10 Oct 2004


Ó final, debeu ser outra vez o de cuspir para ariba, acabo pasando a noite do sábado na casiña, tapada ata as orellas, acatarrada perdida, automedicándome como (non) é debido e con un par de remedios caseiros para a dor de garganta na recámara. Xa dicía eu que a supervivencia ía ser complicada. Hai máis dunha semana que non me deito antes das seis da mañá, así que son incapaz de durmir en horario decente e acabo buscando refuxio na rede, onde atopo esta curiosidade:

Page 23, sentence 5 meme

1. Grab the nearest book.
2. Open the book to page 23.
3. Find the fifth sentence.
4. Post the text of the sentence in your journal along with these instructions.

A miña meme: Era su única seguridad, porque todo el resto no se podía siquiera pensar.

Pertence a Los relatos, 1. RITOS de Julio Cortázar (Alianza Editorial, 1999). Compreino (xunto con Rayuela e mailos outros 3 da colección de relatos: Juegos, Pasajes e Ahí y ahora) nun ataque de Cortazitis aguda que me deu hai un par de anos en Lugo e que me agravaron as horas pasadas no metro de Barcelona. Os relatos de Cortázar son para min a pura esencia da vida urbana e tentei honralos lendoos a pedazos nas idas e nas vidas da cotidianeidade barcelonesa. Quizais por iso agora os teño exiliados no cuarto do ordenador... non sei que impacto me causaría re-lelos a estas alturas. E tampouco teño ganas de comprobalo.

Deixades as vosas memes?

No comments:

Post a Comment