18 Mar 2006

Roubáronme

O Pickpocket de Bresson

E non foi o corazón. Fun buscar a miña irmá á estación de buses e, nos tres minutos e medio que tardei en chegar do metro ás dársenas, quedei sen os 40 eurazos que acababa de quitar, sen DNI, sen as tarxetas da Caixa, sen o carnet da USC, sen a tarxeta do videoclube, sen o ticket do metro e (o que é peor) sen a carteira que me trouxera La Lore de Guatemala. E non quedei sen móbil porque o levaba na mau para mirar a hora.
A conversa cos de seguridade, inenarrable, e a visita á comisaría... daría para escribir un libro de relatos.

17 Mar 2006

Fiennes e Meirelles

Acábame de pasar unha apisonadora por riba. O peor non é que as farmaceuticas traten África como se fora o seu coto privado. O peor é que ese é un dos muitísimos problemas que teñen os habitantes dese xardín. Cando, cara ó final da película, chega a "batida" ao poboado sudanés buscando cabras e pequenos, eu só podía pensar "e conseguiranos coas armas que nós fabricamos para eles"... Puto mundo. Menos mal que queda algún que nolo conta. Doe velo, pero máis doería non sabelo.

13 Mar 2006

12 Mar 2006

Dacabalo

Caballo Roto

Hai uns mesiños (que ás veces parecen séculos), o-xornalista-de-deportes-que-máis-ben-debera-ser-novelista descubriume en dous tempos unha canción coa que nunca tropezaría se non fora por el e que agora me ten absolutamente obsesionada. Primeiro, chamándome un domingo pola tarde para comunicarme o feliz que o fixera escoitala a través dos oídos de Bevilacqua. Despois, de camiño a la última cena da miña vida mariñana, poñéndoma a toda pastilla no coche. Se non fora porque aínda me queda (un algo de) vergonza social, tería chorado aquela primeira vez que escoitei as primeiras estrofas:

Los caballos negros son.
Las herraduras son negras.
Sobre las capas relucen
manchas de tinta y de cera.
Tienen, por eso no lloran,
de plomo las calaveras.
Con el alma de charol
vienen por la carretera.

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vio y no te recuerda?
Ciudad de dolor y almizcle,
con las torres de canela.
¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vio y no te recuerda?
Apaga tus verdes luces
que viene la benemérita.


Agora, a uns centos de quilómetros reais e uns milleiros de anos luz vitais daquela primeira vez, escoitoa sen parar, co "repetir una" do dvd. Calquera día baixan os veciños pegarme unha paliza por petarda. Incluso lle collín o gusto ao resto, algo máis cañero, da canción:

La ciudad libre de miedo,
multiplicaba sus puertas.
Cuarenta guardias civiles
entran a saco por ellas.
Los relojes se pararon,
y el coñac de las botellas
se disfrazó de noviembre
para no infundir sospechas.
Un vuelo de gritos largos
se levantó en las veletas.
Los sables cortan las brisas
que los cascos atropellan.
Por las calles de penumbra
huyen las gitanas viejas
con los caballos dormidos
y las orzas de monedas.
Por las calles empinadas
suben las capas siniestras,
dejando detrás fugaces
remolinos de tijeras.


E, cando non a estou escoitando, vouna cantando. O venres quedei cos do máster en Lavapiés e fun todo o camiño (unha media hora) repetindo as primeiras estrofas. Tiven que esperar un cachiño e alí me tedes, no medio e medio da capital do imperio, tarareando en silencio, tragando as ganas de cantar a toda voz:

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Dejadla lejos del mar
sin peines para sus crenchas.
¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Que te busquen en mi frente.
Juego de luna y arena.


E o sábado recibín vía mail a nova obra do taller, para ver se lle botaba un ollo ao galego. Chámase km 526 e vai da Guerra Civil. E é fermosa. E triste. Tanto como os derradeiros versos que os de Marea lle colleron prestados a Federico:

Rosa de los Camborios,
gime sentada en su puerta
con sus dos pechos cortados
puestos en una bandeja.
Pero la Guardia Civil
avanza sembrando hogueras,
donde joven y desnuda
la imaginación se quema

¡Oh ciudad de los gitanos!
¿Quién te vió y no te recuerda?
Que te busquen en mi frente.
Juego de luna y arena.
¡Oh ciudad de los gitanos!
La Guardia Civil se aleja
por un túnel de silencio
mientras las llamas te cercan

8 Mar 2006

Hoxe foi un gran día

Museu Reina Sofía

Como vos din a brasa nos malos momentos, hoxe véxome na obriga de contarvos o contenta que estou. Non sei moi ben a que se debe esta súbita alegría... Ao mellor é porque non pasei 12 horas seguidas no Ceco. Ou porque paseei un cacho ao sol. Ou polo bocata que comín na cafetería do Reina Sofía, cunha asturiana xenial. Tamén pode ser porque (outra) asturiana xenial me deixou a súa cámara dixital. En calquera caso, benvida sexa.

PD1/ Grazas, compañeir@s, pola referencia. Para outra, e se non é muito pedir, avisade, que limpo un pouco a casa. Foi como recibir visita xusto o día que decides non facer a cama, nin fregar os pratos (do día anterior)...

