14 May 2005
El PSdeG presentó hoy su campaña electoral con un lema que parece inventado por el icono televisivo de moda, el Neng de Castelfa: "Móvome". Detrás de este eslogan cacofónico subyace la idea de una campaña participativa y dinámica en la que el candidato se pateará Galicia de norte a sur y de este a oeste ofreciendo su mano a todo el que la quiera estrechar. Igual que el espídico personaje de Buenafuente, Touriño recorrerá el territorio gallego con su autobús 'tuneao' en busca de la reafirmación a su convicción de que la sociedad quiere cambio y que éste lo representa el socialismo. Junto con el trailer de Novas Xeracións pueden protagonizar carreras dignas de "The fast and the furious" en las controvertidas autopistas y autovías gallegas. Al margen de juzgar la ideoneidad del lema, que para eso están los expertos (como el despedido Capmany, autor del ya mítico ZP y que no acabó de convencer a Touriño), lo cierto es que del eslogan ya se apunta una pega, la dificultad para su pronunciación, aunque también es verdad que las frases elegidas por los políticos siempre son más dadas a la sátira que a su ensalzamiento por parte del pueblo llano. Por eso, a la espera de lo que decida el Bloque, los periodistas gráficos ya tienen un filón en los carteles electorales de PP y PSOE situados unos al lado de los otros, "Móvome Máis". Sólo falta que los nacionalistas opten por un eslogan del tipo "Polo País" para cerrar un ajustado retrato de la ajetreada campaña del 19-J.
13 May 2005
Engádego.- Como me debo ó meu público, e o inteleztual mariñano ben o merece, incluirei tamén á competencia.
10 May 2005
7 May 2005
Sempre fun un toxo. Meu pai di que de pequena non era así, pero que nunca lle perdoei que lle cedese o meu posto de privilexio no seu colo á miña irmá pequena. Cando ela naceu, eu tiña oito anos e meu pai xura e perxura que foi dende aquela que non quixen máis colos nin máis bicos nin máis palabras mecosas. Eu non recordo tal, para min que xa antes desas vendía bastante caros os bicos e os comentarios máis ou menos eloxiosos. Claro que como sempre fun mui maior, mui revella, e mui segura de min mesma, nunca me preocupou demasiado ser tan brava, lo que eh, eh y no pueh no seh. A miña sicoanalista particular, coa que compartin piso, conversas interminables, cheas espectaculares, obxectos de desexo e unha das maiores broncas da miña tranquila existencia, aseguroume unha vez que eu non facía máis que repetir os patróns familiares. Que son cagadiña a miña nai, vaia. Na miña casa, o bon sempre foi meu pai. O doce, o suave, o que nunca nos nega nada, o que che agarra a man vendo a tele e te abraza emocionado cando te vas de viaxe. Miña nai ri e fala berrando, dá o seu permiso cun seco "poderás", non podo contar na miña vida adulta máis de tres bicos seus e sei que se sinte orgullosa de min cando rebaixa o ton das súas críticas mentres esconde un sorriso traidor. Non sei se podo non ser así. Nin sequera sei se quero non ser así. Eu ó que aspiro é a que a xente que me importa entenda os meus "poderás", os meus bicos e as miñas críticas susurradas nun sorriso.
6 May 2005
Walrff-ismo
Veño de falar con Pedro Rubal Pardeiro, inteleztual mariñano que presenta o venres que vén un libro titulado De Maquiavelo a Walraff. Dos víctimas de la hipocresía ajena, no que defende o maquiavelismo "ben entendido" (determinados fins poden xustificar determinados medios graduados polas súas circunstancias) tanto na política como no xornalismo. E ocórreseme que non sei se me dis-gustará tanto a proposta de lei usamericana coma a crónica na que a descubrín:
Las cheerleaders son una institución muy genuina de Estados Unidos que se expandió en todas las escuelas del país en los años cincuenta, amén de ser un complemento obligado en los partidos de las ligas profesionales. Se dedican a esta actividad desde niñas de 2 años hasta cuarentonas. Existen escuelas y concursos. Las cheerleaders de las escuelas contribuyen a hacer de los partidos acontecimientos muy importantes. Las high schools norteamericanas tienen a veces instalaciones deportivas equiparables o superiores a clubs profesionales en Europa. Es cierto que las cheerleaders, debido a la televisión y el cine, arrastran cierto estereotipo de ser chicas algo frívolas, mujeres objeto preocupadas en exceso por gustar al varón. Los productos pornográficos las han usado amenudo como fetiche.
