26 Nov 2010

As regras do xogo

1. Non se admitirán listas cun único elemento
2. Non se admitirán presións ou agasallos con intención de influir nos participantes
3. Os participantes, de mutuo acordo, poderán decidir a suspensión temporal dalgunha destas regras

Nuestro carácter es nuestro destino

Character is fate.

A cita de Heráclito estará masticadísima, como di Lector Malherido, pero eu non a coñecía. Podería tatuala na caluga.

24 Nov 2010

Super fotón

Todos somos actores porno.

O do reloxo

Atopámonos na barra do Ultra. Mírame aos ollos e vexo un reflexo de intimidade compartida. Sorrí. Sonia? Sorrío. Como podes recordar como me chamo? Pon unha cara moi seria, como de concentración... e despois ri. Vale, chámaste igual que miña irmá. Eu tamén me río. Chámome igual que todas as irmás da miña xeración.
-Así que ti non tes nin idea de que son...
-Claro que sei quen es, o que non sei é como te chamas...
-E quen son?
-O do reloxo.
Mírame outra vez aos ollos e aquelas horas de intimidade compartida inúndanme como se foran anos. Como se este tipo bastante máis guapo e bastante máis pijo do que eu recordaba levara toda a vida ao meu lado. Como se o soubese todo de min. Pero non, claro. Non ten nin idea. E eu, por non saber, non sei nin como se chama. Quedamos calados, cun silenzo incómodo. En fin, teño que volver... estou cun amigo. Si, claro, eu tamén. Dámonos dous bicos algo aparatosos e volvo xunto a M. Como se non pasara nada.
Como se nunca pasara nada.

23 Nov 2010

Acumúlaseme o choio

Os tacóns son agora unha cousa importante, outra cousa importante é facer listas e que nunca o saiban.

16 Nov 2010

Outing XIV

Pregúntome se a orde na que me visto terá algún tipo de explicación simbólica. Se ocultarei antes o que máis quero protexer. Ou esconder.

Pregúntome en que orde vos vestiredes os demais.

3 Nov 2010

Gastar palavras

Penso (pensar nao consome as palavras) muitas coisas assim. E tenho pena de nao poder falar disto a ninguém, nao ter as palavras necessárias em mim. Sinto-me deficiente: nasci com défice de palavras.

Nao percebo para que estou a gastá-las contigo.
__
* Gastar palavras é o libro co que Paulo Kellerman gañou o premio Camilo Castelo Branco.

30 Oct 2010

Supercrisis

Tengo por fin un numero de plaquetas elevado. Para celebralo mi oncologo y yo decidimos envenenar mi sangre y matarlas a todas.

___
*Cheguei a Supercrisis da man de Lector Malherido, que dixo del que "en este otro blog se destila más ternura, más vida, más cojones, más socialismo, más dolor real por la vida que en todos los artículos de domingo del año". E eu estou dacordo.

26 Oct 2010

Cuestión de carácter



Xenio nervio temperamento forza firmeza tenacidade vontade empuxe potencia valentía. O que máis admiro nas mulleres da miña familia é o caracter. Medrei confiando en que dentro de min había algo diso, que mesturada coa melancolía viña parte desa enerxía... e así levo toda a vida, tirando dese stock xenético. Parece infinito. Pero supoño que non o é. De feito, ás veces, dame medo malgastalo. Desperdiciar esa forza tirando de carros alleos cheos de persoas moles. Dame moito medo pensar que pode chegar un día no que sinta que non dou máis. Que se acabou. E dame máis medo aínda darme conta de que ese día necesitarei que alguén tire de min. Necesitarei que alguén teza para min unha nova capa de invulnerabilidade. E pode que ese alguén non exista, ou que eu non fora capaz de atopalo, porque estaba demasiado ocupada desperdiciando a miña enerxía en discusións estériles con mediocres ben situados.

24 Oct 2010

Prematuro

O seu único fillo pegouse un tiro aos 37 anos. A noite do día que o enterraron botaron na tele un documental sobre nenos moi prematuros que sobreviven de milagre. Vírono sentados cada un nunha esquina do sofá. En silencio.