PD2/ Os programadores de Cuatro (non sei se intencionadamente) ofreceron esta noite unha clase maxistral de xornalismo televisivo, do que se debe e do que non se pode facer nunha reportaxe para TV. Totalmente a favor de Sistiaga. E que Muñoz de Mesa volva falar de cine, por favor.

7 Mar 2006

Puto crack

Disculpádeme o palabro, pero é que me emociono.
Que tío.

hugh laurie

E que diálogos:
Dr. Wilson: That smugness of yours really is an attractive quality.
Dr. Gregory House: Thank you. It was either that or get my hair highlighted. Smugness is easier to maintain.

E que música de cabeceira:

Love, love is a verb
Love is a doing word
Fearless on my breath
Gentle impulsion
Shakes me makes me lighter
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Nine night of matter
Black flowers blossom
Fearless on my breath
Black flowers blossom
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Water is my eye
Most faithful mirror
Fearless on my breath
Teardrop on the fire of a confession
Fearless on my breath
Most faithful mirror
Fearless on my breath

Teardrop on the fire
Fearless on my breath

Stumbling a little
Stumbling a little

Teardrop
MASSIVE ATTACK

Duas cousas sobre o cursiño este que me vai acabar coa saude e coa vida social

olive

1. O proxecto final do máster é un plan de internacionalización para unha empresa española de caramelos... entre eso e as tendas de olivas que hai en tódalas esquinas desta cidade do demo, van acabar comigo.

2. Onte saíron as notas da primeira parte do curso. Non foi mal. Nin ben. Podía ser peor. E mellor. Deixémolo en que foi unha proba máis (se é que facían falta) da inexactitude destas cousas.

3 Mar 2006

O ano 2000

Lugo2

Unha vez, cando era aínda máis pequena que hoxendía, lin nalgures que para o ano 2000 os electrodomésticos serían máis intelixentes que a maioría das persoas, como nos supersónicos (magníficos debuxos, estúpido alcume que me perseguirá toda a vida). Hoxe chegoume unha mensaxe multimedia coa foto que vedes. Unha noite de choiva en Valado City. Idéntica a aqueloutra na que, acubillada no sofá da casa petrucial, lía ciencia ficción nunha revista, seguramente a Pronto (as miñas referencias culturais son ben variadas, como xa sabedes). E idéntica, tamén, a aquela improbable profecía tecnolóxica.

1 Mar 2006

Os tempos son idos

Fóronse. Nevounos. Comenos. Durmimos. Falamos. Recordárnonme que é o que son e que é o que non son (parece evidente, pero non o é). Hoxe pola mañá, Z. deixoume no Ceco e saiu cara a Potes. E eu quedei soa. Comigo, quero dicir. Durmin toda a tarde e decidin cear cos do master. Non debía. Hai un rapaz que me enche o ollo. Ven a ruso. Ten unha chapa de "Palestina Libre"... xa vos contarei.

25 Feb 2006

Alá foron...

...os primeiros exames.

Clock
Clock, de Wojtek Kozak

Como todo o mundo sabe, o único positivo que teñen as semanas de exames é que se acaban. E, de feito, os primeiros días da era post-exames son deliciosos. A ausencia de presión é tan poderosa que parece que puideras saír voando como un globo en calquera momento. Ademáis, está o que eu chamo o paradoxo temporal. Onte mataría por uns minutos para internetear, pero parecía que desapareceran os segundos e que o tempo saltaba e cuarto de hora en cuarto de hora. Hoxe, parece máis ben que ao día lle sairan horas de entre os minutos... horas que papo golosa, evidentemente, permitíndome incluso o luxo de perdelas... A felicidade absoluta, vaia.
Onte botei toda a tarde de cháchara e hoxe levo toda a mañá vendo tele (véxase post anterior), tunneando o meu super-ordenador novo, saqueando esta marabilla de conexión 3G que me mandou meu irmao e reorganizando a lista de tarefas ineludibles para catro luguesas na capital do imperio, que de momento está como sigue:
- Pasear e pasear e pasear e pasear
- Ir gastar os cuartos á FNAC e á Casa do Libro e ás grandes superficies de Alcorcón
- Ir comer a algún restaurante "étnico" (que palabra máis fea e imprecisa, acéptanse correccións)
- Ir de museos e/ou exposicións
- Ir ao rastro, máis que nada a modo de excusa para ir despois de cañas por La Latina
- Pasear de madrugada (alguén que en xeral ten pinta de saber do que fala díxome unha vez que a capi ulía ben e que a mellor maneira de comprobalo era paseando de noite polas rúas baleiras... dende logo a imaxe é fermosa)
- Saír de noite por Malasaña (que me recordará para sempre as horas pasadas con La-Lore aquel verán de hai séculos)
- Irlle tomar algo ao pub irlandés O'neill's, na rúa principe
- Ir ao cine e/ou ao teatro
Menos mal, en fin, que se me multiplicaron as horas, porque se non non sei como iamos facer tantas cousas en tres días...

Culturilla general

Punky Brewster

1. Vistes Floricienta? Non vira nada igual dende Rebelde Way. Os mesmos actores, os mesmos diálogos, os mesmos decorados... as mesmas "canciós"!
2. E Engaño? Oh-my-god! Mágoa que durase tan pouquiño.
3. Que me dicides de Supernany? Ipresionante o rápidos que andiveron os de Cuatro eliminando a asesión charleta intragable.
4. Ninguén se dera conta de que a amiga da universidade de Sabrina era a mítica Punky Brewster? Pódese saber a que andades? Que gran fonte de talentos interpretativos foi esa serie, por certo, practicamente ao nivel de Al salir de clase. Daí tamén saira a amiga de Laura Winslow.
Ás veces asústome a min mesma.