Outro clarividente este Eusebi Val.
5 May 2005
3 May 2005
Unha vez máis
Pero no diario de Lugo desde 1908 non o veredes.
Sempre lles tiven moita envexa ás Marías, porque teñen unha chea de cancións escritas para elas. Unha vez choreille a alguén con tanta convicción que buscou unha suitable para min. Gravouma nunha cinta (que tempos aqueles!) xunto con outras que cría que me podían gustar. Entre elas, unha que entendín gardaba unha mensaxe segreda só para os meus oídos (non tardei en descubrir que non era tan así) e outra que escoitei mil veces (play-stop-rewind-stop-play) e que volve agora a min, quen sabe se para quedar:
Into this life we’re born
Baby sometimes we don’t know why
And time seems to go by so fast
In the twinkling of an eye
Let’s enjoy it while we can
Won’t you help me sing my song
From the dark end of the street
To the bright side of the road
You're Ireland!
Mystical and rain-soaked, you remain mysterious to many people, and this makes you intriguing. You also like a good night at the pub, though many are just as worried that you will blow up the pub as drink your beverage of choice. You're good with words, remarkably lucky, and know and enjoy at least fifteen ways of eating a potato.You really don't like snakes.
Somos iguais...
2 May 2005
pd/ alguén pode explicarme por que existe a diérese en galego?
28 Apr 2005
Chámase Jesús García e dará que falar. Un amigo mandoume unhas fotos por mail que me teñen fascinada. É incríble como podemos dar por suposto que coñecemos a alguén ata que un pequeno xesto seu nos abre os ollos. Anque te chames Jesús e te apelides García podes atopar algo que te faga único. Esta fíxoa en Donosti e gustaríame tela impresa a gran tamaño na miña habitación para sentirme como esa nena cada vez que abra os ollos pola mañá.
27 Apr 2005
25 Apr 2005
Lugo 2006
Foi unha finde completiña.
21 Apr 2005
O martes, vigueses, otallerdeartedramáticadauniversidadedesantiagonocampusdelugo leva a súa versión libérrima da Nai de máximo Gorki á cidade olívica. Alá vós!
18 Apr 2005
17 Apr 2005

Riedel se llama el paisano. Es un tío que hizo ing de caminos y luego se interesó por los cohetes espaciales y decidió estudiar ing aeronáutica. Como en su país natal la cosa estaba chunga para acabar una segunda carrera, se fue a Suecia. Kiruna está a 200 Km del Polo Norte y admite a estudiantes que hayan acabado cualquier diplomatura con un alto contenido en mates y física. Sin haber hecho ningún exámen, la universidad permite participar en la construcción de cohetes en cooperación con la ESA y la Esrange (ajá) que por allí se asentaron. Qué diver. Al cabo de tres cuatrimestres se obtiene el título. No hay mucha marcha y el bar del pueblo sólo abre cuando 10 estudiantes se hayan comprometido a tomar algo, informando al dueño mediante email. La soledad, dice Rieder, y la en el inicio gélida bienvenida de sus compis suecos, se vió recompensada por la primera sesión de aurora boreal en directo. Kiruna se encuentra a 130 Km del próximo núcleo de civilización y a 1350 Km de Estocolmo. Alces y osos polares juegan a los dados y el sol nunca pasa por encima de las montañas.
Un cicely segunda parte versión oropea.
15 Apr 2005
Festivamente
Luis Posada Carriles, avogado anticastrista de 77 anos acusado polo goberno cubano de planear un atentado contra Fidel Castro e de participar en atentados con bomba contra varios hoteis no país que causaron a morte dun italiano, solicitou esta semana asilo ós USA. Posada Carriles, a quen tamén buscan as autoridades venezolanas pola voladura dun avión cubano no 76 que causou a morte de 73 persoas, é un heroe para os exiliados cubanos en Miami e hai 30 días atravesou a fronteira de México cara ós Estados Unidos. O seu avogado presentou o mércores a solicitude de asilo político ó que tería dereito, segundo o seu representante "porque promoveu os intereses deste país durante aproximadamente catro décadas". O voceiro do departamento de Estado norteamericano dixo ós medios que non podía comentar "asuntos de asilo ou casos de asilo", que as acusacións de terrorismo "terán que ser consideradas moi seriamente" e que, respecto dos servicios prestados por Posada Carriles ós USA, "está no rexistro do directorio como membro oficial da CIA" dende principios dos 60 e que ademáis é membro de exército estadounidense.