22 Oct 2010

Manual de Masoquistas

Hai quen persegue durante unha vida o reflexo que se tivo e hai quen desprecia buscar e se deposita na auga e fai dos seus ollos unha superficie de limo.
___
*Antón Lopo está a piques de presentar Obediencia. A cita é doutro libro seu, de título glorioso: Manual de masoquistas (autoedición, 1990).

14 Oct 2010

Bailamos



Toda a noite. Bailamos cada un de nós para unha persoa concreta. No mellor dos casos, esa persoa está mirando. No peor, non existe.

11 Oct 2010

La sombra del éxtasis



Yo creo que todos los escritores, incluso los más mediocres, los más falsos, los peores escritores del mundo, han sentido durante un segundo la sombra de ese éxtasis.

Sin duda, el éxtasis no lo han sentido.

El éxtasis, tal cual, quema.

___
*Non me gusta nada Cristián Warnken, pero mola escuitar a Bolaño falar de literatura, de éxtases, de lumes que consumen e das vidas covardes dos que non se deixan consumir.

1 Oct 2010

Gramática de la fantasía

Los cuentos sirven a las matemáticas, así como las matemáticas sirven a los cuentos. Sirven a la poesía, a la música, a la utopía, a la labor política: en definitiva, al hombre entero y no sólo al que crea fantasías. Sirven precisamente porque, en apariencia, no sirven para nada: como la poesía y la música, como el teatro y el deporte (si no se convierten en un negocio).

(...)

Ha de ser una ley: no hay creación auténtica sin cierta ambigüedad.

___
*Gramática de la fantasía: introducción al arte de inventar historias, de Gianni Rodari. Eu teño o de booket, traducido por Mario Merlino, pero na rede só encontrei esta tradución de Roberto Vicente Raschella. Non sei que tal estará. O libro é un must

30 Sept 2010

Renuncia

En este sencillo acto, entonces, y ante la aterradora mirada de Cristina, mi mujer, que es catalana y no entiende de gestas y epopeyas, renuncio a todo lo molesto y a todo lo incordioso y a todo lo burocrático y a todo lo extremadamente sigloveinte de mi oficio. Le digo chau, feliz de la vida y sin rencor, a los intermediarios que me obstaculizan la charla con los lectores. Chau publicidad, que te recorta la palabra; hasta nunca burocracia, que te distribuye mal y pronto; adiós y buena suerte ideología, que te despierta por la noche.

—También dile adiós a la seguridad social y a que nos entre un duro en el banco —me interrumpe Cristina—, saluda de nuestra parte a la universidad de la Nina, despídete de comprarnos una casa y dejar de ser inquilinos, dile adiós a hacerte el tratamiento de conducto cuando se te caigan los dientes de tanto cenar las sobras… Que lo sepas, que yo cojo una maleta y me marcho, si sigues con esa idea de Cuba a cuatro pesos. ¿Qué se te ha perdido a ti en Cuba? Tú y el imbécil de tu amigo. Que desde que llegó os creéis Batman y Robin…

—¡Silencio, mujer! ¡Con tus gritos nadie puede ser anarquista en esta casa!

___
*Hernán Casciari renuncia á escritura por conta allea e ás súas desgrazas con este post e eu, léndoo, síntome máis Cristina que anarquista. Espero que iso non me convirta nunha desas persoas que renunciaron a renunciar.

22 Sept 2010

La voz global

Ella, que ha sido la primera escriba elegida democráticamente. Autora de las primeras palabras que escuchamos y del último aliento que recibimos todos los seres humanos del planeta. Ella, propietaria última de la Identidad y de la Historia, se enfrenta ahora a un proceso judicial por abuso de confianza pública que mantiene a nuestra sociedad perpleja y desorientada. Es preciso recuperar el control, para lo que proponemos diseñar una escriba androide que no rinda cuentas más que a la Verdad. Es urgente. No quedan ya personas que hayan oído palabras que Ella no haya pronunciado y apenas conservamos algunos restos de lo que hasta hoy conocíamos como Mentira y que a la luz de los últimos descubrimientos en el pasado podría haberse llamado Literatura.
___
*Non conseguín o iFree Tablet. Non me extraña. O sorprendente é que vaia entrar na antoloxía, segundo me comunicaron nun correo... si que vai ser ampla. Aquí está.