21 Feb 2006

Dias de viño e rosas

Ando de exames. Mentres paseo a miña atención máis ou menos concentrada entre activos fixos e circulantes, recursos propios e alleos (fixos e circulantes tamén estes), ratios económicos e financieiros, TIR e VAN e PIB e PNN, Renda, Demanda e Oferta Agregadas, déficits e superavits públicos e exteriores, Investimentos e Aforros, vendas e clientes e distribuidores e productores, economías e deseconomías de escala, Marketing Mix, PEST, 5 Forzas de Porter, Matriz de entornos xenéricos da BGC, Cadea de valor, Factores relevantes do contorno e Factores críticos de éxito, SWAT ou DAFO... e outras muitas miserias humanas. Mentres, digo, o meu corpo vaise preparando para a fin de semana.
Había ben tempo que non tiña tantísimas ganas de saír.
Vide preparadas.

16 Feb 2006

Nunca choveu que non escampara

rain_b_w

E non ía ser distinto desta vez. Encantaríame dicirvos que comprei unhas marabillosas lentes rosas que converteron de súpeto esta cidade no paraíso ou aos tabeiróns en golfiños (nunca pensei usar esta palabra). Por desgraza aínda non puiden sair de compras. Pero si que vos podo ir adiantando que (d)escribir os meus agobios alixeirou un pouco a carga e que os vosos xenerosos comentarios/correos resultaron muito máis balsámicos do que imaxinades. Será certo iso de que as penas compartidas son menos penas. (Unha vez máis) Gracias.

PD/ Ademáis, non fun a única que partiu no grupo. De feito, houbo un coup de etat no que (xúroo) non tiven nada que ver. As cousas, lentisimamente, van cambiando.

PD2/ Búscase profesor(a) de portugués. Desesperadamente.

13 Feb 2006

Aí vos van algunhas das miñas teimas:

atlas

1. Durmo tapadísima e quietísima.

2. Encántame ter unha (mínima) rutina vital. Erguerme (máis ou menos) á mesma hora, facer a cama (si, tódolos días), poñer o café, ducharme mentres sube, servilo ao saír da ducha, vestirme coas noticias (radio ou tele) de fondo mentres se me enfría o café, tomalo e sair da casa (máis ou menos) á mesma hora cada día.

3. Nunca tomo o café quente.

4. Sempre levo un atlas (de peto) encima.

5. Non podo sair de noite sen cartos, sen móbil e/ou sen as chaves da casa na que vaia durmir.

Moito me temo que a lista sería infinita.

A dos que me gustaría que seguisen a meme é algo máis breve. Os nominados son Spidey, Armental, Zaira, Sabela e Borja. Podédelea deixar neste o voso humilde fogar. Se queredes.
Nuestra situación es crítica, di unha tarxeta da Escola Contemporánea de Humanidades que me acompaña a soidade no pisito madrileño.

Equilibrio

Esta fin de semana estiveron meus pais. Troixéronme o super-ordenador dende o que escribo (nunca neguei o innegable, son unha nena de papá), enchéronme a nevera, leváronme de paseo, puxéronme ao día na complicada historia familiar e tentaron poñer o máster no lugar que lle corresponde... Relativiza! Sen embargo, antes de coller camiño da A6 (e xusto despois de preguntarme por enésima vez se necesitaba cartos), pedíronme que recollera as miñas cousas e me volvera con eles. “Non estás ben, manda todo á merda e vente”.
E é certo, non estou ben. Enchéronseme os ollos de bágoas muitas veces este fin de semana. Nunca, en ningún sitio, estivera tan soa. Supoño que ata esta fin de semana non era consciente. Non hai unha soa persona na miña clase que me guste de verdade. Hai de todo, como en botica, din por aí. E haberá. E a xente é boa sempre, e eu seino. E, como o sei, poño toda a miña intención en obviar as diferencias e resaltar as similitudes. Pero é que case non as hai. Cando estou con eles abúrrome. E calo a metade das cousas que me pasan pola cabeza. A quen llas ía contar? E os que me coñecedes sabedes que eu nunca calo nada. Gústame falar. Gústame, encántame, rir. Sempre tiven un riso mui agradecido. Pero aquí todo parece tan estupidamente denso... que se me quitan as ganas.
Teño un grupo de traballo composto por xente que nin sabe nin quere traballar en grupo. Acordamos dividir os traballos en pedazos que despois nos repartiremos alfabeticamente e nos mandaremos por e-mail para aforrar o tempo da posta en común. Cada traballo, un de nós encaragáse de “limar” as diferencias. En caso de conflicto, prégase non discutir, porque así non “avanzamos”. E penso nas horas e horas que farían días e días que farían semanas e semanas que farían meses e meses que botei debatendo cos de Xornalismo. E doume conta de que son incapaz de recordar a frustración da discusión. Sei (supoño) que a houbo, pero agora só recordo os cafés, os cd’s e libros intercambiados, as películas comentadas, as críticas despiadadas, o cotilleo máis vulgar, o debate político filosófico científico histórico máis profundo, o respecto que sentía por esa xente que sempre me sorprendía con arguementos imposibles e o orgullosa que me sentín (case) sempre do resultado das nosas broncas “creativas”.
Muito aprendín con eles.
Bóto(v)os tanto de menos.