14 Apr 2005
En contra: China, Congo, a propia Cuba, Exipto, Eritrea, Etiopía, Guinea, India, Indonesia, Kenia, Malasia, Nixeria, Qatar, Rusia, Sudáfrica, Sudán e Zimbabwe.
Abstencións: Arxentina, Brasil, Burkina Faso, Buthan, Ecuador, Gabón, Mauritania, Nepal,
Pakistán, Paraguai, Perú, República Dominicana, Sri Lanka, Swazilandia e Togo.
Para a delegación estadounidense, Cuba "persistiu en impoñer un estado represivo e totalitario que priva os cubanos do dereito a expresar desacordo (coas autoridades) sen o risco de ser condeadas a longas penas de prisión e, ademáis, prívanos de voz en calquera clase de reforma posible política e económica no país" (certo). Claro que tamén din que "as políticas do Goberno negaron ó ciudadán común o placer da seguridade económica. No 1959, ano no que o Goberno de Castro asumiu o poder, Cuba tiña un dos máis altos PIB per cápita de América Latina; hoxe, o traballador medio cubano gaña o equivalente a 15 dólares ó mes" (ai, que se nos ve a patiña...).
Para o representante cubano, Estados Unidos é "o maior e máis persistente abusador dos DDHH do mundo" (é unha competencia tan reñida, que sería difícil de asegurar... pero dende logo está na carreira), polo que "non tén as cualidades morais para falar sobre Cuba" (iso é o que se chama varrer para a casa). Tamén denunciaron que Washington convertera Guantánamo "nun centro internacional de torturas" (certo) e o cárcere iraquí de Abu Ghraib "nun inferno vivinte" (tamén é certo), polo que "non tén o máis mínimo xustificativo moral para efectuar comentarios sobre os DDHH ningún outro país" (tamén nos poderiamos aplica-lo conto a nós mésmos). Polo tanto, conclúe, a resolución é "un pedazo de papel ridículo que no dice nada" (e aí é onde vemos que os dous xogadores da partida teñen a pata peluda).
13 Apr 2005
Madrid (EFE). El ministro de Defensa, José Bono, confesó hoy que su "cuerpo" le pide la ilegalización del Partido Comunista de las Tierras Vascas, pero señaló que "si no se puede demostrar con pruebas aquello que se intuye no se puede iniciar un procedimiento que produciría una sensación de frustración". Por otra parte, preguntado por el modelo territorial, Bono dijo que España "no es un invento que cada mañana pueda estar sometida a las ocurrencias ni de un presidente autonómico ni de un ministro".
"No voy a hacer el ridículo aceptando que se puede ser patriota de cualquier país del planeta menos de España porque a un grupo de internacionalistas les incomoda que algunos, como el ministro de Defensa, se sientan españoles y quieran a su país", concretó el ministro.
11 Apr 2005
non sei
Pura Zato (o medo é libre)
Quien inventó el porta mina (¿porta mina?)
e, xa para flipar: bares de alterne zaragoza
10 Apr 2005
Para Noia
Una camisa, por ejemplo, es algo muy normal. Se conoce en todo el mundo, es ligera, es de algodón o no, puede ser barata y valer para ejercer trabajos durísimos o también servirle a una top model que gana un pastón por segundo y haber costado un pastón por segundo. Representa libertad, rebelión, sumisión, estándar, corrección, discreción, pull&bear, armani, simplemente normalidad, hostias en vinagre. Cuando era pequeño mi madre consiguió ponerme camisas y yo pobre ser babeante no podía defenderme ni darme cuenta de lo que me ponían. En la última foto en la que llevo una camisa puesta tengo 5 años. A partir de ese momento ya nadie en la faz de la tierra me pudo tocar con esa cosa. El tacto de esa tela fina, asquerosamente fina es insoportable. Qué mente pervertida ha podido engendrar cosa igual. Tiene tal cantidad de accesorios innecesarios y al mismo tiempo ridículos que me sorprende que su producción y venta sea rentable en un mundo sembrado de mentes normales. No puede ser. No debería existir. Se debería haber extinguido hace a tomar por culo. Tiene un pliegue en la espalda para poder arquearla con comodidad porque la tela es tan inelástica que parece que uno lleva una camisa de fuerza. Además unos puños con botones, que requieren de asistente personal para abrocharlos. Una vez abrochados, no hay cristo que se remangue. A sudar como cochinos o morirse de frío.