15 Sept 2010

Asedio

Estou durmindo soa na casa dos meus pais. Esperto de madrugada, sobresaltada. Hai xente abaixo. Afino o oído. Voces masculinas descoñecidas discuten a operativa do roubo. Pensan que a casa está vacía. Un deles comeza a subir pola escaleira. Pecho a porta e arrastro o primeiro armario. Berran. Movo a cama. Petan na porta. O outro armario. Puta, sal daí. O escritorio. Como nos fagas entrar vai ser peor. Pego todos os mobles á porta e séntome no metro cadrado que queda libre, debaixo da velux. Tremendo de cansancio e de medo, doume conta de que estou illada. Os teléfonos quedaron do outro lado.

Cheira a fume.

Hai seis pisos de caída ata o río.

Canción de las simples cosas



Demorate aquí, en la luz mayor de este mediodía,
Donde encontrarás con el pan al sol la mesa servida

17 Aug 2010

Velocidade Alta



A aldea espertou un día e os prestidixitadores do progreso non estaban. Marcharan sen dar aviso, coas súas máquinas e coas súas présas, deixando tras de si unha presada de euros en expropiaciós e unha ferida sanguenta no medio e medio da terra dos comedores de chopos.

14 Aug 2010

Sun Bath



Beleza amor fillos estabilidade matrimonio aburrimento violencia liberdade traballo independencia enfermidade vellez morte paixón dor. Five women chatting about life on a quiet summer afternoon. Notas para unha peza teatral.

13 Aug 2010

Diary of Light



André Kertész foi un fotógrafo autodidacta que retratou a Hungría de primeiros de século, o París de entreguerras e o Nova York dos 30 aos 80. Ademais da marabilla sobre a lectura que descubrín hai pouco no reader de Orsinia, hai unha compilación das obras máis significativas de Kertész que se chama Diary of Light 1912-1985 (tédelo enteiriño aquí, pero non vos chivedes). Sillas baleiras, fiestras, sombras, reflexos... vexo as fotos que fixo este tipo hai case un século e recoñezo unha por unha todas as miñas obsesións. Boto contas e conclúo, outra vez, que nada do que eu vexo, do que eu sinto, do que eu penso, do que eu vivo, é novo. Que está todo dito.

E tampouco é que importe demasiado.

12 Aug 2010

Big Love



Mormon theology is a form of restorationism that shares a common set of beliefs with the rest of the Latter Day Saint movement, including use of the Bible, the Book of Mormon and Doctrine and Covenants. It also has a history of teaching eternal marriage, eternal progression, and plural marriage, although the Church of Jesus Christ of Latter-day Saints had abandoned the practice by the early 20th century. Under the doctrine of revelation, Latter-day Saints believe that Jesus leads the church by revealing his will to the President of the Church, whom they sustain as a modern-day prophet, seer, and revelator. Individual members are expected to receive personal revelation from God for specifics in conducting their lives.
___
*Acabo de ver as tres primeiras tempadas de Big Love (máis info, na HBO e na wikipedia) e non sei. Si, pero non. Aprender algo máis sobre os mormóns é interesante e algunhas personaxes molan, pero bótase en falta algunha dobrez, algunha evolución. Ao final parece unha espiral, dando voltas sobre o mesmo ata o infinito. Non sei se seguir coa cuarta, faise algo aburrida.

3 Aug 2010

Post-it

Aproveito que un dos meus inventos favoritos está de aniversario para limpar a carpeta de post que nunca publicarei. Selecciono 30, escríboos en cadanseu cadradiño amarelo e seméntoos pola cidade adiante. No camiño de volta, sinto que a xente me mira raro. Supoño que os sorprenderán as miñas alancadas de astronauta.

