14 Oct 2004


Mañá ás catro é media parto cara á Capital del Reino. Que emocionada estou. Aí vai a miña lista de must do (se tedes algo que engadir, falade agora; se non, calade para sempre):
  • aprender cienes y cienes de cousas (estou segura)
  • coñecer xente interesante (quen me dera)
  • alimeta-lo corpo (fixo) e a alma (un domingo pola mañá... ás veces son graciosa e todo)
  • darlle o meu sentido pésame polo que a elite cultural española está a facer con el. Co ben que eu lle quero dende que se amosara tan receptivo coa beleza Espiche (años ha).
O único que me fastidia é non poder ir botar un ollo ó colexio de xornalistas, para comprobar que fan cando parece que fan algo. Como di meu pai, non se pode andar a todo.

No comments:

Post a Comment