Y luego está el cuello. Esos trozos de trapo que cuelgan al son del viento a veces dominados por pequeños botones y que no sirven para nada más que para exhibir la mierda mezclada con sudor que tenga el sujeto en cuestión pegado al cuello ( y no nos desviemos al tema del sobaco) o ahogarlo con ayuda de otro complemento absurdo como es la corbata (la pronunciación de esta palabra me provoca náuseas). C O R B A T A. Para más INRI hay cuellos redondeados, como inutilizados por una lijadora, que parecen estar de moda entre los amputados cerebrales que trabajan en los programas basura. No entiendo tampoco por qué se abren las camisas por delante y por qué están llenas de botones. Ni el tiempo y la energía que se malgasta en PLANCHAR. Bueno ya está bien. Algunas veces me las pongo pero necesito concentrarme y aguantar como un campeón, como alguien con gastroenteritis y sin papel. Lo hago por personas que quiero. Pero acabarán erradicadas de mi armario y de los armarios del mundo por completo y en 200 años nos reiremos de esa cosa llamada camisa. Menos mal que tengo dos maravillosos amigos (Seb y Toni) que piensan igual que yo o con ímpetu todavía más fundamentalista, y que ayudan a no sentirme mal en este mundo de personas normales.
9 Apr 2005
Se eleva a 153 las guatemaltecas asesinadas en 2005
Guatemala, 9 abr (EFE).- Al menos 153 mujeres han sido asesinadas en Guatemala en lo que va de 2005, reveló hoy, sábado, la Policía Nacional Civil (PNC). El último asesinato se produjo ayer, viernes, en Santa Cruz del Quiché, en el oeste de Guatemala, donde una mujer no identificada murió de un disparo en la cabeza. La víctima, que tenía unos 18 años, fue localizada a la orilla de un río y además del disparo en la cabeza, también fue golpeada en la cara, dijo la PNC. Las organizaciones de mujeres guatemaltecas están preocupadas por los continuas asesinatos y exigen a las autoridades poner fin a los crímenes, así critican la falta de planes de prevención para que las mujeres puedan sentirse seguras. Un estudio realizado por la organización no gubernamental Sector de Mujeres asegura que el 73 por ciento de los crímenes en Guatemala no son investigados por las autoridades. En 2001 fueron registrados 307 asesinatos de mujeres, 317 en 2002, 383 en 2003, y 527 el año pasado.
8 Apr 2005
Madrid (EFE) Las líneas ferroviarias de Tokio han comenzado a introducir en sus servicios vagones sólo para mujeres ante la avalancha de denuncias contra hombres que aprovechan las aglomeraciones en las horas punta para manosear a usuarias. Este tipo de vagones, impulsado por el Ministerio de Transportes e Infraestructuras, ya existen en otras regiones de Japón, pero su aplicación se retrasó en la capital nipona por su masificada e intrincada red de compañías ferroviarias públicas y privadas. as primeras líneas en adoptar esta medida de prevención han sido Saikyo, de la compañía East Japan Railway, considerada como la más popular entre los manoseadores, y Rinkai, de Tokyo Waterfront Area Rapid Transit, debido a que ambas tienen un sistema compartido. Por lo general, los chikan, que en castellano puede traducirse como "pervertidos de los trenes", e introducen en los tradicionales vagones abarrotados de gente y aprovechan la confusión para realizar tocamientos obscenos a las mujeres. También los hay que actúan en grupo y, mientras uno realiza los tocamientos, los otros hacen de pantalla o bien acorralan a la víctima y proceden todos al mismo tiempo al abuso. En los últimos ocho años este fenómeno se ha triplicado, puesto que de las 778 denuncias que fueron presentadas en las comisarías de Tokio en 1996, se pasó a 2.201 en 2004. Por el momento, un sólo vagón de cada convoy de esas dos líneas prohíbe la entrada a hombres, pero otras nueve compañías privadas y la pública Toei Shinjuku tienen previsto seguir este ejemplo a partir del 9 de mayo.
7 Apr 2005
5 Apr 2005
Imagination is more important than knowledge.