26 Jul 2010

ἀφορισμός XII: Silencio

O silencio é atractivo porque se deixa encher coas palabras que queremos escuitar.
O silencio é decepcionante porque ao rompelo vemos que dentro non había nada máis ca inseguridades.

21 Jul 2010

O culeiro

Botamos o verán na aldea, coidando da abuela Josefa, que xa está mui maliña. Non quere comer nin beber nin durmir. Laia, día e noite, e berra nomes descoñecidos que xa non olvidarei nunca máis. Os pequenos durmimos nos cuartos da cuchiqueira, porque son os máis alonxados, e eu soño o mesmo todas as noites. Todas. Soño que esperto a media mañá eu soa na casa grande da aldea. No piso non hai ninguén. Nin a abuela, nin os seus lamentos. Na cociña non hai traza nin do almorzo nin do xantar. Non se escuitan os ruídos das vacas no establo. Dáme algo de medo. Saio á aira e vexo un culeiro negro debaixo da cerdeira. Acércome despaciño. Cando chego á sombra da árbore, vexo que dentro do culeiro hai unha persoa cortada en pedaciños. Son unhes cachos minúsculos, irrecoñecibles, pero eu sei que é papá. Esperto angustiada. Non podo respirar.

20 Jul 2010

The Wire



The Wire é como esas novelazas de mil millóns de páxinas que todo o mundo che recomenda. Parece que dá pereza poñerse, porque son tan longas, esixen tanta concentración e iso de obra mestra bota tanto para atrás... pero, despois, un día calquera, poste. E pouco a pouco, como quen non quere a cousa, vaste metendo na historia. Faiche gracia. É intelixente. Adoras algunhas personaxes. Odias outras. Non sabes por onde lles dá o aire á maioría. Confías nas normas: os bos gañan e os malos perden. É cuestión de paciencia. Ou non. Déixaste sorprender. Ris. Choras. Enfádaste. E, de repente, daste conta de que mil millóns de páxinas non chegan a nada. Daste conta de que as cousas que non esixen concentración tampouco poñen nin quitan. E daste conta, sobre todo, do orfa que vas quedar cando acabes esta fucking obra mestra.

Acabo de papar 60 horas de televisión sen respirar e estou conmocionada. Non sei que hostia vou ver (ou ler) agora. Non vai ser fácil atopar algo que estea á altura.

15 Jul 2010

Outing XIII (bis)

Cousas que alimentan máis ca un bocata de xamón:
-Os petisuis
-A tensión sexual non resolta
-A mala hostia

Outing XIII

O que máis me activa na vida é a mala hostia. Dá algo de medo pensalo, pero é así.

13 Jul 2010

Amor y pedagogía

La razón de ser, en efecto, de la pajarita de papel es su perfección geométrica, perfección a la que todas ellas tienden, aunque no logren alcanzarla jamás. (...) Y aquí se nos presenta una interesantísima y muy sugestiva cuestión. Es, a saber, la de que lo que hace la individualidad de cada pajarita, lo que de las demás pajaritas de su tamaño la distingue es precisamente su imperfección.
___
*“Apuntes para un tratado de cocotología” é unha xoíña que ven como bonus track do Amor y Pedagogía de Miguel de Unamuno (1902, reeditado en 2001 por Alianza Editorial na colección El Libro de Bolsillo).

29 Jun 2010

Persecución

Soñas cunha persecución policial. Pensabas que ser a mala sería diferente. Máis reconfortante. Nas películas parecen mui seguros de si mesmos, pero tu tés medo e non che gusta conducir tan rápido. Rascas o R5 contra unha ringleira de coches aparcados e contra un par de esquinas, antes de meterte nun calexón sen saída. Merda. Saes do coche e entras nun edificio en construción. Acércanse muito. Subes correndo polas rampas das escaleiras. Vante coller. Estás cansa e agobiada. Tropezas contigo mesma e caes polo burato do ascensor. Caes caes caes caes ata que ves un cable pelado e pensas que é a túa oportunidade de frear esta caída infinita. Agárralo coas dúas mans, con toda a túa forza.
E espertas coa descarga eléctrica.