3 Feb 2006

Xa fixen os dous primeiros exames. Fuentes de Información e Contabilidade. Vaia dios con eles. Hoxe tiñamos tamén que expor un traballo sobre a Barbie... Aínda que ao final non veu a profesora e quedou no tinteiro.

1959 Ponytail Barbie

Como vedes, este master está poñendo a proba a miña amplitude de miras. Que, por certo, non é tan ampla como debera nin tan limitada como eu pensaba. Parece que podo (fisicamente) idear unha campaña de publicidade para a Barbie. E aínda non empecei a cabezazos coas paredes... Aínda.

Entre as cousas boas (que tamén as hai): que se apague o alumeado público cando vou camiño do metro pola mañá (encántame que me sorprenda o cambio de luz, de cor, cada día nun punto distinto), os cines en versión orixinal (si, xa fun), que me coincida un guaperas (hai unha chea deles) en frente no metro, o efecto explosión lumínica que causou a chegada ao pisito da colcha guatemalteca que me regalou la-lore, os sorrisos que se reflicten na miña cara como nun espello (hai catro na miña clase que teñen a facultade ilimitada de alegrarme o día), descubrir pouco o pouco á xente que me rodea, que a copia de Aznar que se senta á miña dereita (non podía ser doutro xeito) se estea convertindo en Xurxo a pasos axigantados, ir de copas cos do máster e descubrir que "non hai posturas irreconciliables senón vodkas de menos"... e que exista a posibilidade (real) de pasar un par de anos polo mundo adiante.

27 Jan 2006

A sebya horosho

ruski keyboard

Sigo viva. É máis, estou ben. Algo estresada, pero ben. Acabei Tokio Blues, que por certo é un deses libros que te jode acabar, porque estás tan metida na vida das personaxes que non soportas que che pechen o buratiño polo que os espiabas. Despois, e do tirón, lin Háblame musa de aquel varón e Carta Blanca, que levaban meses na recámara. Xa sabedes como é, cando tés que estudiar engánchaste a todo canto libro e película atopas. A min, ademáis, éntrame unha necesidade frenética de deixa-la casa impoluta. En fin, que os libros están ben, sobre todo o de Lorenzo Silva, do que me declaro xa seguidora absoluta. Ademáis de ler, ver pelis e limpar, adico a maior parte do meu tempo a entender o funcionamento do sistema capitalista. E, sobre todo, a entender aos que o sustentan. Tras algunha desafortunada discusión política, cheguei á conclusión de que o mellor que pode facer alguén das miñas características en-un-sitio-como-este é ver oir e calar. O malo é que vai contra a propia esencia da miña natureza. E o bon é que cando se acaban as diferencias empeza o vodka (ou era ao revés). Onte fun cear cos de ruso a un mini restaurante ruso (un dos pros das urbes). A comida estaba boa (o postre, riquísimo) e a compañía foi muito máis agradable do que esperaba... e, de regalo, tropeceime cun sarriano nun bar hip-hopero. Ningún dos dous sabiamos quen era o outro, pero recoñecímonos na multitude... Flipante.

18 Jan 2006

Cousas que nunca vos dixen

Comprei unhas botas negras de tacón, estilo nai carca. E un radiador. E unha cama. E un reproductor de MP3. E Tokio Blues. Non sei se me gusta verme reflectida en Naoko, pero non atopo argumentos para negar o parecido. Asústame que alguén que non me coñecía descubrise en min trazos que nin eu misma vira. E asústame aínda máis intuir o futuro da personaxe.

Tokio Blues

Fun ao concerto de aninovo que celebraba a embaixada rusa en Mdd. Romanzas rusas en ruso... fermosísimas. Gustaríame mandarvos unha foto da mau do cantante acariñando o pé de micro. E outra da man esquerda do guitarrista (que terei eu coas maus esquerdas dos guitarristas). E outra máis das pinturas que hai nas paredes da embaixada. Invitoume E., unha curmá á que sempre dixeron que me parecía muito e á que non vira máis de tres veces na miña vida. Pode que nos parezamos. Encataríame que nos pareceramos.

Xa me mudei ao meu pisiño de 30 metros cadrados. Botaba (muito) en falta a intimidade. Agora boto (algo) en falta a familia. Nunca pasara tanto tempo seguido co meu abuelo (o materno, o paterno non o coñecín). Nin el comigo. Pónme algo triste pensar niso, no improbable que é que volvamos pasar nunca máis tanto tempo seguido xuntos. A semana que vén volve á casa. Gustaríame que nos virades por un furadiño darlles a paliza ás pijas do Corte Inglés...

Encántame o ruso. E o profesor de ruso. Non dun xeito romántico, entendédeme ben. Pero é que é unha das persoas máis raras (boas) que coñecín na miña vida. É absolutamente xenial: divertido, xeneroso, honesto e freak.

Encantaríame mandarvos pedaciños das conversas que me rodean na Academia. Algún comentario machista que deixa polas nubes ao xa mítico lo-miraaaaamos de xornalismo. Antonte case me vai mal da mala hostia que me subiu polas cóstas co comentario dun profesor. E coa resposta das mulleres que me rodeaban. Tamén vos mandaría algunha conversa interesante. E algunha información previlegiada. Non sei. Ás veces penso que todo isto sería moito mellor se tivese xeito de compartilo.