Como moi ben dixo Albert Einstein, quen era un experto nese xénero chamado xornalismo galaico "de proximidade". Non mo credes? fixádevos nestoutra:
Not everything that counts can be counted, and not everything that can be counted counts.
Tiña máis razón ca un santo, dígovolo eu.
1 Apr 2005
Cheguei onte á noite coa intención de buscar casa propia e non dar a vara máis do estrictamente necesario en cas'Fleishman. Sen embargo, as doutoras teñen un piso enorme e luminoso e barato e a compañía é agradable e aseguraron que non lles importaba que me acoplase... e eu son débil, non me atopo vivindo soa... supoño que non estou segura de se me daría aguantado tanto tempo seguido. Así que xa estou instalada. Agora só me queda facerme co cuarto (que era o dos nenos e ten dúas camas xemelgas e unha lámpada e un papel pintado horribilísimos) e coa vila.
Hoxe tentei erguerme cedo para ir dar unha volta. Non llo digades a ninguén, pero fun ó concello pedir un mapa. E, flipade, déronmo. No meu paseo tropeceime co mercado, non comprei nada porque me daba pereza ter que pasar pola casa pero despois arrepentinme porque non teño nada máis para comer que a empanada de zamburiñas que ceamos onte (e xantei hoxe).
Na delegación, moi ben. Curramos moito. En fin, curran moito, eu de momento tento entorpecer o mínimo... e poñerme pronto ó día para non sentirme tan inútil. O malo son as pequenas concesións que vas facendo: encher as noticias, copiar comunicados tal cal, escribir en castelán (e mesmo traducir o que xa escribiches)... É o meu maior defecto como xornalista do mundo real, seino, pero non podo evitar dar coa cabeza unha e mil veces na mesma parede.
E pouco máis, estou cansa e teño entendido que os bares da mariña son moi esixentes coas visitas...
30 Mar 2005

Northern Exposure
A vida ten os seus ritmos. Supoño que é a confluencia destes ritmos cos nosos propios a que finalmente marca o noso paso. Eu teño corrido sobre as agullas do reló ata chegar practicamente á extenuación. E teño tamén visto como os segundos se converten en minutos e os minutos en horas perante os meus impotentes ollos. Barcelona supuxo para min o ralentí definitivo, a detención total do paso do tempo. Alomenos, do meu tempo vital. Escapei dalí para recarga-las baterías, consciente de que precisaba os xogos (e as enchentas e as conversas) cos amigos e as gabanzas e/ou críticas feroces da familia... Do que non tiña nin idea era do ben que me ía facer atoparme cun grupo de afinidades desafinadas como o de Teatro e (sobre todo) cun grupo ante o que poder presenta-la rendición total, o de Amnistía... O deceseis de marzo saín de contas, levo nove meses reconstruindome e nove días durmindo mal, consciente de que a fin do ciclo estaba á volta da esquina. Quizais é por iso que me pillou tan tranquila, tan de volta de todo. Como diría aqueloutra, "veu visitarme o mar". Mañá saio para Cicely, xa vos manterei informados.
29 Mar 2005

A imaxe dixitalizada dunha postal avellentada polo sol que xa non debeu ser boa nos seus mellores tempos, non fai xustiza ó orixinal... pero non quería deixalo pasar, tiña que contarvos que coñecera un artista real... un home estrano que hai uns anos creou compulsivamente uns cadros fascinantes, escuros, tan fermosos como agresivamente tristes e que co tempo descubriu que se pintaba iso -que se pintaba así- era porque non estaba vivindo a vida como quería -como debía- vivila. Deixou o traballo en Alemaña e veuse pra'acó.
Esta foi a primeira obra da nova vida. E prácticamente a derradeira. Di que xa non ten necesidade de crear, que a vida mesma o afasta dos pinceis. Unha mágoa para nós, unha sorte para el.
O exame
Nome:
1. Debuxa o esquema de comunicación e define cada un dos seus elementos. (2 puntos)
2. Debuxa o esquema dos principais medios de comunicación de masas e explica as súas características esenciais. (2 puntos)
Que significa que sexan "de masas"?
Que características comparten? Cales non?
3. Como se distribúe a información no conxunto do xornal? (2 puntos)
3.1. Como se lle chama en termos xornalísticos ó "nome" do xornal?
3.2. Como se chaman as agrupacións temáticas de noticias? Que determina a súa orde no xornal?
3.3. Como se distribúe a información na páxina?
Cantas columnas ten unha páxina de xornal?
