, los de él
que a esa altura ya no estaban tan fríos
y sucesivamente así
mientras los grandes temas
dormían el sueño que ellos no durmieron.

É un pedazo de Los formales y el frío, de Mario Benedetti. Pertence a Poemas de Otros (1973-1974) e está recollido nos recopilatorios Inventario (Visor, 1990) e Antología Poética (Alianza Editorial, 2002).

8 Dec 2004

Growing Up

Estes días lin unha historia triste que xa intuira hai tempo nos ollos do protagonista, un dos rapaces do curso de doutoramento. É o relato da infancia en tempos de guerra. Growing up é o tema do mes en Café Diverso e el escribiu sobre medrar entre o mel e o sangue, medrar no proxecto multi-nacional, multi-etnico, multi-cultural, multi-relixioso chamado Iugoslavia: 6 republics, 5 nations, 4 languages, 3 religions, 2 alphabets and 1 political party.



Sempre que alguén me pide unha imaxe da infancia, eu penso nas noites na cociña da aldea, do fume dos ducados que fumaba meu tío mentres discutía con meu pai, nas figuras de animais na pintura descascada da parede moura polos anos de fume acumulado. Penso na miña "prima favorita", nas clases maxistrais de maiúsculas e minúsculas que lle daba no encerado de números e letras que había no balcón da miña habitación, nos sofás vermellos que se me pegaban ás pernas cando levaba falda, no moito que me gustaba que me vestiran e no pouco que me gustaba secarme, nos bocatas de Tulipán, nas tardes con directamente-encarna e nas barbies que resultaban ser calvas cando lles quitabas a coleta. Na miña infancia vai frío. Como cando saía de tras da cociña para ir á cama (que estaba tan xeada que parecía mollada), cando ía ó cole polas mañás parapetada tras vinte quilos de roupa ou cando se me quedaban as mans conxeladas fóra das mantas mentres lía historias cheas de zumo de grosella nas que, por certo, ninguén xamais tiña que ir ó baño. Na miña infancia vai frío e non hai nada que non podan solucionar os maiores.

Na infancia de Boris hai familia, hai xogos, hai frío e seguramente hai libros de Enid Blyton. Pero tamén hai medo e dor, mel e sangue.

In the end, war, like any other event, is made of many coincidences that mutually collide. My coincidence had to be assumed by: “He’s OK. He must be Serb." It would have been a lot easier if my Croat family and my Croat friends could be “OK” too, but then it would have been too much of a coincidence and that would have resembled the past 50 years of utopia. And at that time people seemed to prefer reality. The reality was that they suddenly discovered the enemy living next door, hidden behind the illusion of brotherhood. The new history class was about to start.

Eager to start 'studying': Croats started killing Serbs, Serbs killing Croats, Croats killing Bosnians, Serbs killing Bosnians, Bosnians killing Serbs, Bosnians killing Croats, Croats and Serbs killing Bosnians, Bosnians and Serbs killing Croats, Bosnian and Croats killing Serbs… Shouting, the same as they did fifty years ago: “They started it first!” Millions of people fled their homes as refugees within what was known as Yugoslavia. Thousands of people died. And me and my generation grew up.

6 Dec 2004



Breve resumo antes de que empece a reportaxe sobre o Prestige da 2. Fin de semana de matanza. Dos ranchos, of course. A matanza merecería un post en condicións, pero non estou segura de ser eu quen de elaboralo. Eu adoito se-la que pela os allos e coida do lume, das potas e dos pequenos, a que pon a mesa e frega os pratos. Ninguén se queixa porque xa é un logro que acepte as tarefas "femininas" sen chistar, pero eu son consciente de que non son moi productiva que se diga. Estos últimos anos ademáis dame por gravalo e por fotografalo todo. Estresando ó personal. E conste que eu entendo que é unha putada estar vestido coa roupa máis vella e roñosa que tes, te-las mans metidas en sabe cristo que parte da fisonomía porcina e ver polo rabo do ollo á cuñada, irmá, filla, sobriña, neta facendo fotos. Sen embargo, non o podo evitar; sinto que a necesidade de gardalo todo. Hai algo na matanza que me intriga. Agora son incapaz de identificalo pero teño a esperanza de chegar a entendelo co paso do tempo.
Xa comezou a reportaxe.

3 Dec 2004

Hai unha clase de araña que tece cada día tanto como levaba tecido ata o día anterior. Se unha destas arañas tarda un mes en cubrir unha fiestra coa súa tea, canto tardarían dúas?