Manuel O'Rivas: Un país a medias.

Cando un galego se sente mal a expresión que adoita utilizar é a de "estou medio escarallado". Iso non significa que ande regular senón que está mal, moi mal, escaralladísimo. Cando está "medio peneque" é que non se ten. É o que chamariamos un medio superlativo. O mesmo sucede cando un galego di de alguén que é "medio parvo". Equivale a un parvo e medio, a unha mestura de lapabroas e paspán. É dicir, a un mediocre. Por exemplo, cando un galego di "O Bush é medio parvo" o que está a dicir é "O Bush é medio Aznar" (Saíume medio chiste).
Unha sempre pode contar con atopar xenialidades coma esta nos libros de MR, incluso nos "medio regulares"...
No comments:
Post a Comment