Que elementos nos indican a importancia que o xornal lles dá ás distintas noticias?
4. Como se distribúe a información na noticia? (2 puntos)
5. Qué xéneros xornalísticos coñeces? Explícaos brevemente. (2 puntos)
6. E de regalo ...escolle, para afina-la nota:
6.1. Define:
Reportaxe
Documental
Obxectividade
Liberdade de Expresión
6.2. Explica como ves ti a situación do galego nos medios de masas? Por que cres que é así? Que consecuencias cres que ten esta situación? Como se podería solucionar?
6.3. Cales son os teus medios favoritos? Cales non ves/escoitas/les nunca? Por que cres que é así? Que consecuencias cres que ten esta situación? Como se podería solucionar?
6.4. Escribe unha noticia e identifica cada un dos seus elementos básicos.
... Non se pode ser máis boiña
22 Mar 2005
A light exists in spring

A light exists in spring
Not present on the year
At any other period.
When March is scarcely here
A color stands abroad
On solitary hills
That science cannot overtake,
But human nature feels.
It waits upon the lawn;
It shows the furthest tree
Upon the furthest slope we know;
It almost speaks to me.
Then, as horizons step,
Or noons report away,
Without the formula of sound,
It passes, and we stay:
A quality of loss
Affecting our content,
As trade had suddenly encroached
Upon a sacrament.
Emily Dickinson
17 Mar 2005

Un patio de butacas ás escuras e un escenario a medio iluminar que se intuía inusualmente amplo marcaron a primeira diferencia. Chiscándolle o ollo a Meyerhold, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Maricastaña) decidiu amosarlles ós espectadores o artificio teatral. Sen telón que erguer nin baixar nin buracos laterais nos que acocharse, catorce actores quentan a voz e o corpo entre sombras mentres o público se acomoda. Como un mago que se arrisca a face-los seus xogos nas distancias curtas a pesares de ser consciente de que a atención da audiencia estará especialmente adicada a atopa-lo truco, Maricastaña arriscouse onte a competir pola atención do público co xogo de luces, cos cambios de vestiario e mesmo coa "porquería" que, segundo asegura Fernando Dacosta, "sempre hai nos teatros galegos".
Frankenstein é a segunda parte da triloxía do monstro que Maricastaña comezou o ano pasado con TOTEM, versión de Fernando Dacosta de O Señor das Moscas de William Golding. "Esta vez queriamos falar do monstro que levamos dentro", asegura Dacosta, "un mostro capaz de feri-lo próximo". O traballo comezou en Novembro de 2004, cando os integrantes do grupo comezaron a documentarse e a "xogar" con distintos momentos da novela de Mary Shelly. Fixeron unha escolla das pasaxes esenciais e apropiáronse da obra achegándolle un intre circense que deixase respira-la traxedia e un certo anticlericalismo que nos empatizase co monstro que, coma nós, tan pronto implora perante o seu creador como blasfema na súa contra.
O resultado deste proceso creativo é unha peza teatral dunhas dúas horas de duración que lle volve a honra a un termo tan denostado como é o de espectáculo. Un verdadeiro alarde de maxia teatral que atrae irremediablemente a atención do público cara a uns actores sobresaíntes que o emocionan e que o levan despois a reflexionar sobre a propia natureza do home, sobre o abandono ó que nos condeou un creador que se supón bo e xeneroso, sobre o feito de que á morte, amigos e amigas, hai que ganarlle a golpes de vida...
Estaba todo ante nós e aínda así non fomos capaces de descubri-lo truco.
14 Mar 2005

Xa foi. Hai unha semana devecía porque pasara canto antes e agora dame mágoa que xa fora. E boto en falta ós de teatro, quen mo ía dicir! É como cando tés visita... e invade completamente o teu espacio. E ó principio é farra pura. E despois matarías por uns segundos de soidade. E ó final só vas tirando coa vista posta no día no que recuperes a tranquila normalidade da túa vida. E cando (por fin) se vai a visita e quedas soa e limpias e ordeas e durmes e les e ves a tele... entón, é cando che doe a súa ausencia como a dun apéndice corporal que xa non está.