Levo dez horas e cuarto neste edificio. Must go.

12 Jan 2006

Estou viva

Working Girl

Non sei por canto tempo, pero de momento parece que respiro. Escríbovos dende un ciber da capital do imperio. Xa teño a miña roupiña, os meus libros, a miña vaquiña cooperante (xa vola presentarei) e a Mariña perfectamente instalados no meu futuro fogar. Eu, sen embargo, durmirei unhas noites máis na de miña tía mentres non me traian a cama que comprei a principios de semana. Non teño (nin terei) internet na casa, pero a Academia ten unha conexión wifi de-la-hostia da que poderei facer uso en canto miña irmá me mande a tarxetiña que deixei (son así, un encantador desastre) en lucus. Mentres, fago uso do típico locutorio internacional que ten os grandes éxitos de Shakira a todo trapo.
A vida urbana segue gustándome tanto como antes. Nada. Erguerse cando aínda non puxeron as rúas, miniducha, café rápido, carreira cara ó metro, ser incapaz de meterte no primeiro que pasa, loitar (xa picada) para entrar no seguinte, sardiñas en lata, paseo tranquilo ata a Academia, café de máquina (nada que ver coa da facultade vella de Santiago... nin co café), o máster...
O máster merece un post propio, pero adiantareivos un par de detalles: non podemos levar calzado deportivo nin camisetas nin nada que non levara Sigourney Waver naquel flin mítico e non somos estudiantes senón "ejecutivos en proceso de formación y selección".
Tela.

5 Jan 2006

Marinha en Viveiro
Corre, dijo la tortuga,
atrévete, dijo el cobarde,
estoy de vuelta, dijo un tipo
que nunca fue a ninguna parte

Preséntovos a Mariña. Quen nos xuntou di que nos parecemos. Será polo das cores ou polo de andar coa casa ás costas?

4 Jan 2006

Metro Madrid

Sumo despedidas. Algunhas, quizais por ser as primeiras, fixéronseme algo máis costa arriba. Outras, varias veces repetidas, teñen un tinte de irrealidade que desconcerta. Unhas e outras vanme achegando á nova realidade. Bótolle un ollo a aquela guía que comprara (vai ti saber por que) nunha librería de segunda mau despois da última proba de acceso. Investigo en internet os prezos das habitacións en alquiler. Trazo rutas hipotéticas dende cada unha delas ata o máster. Mando o meu currículo a FNAC. Estreo a axenda que me regalou a doutora Fleishman nos meus 26 anotando aniversarios, algunhas datas importantes, teléfonos aos que recurrir cando me sinta soa na capital do imperio... E comezo (como xa fixera en Barcelona) a devecer polas visitas. Decídeme que viredes.
Teño que recuperar a Cortázar.

2 Jan 2006

A vida ten os seus ritmos (II)

Edith S. Watson

E á miña parece que lle proen os nove meses de monotonía. Unha vez máis, mudo de casa de coche de traballo de amigos de pel. O caso é que levo catro reconstruccións vitais consecutivas e cada vez custa máis tirar os muros vellos para deixarlles sitio aos novos. Sei que vou estar ben, que vou ser feliz (sempre o son), pero (por primeira vez na miña vida) témolle á soidade...
E a equivocarme de camiño.
Ao final non sei se non quererei un GPS.

Regálovos...

...a miña felicitación de aninovo favorita. É de Isus e di así:

felicitación jesús
E ti, queres un GPS para o 2006?
Ou prefires camiñar sen rumbo?
Saúde e sorte

27 Dec 2005

Connecting people

Gracias. Son Feliz. Tantos meses limitada na miña sociabilidade por eses que pagan as facturas e agora que me vou descubro o paraíso...

23 Dec 2005

Gelo, unha foto de lua.weblog.com.pt

- un blog? e eso que ven sendo?
- pois... como unha páxina gué na que vas escribindo, agora tamén podes poñer fo...
- escribindo? escribindo que?
- non sei, o que queiras
- e para que?
- para nada
- eu non entendo moi ben a filosofía deso
- é que non a ten, polo menos o meu
- pero logo por que o fas?
- ...

¿Opinar sobre que? ¿Para que? ¿A quen lle importa no fondo? Esto non deixa de ser un pozo profundo de onde saen voces case inaudibles.

El Blog apareció en el Internet con esta cosa de la modernidad. Es como un diario sin tapas de ositos ni candadito de latón, porque aquí la gracia es que los demás, usted y yo, por ejemplo, lo lean.

Cada día. Todos os días. O primeiro que fago, ao chegar ao traballo, é abrir (nesta orde) os blós de María, Dot e Nadador. Despois, miro no haloscan se hai comentarios neste. Abro o correo do traballo. Abro o de Marinha e o de Aquí. Comprobo as mensaxes no teléfono. Reviso os meus correos persoais. Bótolle un ollo á Voz. Abro o de Boris. E, se vexo que tal, pecho o explorer e póñome a traballar.

Non sei por que. Pero tampouco vexo por que non. Como a maioría das cousas na vida (por non dicir todas) tén sentido mentres te faga feliz. Aqui e agora. A cuestión está en non aguantar, nunca aguantar. Odio esa palabra. Será que non teño aguante ningún. Xa mo teñen dito nalgunha ocasión.

