15 Jun 2010

29 de xaneiro do 2002

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.


___
*Moi fálame de "29 de xaneiro do 2002", de Olga Novo, ao fío daqueloutro de Sofía Castañón, e non sei se serán o poema a primavera ou as circunstancias, pero o caso é que choro unha magdalena. Sería xenial poder reestructurarlles a osamenta co implante dunha canción anarquista. Sería o máximo. Pero non vai ser, claro, porque os versos alexandrinos e as cancións anarquistas non están para iso. Están para outra cousa, supoño. Só me falta descubrir para que.
**O poema pertence a
A Cousa Vermella (Espiral Maior, 2004) e, curiosamente, unha das primeiras referencias que atopei na rede foi a do blog de 23 Pandoras.

No comments:

Post a Comment