9 Mar 2005

O tema do día é Black Milk, do Mezzanine de Massive Attack:
Recoñezo que este é un deses grupos (xunto con outros como Marilyn Manson ou Rage Against the Machine) que nunca me gustou... nin a súa música, nin os seus vídeos nin nada. Pero, como sempre, co tempo un vai cambiando de gustos e hai que recoñecerlles que teñen temas moi bos. Na miña opinión, son altamente aconsellables en "encontros de amigos que se convirten en charlas ata altas horas da madrugada (que diría un anuncio de IKEA). O grupo é británico, de Bristol, e ten 5 discos e un montón de aparicións en bandas sonoras e en anuncios. Como curiosidade, creo que a canción do anuncio de Emporio Armani, o das colonias que se achegan en plan bico, é deles.
You're not my eater
I'm not your food
Love you for God
Love you for the Mother
Eat me
In the space
Within my heart
Love you for God
Love you for the Mother
Mother fountain
Or live or not at all
The most level
Sunken chapel
Love you for God
Love you for the Mother
All's there to love
Only love
8 Mar 2005

O tema de hoxe é Baba O' Riley, de The who. É o meu favorito dos que me foi mandando Borja ata o de agora, é xenial. Hai van o seu comentario e a letra.
A versión orixinal é do disco Who's Next, de 1971. A versión que eu teño é a do The very best of the who. De The who pouco se pode contar, ademáis imaxino que os coñecerás: grupo británico dos 70, toque de rock e pouco máis, que eu saiba. Esta canción encántame. Un detalle que imaxino saberás, tódalas cabeceiras das series C.S.I. teñen de fondo cancións de The Who. Esta en concreto é a de C.S.I. New York.
Out here in the fields
I fight for my meals
I get my back into my living
I don't need to fight
To prove I'm right
I don't need to be forgiven
Don't cry
Don't raise your eye
It's only teenage wasteland
Sally, take my hand
Travel south crossland
Put out the fire
Don't look past my shoulder
The exodus is here
The happy ones are near
Let's get together
Before we get much older
Teenage wasteland
It's only teenage wasteland
Teenage wasteland
Oh, oh
Teenage wasteland
They're all wasted!
Maragall (cantas cagadas máis aguantarán os cataláns)
Fraga (isto non é novidade)
Os defensores da enduring freedom, amosando a pata unha vez máis.
O listos que andan os bispos cando toca cambiar de camisa
O moito que poderían cambiar algunhas cousas nun ano, mentres que outras nunca cambian.

A canción de onte foi Nutshell, do grupo Alice in Chains. O disco, de 1994, é Jar of flies. Di Borja:
Que terá 1994 que tantos discos me gustan dese ano? Non o sei. A Alice in Chains, nembargantes, descubrinos moito despois a través dunha canción (What the hell have I) da banda sonora de Last Action Hero. Si, a peli de Arnoldo o Gobernador (e futurible presidente). É outro dos grupos de Seattle que tanto me gustan (Pearl Jam, Soundgarden...) aínda que, a diferencia destes (e de Nirvana), pretendían ser unha banda de metal cando o grunge estaba nacendo. O que pasa é que, claro, cando eres da mesma cidade que Nirvana e Pearl Jam, xusto cando o grunge comeza a medrar, ou te volves grunge ou vas á merda, polo que cambiaron un pouco de estilo (cousa que non lles veu mal, na miña opinión). Polo demáis, é a típica* historia duns tíos que se coñecen no instituto, montan unha banda e vailles máis ou menos ben de cara á galería, pero entre eles andan sempre a hostias. Ó final da historia, o cantante aparece morto de sobredose (din que de coca e de heroína, á que se dicía que era adicto dende había moitísimo tempo).*N. de T. "típica mítica"
We chase misprinted lies
We face the path of time
And yet I fight
And yet I fight
This battle all alone
No one to cry to
No place to call home
Oooh...Oooh...
Oooh...Oooh...
My gift of self is raped
My privacy is raked
And yet I find
And yet I find
Repeating in my head
If I can't be my own
I'd feel better dead
Oooh...Oooh...
Oooh...Oooh...
4 Mar 2005

O tema de hoxe é Brazen (weep), de Skunk Anansie, un grupo britanico xa disolto. A cantante, Skin, anda agora por aí tentándoo en solitario (é súa a canción do anuncio do Renault Megane Scenic, aquel no que o coche saía do garaxe mentres se ían pechando tódalas portas do resto dos garaxes). Brazen (weep) é do segundo disco que publicaron Skunk Anansie, Stoosh (1996), para Borja o mellor do grupo en dura pugna co Post Orgasmic Chill.