22 Dec 2005

I will, bogie... I will

Bacall e Bogart en The big sleep

"Sabes que lle dicía Humphrey Bogart a Lauren Bacall en El sueño eterno?", preguntoulle o cínico veterano á inxenua novata, a modo de despedida.
"Sei", contestou ela, forzando un chisco o candor... "Sei".

21 Dec 2005

Aí vos vai un pouco de xornalismo de servicios:
Saíron as opos da CRTVG (mítico chupito compostelano: cointreau, ron, tequila, vodka e gin... que tempos, cando eramos novos e tiñamos estómago). Hai para todos, oigan. 39 categorías!
Recibo, como muller xornalista que son, esta convocatoria.

Engádega.- Chega á redacción unha carta de brétemas informándonos destas 1, 2 e 3 outras.
Un lector ilustre deste humilde recuncho abriu blog propio.
Benvido Pinacle. Lémonos.

19 Dec 2005

Metabloguear...

...é o puto peor. Efectivamente. Ascárida dixit e o núcleo duro (ejem) da Blogaliza asentiuxit. Por iso eu hoxe me vou dar ao metabloggeo compulsivo. Porque, eu, amighiños e amighiñas son o puto peor, como demostra o feito de que teña menos cociente intelectual que Alonso Caparrós.
En fin, eu non teño fotos para os curiosos, así que só me queda dicir que a xantanza me permitiu poñerlles cara a algúns dos meus gurús blogueiros de ayerhoymañanaysiempre. Namoradirma me declaro da alegría contaxiosa de Ascárida, da sabedoría de Pawley, do asentaso hospitalario de Paleón (heille ir tomar unha a súa nai en canto atope unha saia escocesa), de Opaco (ese gurú tecnolóxico) and family, da mirada enxeñosa de Dorfun (que, uno e trino co Homedareira e co Subcomediante H, descolocou un pouco ao meu eu máis acobardado) e da serena beleza de Dot (con quen me tería gustado falar algo máis). Con Cesare non intercambiei palabra (sinaláronmo na distancia), a María xa a tiña re-coñecida e ao resto, sédeme indulxentes, apenas lles coñecía o ciber-recuncho. Amenizáronme o xantar as anécdotas de Xosé Antón, de O’Xirarei e de Oko (nada cambia baixo a choiva no universo pousa-soengas-les) e unha conversa a mui altirmo nivel poetástrico entre Folerpa e Ohqtordv (que nos permitiu a Diefer Casan e máis a min, sr. friki corríxame se me equivoco, compartir un fermoso momento outsider perante unha fonte de churrasco). Na era post licorka, houbo metablogueo colectivo con ascárida como moderadora (para cando a banda de musa?) e parece que concluimos que somos xa unha chea de vacas no blogmillo, que a lingua é (o único) que nos distingue dos demáis e que iso, amighos e amighas, non é bon. Necesitamos, segundo parece, blogueiros de dereitas (en galego) e un algo de mala baba. Tamén se falou muito da agria polémica e dos totems deso que chaman blogsfera. Na miña humilde opinión, mala baba xa temos dabondo e diferencias ideolóxicas nunca faltan. Alomenos a min. O malo é que para converterse en polemista virtual hai que ser un xenio ou un imbécil. Eu paso.
Polo demáis, conto xa as horas para a próxima xantanza. Gracias a todos e todas por ser tan riquiños e tan frikis e gracias a ifrit, que o traballo de organizador non é nada agradecido e está mui mal pagado.

14 Dec 2005

Japi berdei tu mi

oui cest moi
xa sei que estou algo pesadiña cos reflexos.
esta é a derradeira, prometido.

Un ano máis. Hai moito tempo que deixei de esperar a santa lucía con ansiosa ilusión. Sen embargo, segue sendo un día especial, como findano, no que lle deixo os mandos a esa eu que o mira todo e o conta todo e o remira todo e o reconta todo... Gracias polas mensaxes e as chamadas e por acabarme coa batería do móbil (disque é un bo sinal superar as expectativas que ten a tecnoloxía sobre a nosa vida social), o meu eu recontador tomou nota e fíxome saber que non hai maneira de sacarlles déficit vital a estes 26 anos.

P.D. Hai un home que pide á porta da delegación. Nunca lle din nada (o da esmola é outro tema e debe ser tratado noutro momento), pero sempre me saúda cun sorriso. Acábame de subir unha cocacola. "No se me ocurrió nada mejor", dixo, "las flores de pascua estaban acabadas".

8 Dec 2005

muá en viveiro

The more you see, the more I hide,
The more I show, the more I lie.
But I´m twisted and sick, so that's fine with me

6 Dec 2005

E así quedou todo...