27 Jun 2010

Fuck



___
*Estame costando un mundo entender os diálogos de The Wire, teñen un montón de vocabulario específico. Je. É gloriosa.

Jeanne Moreau



___
*Como molaría ser Jeanne Moreau. Aínda que só fose un momentiño. Aínda que implicase pasear atormentada polas rúas de París. A escea pertence a Ascenseur pour l'échafaud, de Louis Malle.

26 Jun 2010

Fin de século en Palestina

El contaba esas desgrazas cun sorriso nos labios, como se fose unha broma, e iso, curiosamente, en vez de suavizalas, convertíaas en algo ben máis cruel.
___
*Miguel Anxo Murado tira de sentido do humor para contarnos o seu Fin de século en Palestina (Galaxia, 2009) e iso convirte os incidentes, por chamarlle á morte dalgunha maneira, en algo ben máis cruel.

25 Jun 2010

Escaleiras

Desde ben pequena, ás veces, soña con escaleiras mergulladas nun silencio que as envolve por completo. Por veces soña que sobe, outras que baixa ou senta nelas… e, as máis, que cae. Nestas últimas hai dous tipos de caída: a normal e a elegante, que consiste en baixar chanzo a chanzo lentamente ata darse de conta de que non hai máis e aínda así coloca o pé, sen medo, na completa escuridade. A semana pasada soñou que subía as escaleiras de costas, cunha soltura que marabillaba. Días despois de darlle voltas ao asunto, recordou ter lido algo de Cortázar ao respecto.
___
*H. acaba de abrir caderno en internete. Chámase Xambreadeira e xa conta cunha leal seguidora.

22 Jun 2010

Summertime (VI): One of these mornings



But till that morning
There’s a nothin’ can harm you
With daddy and mammy standin’ by


18 Jun 2010

Unha sala circular

Soñas que toda a xente que coñeces está reunida nunha sala enorme, circular. Míranse. Pasa o tempo. Pregúntanse que os unirá, porque estarán aí. Pasa máis tempo. Discuten rin comen beben bailan durmen. Pasa muito máis tempo. Fórmanse parellas de sexualidade dificilmente compatible, bizarras pero indestrutibles. Pasa todo o tempo do mundo. A vida. Ao principio, preocúpache que falen de ti, que descubran todas as incoherencias, todas as mentiras. Ao final, daste conta de non. De que o malo non é eso. O malo é que nunca se darán conta de que ti es o fío que as une, porque nunca ninguén se acordará de ti.

17 Jun 2010

Roxa

Nós, os netos dos caseiros, ilustrados e desclasados, que quixemos saltar da servidume á clase media sen pasar polo proletariado, do analfabetismo ao máster, da cultura do pobre pero honrado ao cinismo low cost, recordaremos por fin cal era o lugar que nos correspondía.
___
*Belén Regueira, en ANT. No sei se ela está especialmente lúcida ou eu ando moi necesitada de honestidade, pero xa é a segunda vez que noquea esta semana.

15 Jun 2010

Outing XII

Gustaríame ter unha tarxeta de visita que me definira con letras grandes e bonitas.

29 de xaneiro do 2002

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.


___
*Moi fálame de "29 de xaneiro do 2002", de Olga Novo, ao fío daqueloutro de Sofía Castañón, e non sei se serán o poema a primavera ou as circunstancias, pero o caso é que choro unha magdalena. Sería xenial poder reestructurarlles a osamenta co implante dunha canción anarquista. Sería o máximo. Pero non vai ser, claro, porque os versos alexandrinos e as cancións anarquistas non están para iso. Están para outra cousa, supoño. Só me falta descubrir para que.
**O poema pertence a
A Cousa Vermella (Espiral Maior, 2004) e, curiosamente, unha das primeiras referencias que atopei na rede foi a do blog de 23 Pandoras.