I called you brazen
called you whore right to your face
and watched you silently
and publicly disgraced
i didn`t notice when you strenghted
like a vice
that you were trembling and burned
beneath the ice, ooh, ooh
why don`t you weep
when i hurt you
why don`t you weep
when i cut you
you don`t bleed
and the anger builds up inside [x2]
na, na, na, na, na,
you said a prayer
and i betrayed you with a kiss
i never realized
that all had come to this
so keep your dignity
don`t throw it all to waste
stronger feelings
than you`ve ever learned to face, ooh
Borja mándame esto xunto co tema:
A multiracial quartet formed in Britain, Skunk Anansie plays what its lead singer, Skin, calls clit-rock (an amalgam of heavy metal and black feminist rage). Skin began singing in high school for a classmate's band after considering the offer for over a year. Six years after that band broke up, the members of Skunk Anansie (including bass player Cass) met one another by chance. Their name was taken from the West Indian folk tales of Anansie the spider-man, with "Skunk" added to make the name nastier.
3 Mar 2005
Armental e o sr. Sheffield
O luns á unha e media da mañá chamoume outra vez, peneque perdida de viño e de brandy (dos caros). Leson-namber-guan: así, amig@s, é como se enchen os ricos. Líbreme dios de xulga las cheas alleas, pero curiosa si que son, así que tiven que preguntarlle por que arrastraba a lingua unha emigrante currante un luns a media noite. A resposta acabou coas miñas preocupacións sobre a súa capacidade para esquiva-las aventuras. Parece ser que o feliz matrimonio británico-luso de clase alta non era tan feliz. Parece ser que o marido tivo un par de pares de experiencias extra-matrimoniais, ademáis dun intento fallido coa anterior au pair. Parece ser que o tipo en cuestión é un atractivo cabronazo de corenta e pico que sente unha certa debilidade polas latinas novas, "cunha figura máis bonita cá da miña muller". Parece ser que se foi da casa, que lle preguntou á muller se lle podía seguir levando a roupa para pasarlle o ferro, que chamou a Armental ó mobil ó diga seguinte para preguntarlle se, non agora, of course, pero dentro dun mes, sairía con el. Parece ser que Armental dixo "maybe". Parece ser que unhas horas máis tarde, mentres axudaba á súa xefa e amiga a empurra-las mágoas gorxa abaixo con viño e con brandy (dos caros), Armental non podía entender que tipo de enaxenación mental a levara a pronunciar aquela enganosa palabra; ela nunca xamais se liaría con el... fixo... case fixo... quere crer. Leson-namber-tu: a aventura non está en kenia, está aí fora.

O segundo tema de Emerecindo Música é Living in a Lie, de Guano Apes (Don't Give Me Names de Guano Apes (2000). Outro dos grupos favoritos de Borja, son alemanes e fixéronse coñecidos en España con Open your eyes, do seu primeiro disco (Proud like a god, 1997) e Big in Japan (do mesmo Don't Give Me Names).
You’ve got it all, took it all from me
Drove me insane
Who’d come down to earth, releasing me
Healing my wounds
so why don’t you close the door when you’re leaving me
now you’ll run
running all the way back to me again
I’m not to end in shame
to fight an endless lie
I’m not to play a game
I won’t be on your side
(I) found a way
to reach myself again but all I saw was shame
Drive me away
there’s something deep in me waiting to escape
you think you know me
so why don’t you close the door when you’re here with me
I’m here to end the game
I’m living in a lie
it’s hard to give the same
I won’t be on your side
I’m not to end in shame
to fight an endless lie
I’m not to play a game
I won’t be on your side
I loved you a lot
to need you a lot
I leave you alone...
Ofertas interesantes
FlashDanceGirls Bailarina Barcelona
FlashDanceGirls Bailarina Coruña
FlashDanceGirls Bailarina Lugo
FlashDanceGirls Bailarina Madrid
FlashDanceGirls Bailarina Ourense
FlashDanceGirls Bailarina Pontevedra
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Barcelona
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Coruña
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Lugo
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Madrid
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Ourense
Eroproductions s.l Actrices protagonista y reparto Erótico Pontevedra
Interesantes si que son.