Anxo

Tamén o veredes na Voz e no País do domingo (que obviamente non sei linkar).
Before Sunrise

Jesse: Do you believe in reincarnation?
Celine: Yeah. Yeah, it's interesting.
Jesse: Yeah, right. Well, most people, you know, a lot of people talk about past lives and things like that, you know? And even if they don't believe it in some specific way, you know, people have some kind of notion of an eternal soul, right?
Celine: Yeah.
Jesse: OK, well this was my thought: 50,000 years ago, there are not even a million people on the planet. 10,000 years ago, there's, like, two million people on the planet. Now there's between five and six billion people on the planet, right? Now, if we all have our own, like, individual, unique soul, right, where do they all come from? You know, are modern souls only a fraction of the original souls? 'Cause if they are, that represents a 5,000 to 1 split of each soul in the last 50,000 years, which is, like, a blip in the Earth's time. You know, so at best we're like these tiny fractions of people, you know, walking... I mean, is that why we're so scattered? You know, is that why we're all so specialized?
Celine: I don't know. Wait a minute, I'm not sure... I don't...
Jesse: Yeah, hang on, hang on. It's a, it's a totally scattered thought. It... which is kind of why it makes sense.


Before Sunset

Jesse: Maybe what I'm saying is, is the world might be evolving the way a person evolves. Right? Like, I mean, me for example. Am I getting worse? Am I improving? I don't know. When I was younger, I was healthier, but I was, uh, whacked with insecurity, you know? Now I'm older and my problems are deeper, but I'm more equipped to handle them.

Tedes que velas.

5 Dec 2005

Eí vou

the ocean of a fountain
the ocean of a fountain,
originally uploaded by Isus.
Pois si, amiguiños e amiguiñas. Parece que me vou. Seis meses á capital do imperio. E despois, que sexa o que eu queira. Gracias polos consellos, polos ánimos, polas palabras fermosas (que o son moito máis por vir de quen veñen)... non estiven á altura das circunstancias e deixei moitas mensaxes sen responder. A única excusa que teño é inexcusable, enchínme como unha prea para ver se os efluvios alcólicos me axudaban a atopabar o camiño. Evidentemente, non foi así. Ao que si me axudaron foi a rirme das miñas angoxas, a coñecer xente, a exaltar amistades e a expresar en voz alta o moito que desexo ser quen de atopar no océano da fonte persoas tan especiais como as que me agardan na beira.

2 Dec 2005

Te voy decir cuatro cosas

"Life is what happens to you
while you're busy making other plans"

Foto de Michael Heissner portada de
"A todo non se pode andar"

Three vegetables, de Cunningham
"Para estar tranquila del todo,
es mejor que no hagas nada"

Fake Flaming June
"Happiness, to some, elation;
Is, to others, mere stagnation.
Days of passive somnolence,
At its wildest, indolence.
Hours of empty quietness,
No delight, and no distress".

28 Nov 2005

Ensaio sobre os paxaros carpinteiros

Sinto non escribir. Podería facelo. Estou todo o día sentada diante dun ordenador. Conectado a internet. Con frecuencia incluso teño o blogger aberto. Será a nova versión do folio en branco. Ou será que estou tan confundida que non sabería que contarvos. O venres diranme se entro ou non entro na academia. Non sei que pasará e non sei que quero que pase. Sexa o que sexa, sei que haberá días nos que lamente ter seguido o camiño equivocado.

19 Nov 2005

jmb renova a miña capacidade flipatoria introducíndome nun mundo que nin entendo nin aspiro a entender. Pero, como diría Jack o destripador, vaiamos por partes. Hai un cachiño atopei este comentario no haloscan:
No me sorprendo nada de las palabras de mi jefe porque la verdad es un poco animal pero no es mala persona.También es cierto que las conversaciones informales que has tenido con él no deberías haberlas colocado en internet. saludos

Escribín unha resposta rápida, irreflexiva:
mmm... se é un animal non será nin boa ni mala persona...

Pero despois penseime máis. Iso é o que distingue o eu real do eu virtual, supoño. Que (ás veces) penso as cousas antes de premer publicar. Así que cambiei a miña resposta por:
non sei, supoño que haberá situacións vitais nas que as lindes do correcto e do normal se difuminan. non me gusta xulgar as circunstancias alleas, pero ese señor ocupa un cargo moi concreto que fai que a súa maneira de ver o mundo afecte de xeito máis ou menos directo a moita xente. non só ás persoas que traballan ás súas ordes, que tamén. senón, sobre todo, a esas mulleres do rural galego cuxa seguridade depende en derradeira instancia dun tipo que resume a súa existencia nun estar ou non estar coas cabras no monte. tanta ignorancia máncame.

Pero tampouco me convencía. Engadinlle:
ah, e non foi unha conversa informal. foi unha visita formal solicitada formalmente ao subdelegado de goberno para presentar formalmente unha batería de preguntas cuxas respostas esperabamos recibir formalmente nalgún momento.
obviamente, aínda estamos esperando.

Xa me estaba xustificando. E aínda así non me gustaba a resposta. Pensei ignorar o comentario, pero tampouco quería agocharme. Que sentido tería agocharse? Au contraire, pensei eu toda estupenda e toda políglota, vou expoñer ata os detalles máis insignificantes, ata os ciclos de tecleo compulsivo, dúbida, delete compulsivo, dúbida... Porque a cuestión non é se eu respecto ou non a postura de jmb con respecto ao seu xefe. Porque non sei se admirar esa crítica sutil, case paternalista, que (vendo o foro da Unión de Oficiais intúo) pode ser un signo de valentía pero que tamén é claramente insuficiente. Porque a cuestión é, simplemente, que tío o que está ao mando da garda civil na provincia de Lugo é un machista e un retrógrado cunhas ideas incompatibles co exercicio das súas obrigas. E punto.

17 Nov 2005

Vale

The Ten Commandments 5 (1985)

Que si. Tedes razón. Débome ao meu público. Que será pouco, pero dende logo é do mellorciño. Recibo un fermoso mail ao respecto e cotilleando nas estatísticas de visitas comprobo que seguides aí, aínda cando non estou nin eu. E resulta emocionante e devólveme as ganas de postear. Que as tiña algo baixas. Qué cousas:

1) Onte chamáronme do diario de lugo y su provincia e comunicáronme que contan comigo, que cumpren o prometido, que me chaman fijofijofijo antes de fin de mes (4 semanas despois do prometido) para firmar o contrato, que en principio estou destinada a Viveiro e que as condicións económicas seguen sendo as pactadas (menos mal... ou menos ben, quen sabe). Eu estou desencantada mil coa idea, pero la pela es la pela.

1.1) Hoxe non era o mellor día para atopar esta xoia, pero xa sabedes que a vida ten os seus propios ritmos.

1.2) Baidegüei e por se alguén está interesado, creo que hai un par de vacantes na sede central de Valado City.

2) As vacaciós non remuneradas deixáronme, ademáis de melancólica, bastante máis pobre e algo máis lida. Só me atrevo a recomendarvos a Sánchez Piñol, fixen unha maratón con La pell freda e Pandora al Congo para ver se non olvidara completamente o catalán e resultaron ser do mellorciño que caeu nas miñas mans nos últimos tempos. Ah, e ao final na capital do imperio non me deu tempo a ir ao cine, pero si puiden ver un par de exposicións xeniais:

2.1) Plagiarismo, en La casa encendida, divertiume, sorprendeume, tróixome á cabeza aqueloutra que tanto me gustara noutro tempo, noutro lugar, e descubriume un mundo novo... o dos fanfics. But that is another story and should be told another time...

2.2) A Obra completa sobre papel de Keith Haring da Fundación Canal recordoume qué significa eso da arte. Para que vale. E para que non.

3) Da tele mellor nin falemos. Para que eu renegue dela, debe estar atravesando unha situación realmente crítica.

4) Na blogsfera anda o tema moi animado. A asunto moi interesante. Xa descarguei a primeira obra, pero aínda non me deu tempo a lela. Por certo, vexo o envite e bótolle dous máis.

16 Nov 2005

Aquelo dos tempos vitais...

Gato Antento, de novo de Cartier-Bresson

...dá noxo. Xa estou de volta, pero ando algo escondida. En parte porque non tiña internete a man e en parte porque non estou con ánimos. Necesito que pase algo, que a miña vida volva coller algo de velocidade e que a dobre sesión de Gilmore Girls deixe de ser o máis emocionante dos meus días. Síntome como se estivese perdendo o tempo, esperando un tren que nunca chegará.

3 Nov 2005

Cousas que facer en Madrid

Henri Cartier-Bresson fotografou Madrid o 1933

Regálome seis días das miñas vacacións non remuneradas na capital do imperio. Marcho mañá no Alsa das doce (ese vello coñecido) e, en principio, volvo o xoves ás dúas en vión. Sábado e domingo, consello xeral federal ata que o corpo aguante. Despois, tres días de urbe para min soiña ata a entrevista do xoves a primeira hora. Tiña pensado ir ver El método e/ou Broken Flowers e/ou Tim Burton`s corpse bride e/ou The secret life of words e/ou Princesas. Quédaseme algunha? E/ou algo desto. E/ou desto. Visitar El Prado, o Reina Sofía, esto e/ou esto. Quizais esto. Fixádevos que cosmopolita e que guai. Gastar cantidades indecentes de cartos aquí e/ou aquí. Rebuscar por aq...
Admítense suxerencias.

Kafka...

...era un tío moi listo. Raro pero listo, se é que estos termos se contradin. Ó mellor é por iso que agora utilizamos o seu nome para referirnos a un proceso xudicial no que unha desas persoas que cambia o mundo se ten que sentar no banquiño dos acusados por presentarse nunha inauguración oficial cunha carauta de porquiño, un cartel de Adeus ás armas e, atención, unha mochila. Póñase un til de gravidade máxima no feito de que alguén coa cara tapada levase unha mochila a uns 100 metros de Manuel Fraga Iribarne e minimícese o feito de que ao ex-presidente non lle agradasen moito as críticas.

anxo moure

Nun principio acusárano de atentando. Despois apareceu un vídeo da tele local no que as mentiras das forzas e corpos de seguridade resultaban tan evidentirmas que tiveron que rebaixa-los cargos ao de resistencia. Onte o fiscal xa falou de faltas máis ca de delictos, ao tempo que tentaba restarlle fiabilidade ao vídeo asegurando que había un corte sospeitoso... Foi a primeira vez que asistín a un xuízo e, sinceramente, non me ofreceu a máis mínima confianza no sistema. Será o menos malo, pero evidentemente non é bo.

Dúas das testemuñas da defensa foron un cámara e unha xornalista. O papel dos medios neste caso é tan trascendente que me intrigou como tratarían o xuízo. Non o vín na tele. Non o oín na radio. En El País, Xosé Hermida exhibe impudicamente a súa liberdade titulando El fiscal pide un año de cárcel para un pacifista que protestó en un acto de Fraga, mentres que en La Voz e El diario de Lugo y su provincia non están tan estupendos. Recordemos que a culpa non é de quen as escribe. Dígoo porque o sei.