11 Jun 2010

Esta noite



Ouvín dicir que non ías andar máis por aquí
que querías voltar voltar voltar

pois non, meu irmán
foi simplemente
un momento de abatemento

pero xa tomei folgos...

___
*Alo Irmao gravouse hai un ano no Teatro Principal de Compostela. Nestes doce meses pasaron muitas cousas. Se cadra, demasiadas. Ao mellor, non as suficientes. Quen sabe. O que está claro é que
a miña debilidade por este proxecto sigue intacta, inmune a calquera momento de abatemento. Investigade no Spotify e, se vos gusta, aproveitade a oferta da toupa.

10 Jun 2010

Life Without the Web



Besides reading more, I am more productive when at my office. Letters get written, calls get returned, and reports get finished. I am drawing more. My days don't begin and end with me staring at my laptop. I don't constantly feel humiliated by my inability to refrain from compulsively checking my e-mail. I feel less anxious as I move through the day. A certain texture has returned to my life.

___
*O debuxante estadounidense leva dous meses desenchufado de internet (aquí, a historia en castelán. Eu vino nas lecturas compartidas por Grial). Non é un rollo rancio de desprezo polas bondades da rede. É que se sentía ansioso, dependente, tiña a sensación de que o tempo se lle escaba das mans máis rápido por culpa de internet e decidiu probar a desengancharse unha temporada. Recordoume canto me custou apagar o ordenador (e o móbil) antes de marchar para a India... e a pereza que daba alí ir ata o ciber ou chamar. É certo que estar de vacacións é outra historia, pero, en fin, algo de comportamento adictivo tamén hai. O que non está tan claro é que queira facer algo ao respecto.

7 Jun 2010

Ganga

O museo está case baleiro. Ámbar recende inxenuidade, "cres que me parezo a Nefertiti?" "Es máis fermosa." "Pregúntocho en serio, teño o seu perfil?" "Sabes que si." "Rose, ho, Rose, Rose, vida miña." Rose descúlpase, "un segundo, teño que ir ó váter" e Ámbar vai asexalo polos baixos da porta do váter: estase chutando. Anóxana os homes que non son amos do seu desexo, como ensina a lección inicial do catecismo da Comunidade: "A vida do individuo é a vida do seu desexo.".

___
*Lendo o Ganga de Antón Lopo (Xerais, 2001) dinme conta de que non coñezo ninguén da miña xeración que recoñeza terse chutado heroína. Ninguén. Nin os máis apaixoados defensores do consumo de drogas. Alcol, hachís, marihuana, éxtase, anfetamina, opio, cocaína ou calquera deterxente líquido destilado por un descoñecido nun alambique doméstico ofrécenos máis seguridade cá heroína, a droga maldita para os que medramos coa Operación Nécora atronando nos Telediarios. O chute de heroína é a representación simbólica da decadencia. O síntoma innegable de que non somos amos do nosos desexo.
**Parece que o domingo se cumpren dez anos da famosa operación policial. Manuel Jabois falaba hai pouco do tema e alguén subiu ao youtube aquel mítico Marea Blanca de Documentos TV.

Lugares Comunes



Fernando: Experiencia no implica conocimiento... Yo no sé nada de mujeres.

Tutti: Y eso es una mentira elegante... Un caballero no habla de ciertas cosas.

Fernando: Las pocas mujeres que conocí en mi vida, las admiré, las observé, intenté descifrarlas... Nunca dejaron de ser un misterio. Nunca dejaron de sorprenderme. Pero lo único importante es disfrutar de su presencia. No me di cuenta enseguida, pero... un tiempito después aprendí a escucharlas, a valorar los silencios, las miradas; esos momentos en los que parece que no pasa nada y pasa un mundo... Aprendí a respetar su intuición, su inteligencia... y aprendí a amarlas.

Tutti: Le quiero advertir que el nivel de mis defensas está bajando peligrosamente... No se pueden decir esas cosas así, como si nada.

__
*Aristarain sempre volve.

3 Jun 2010

2 Jun 2010

23 Pandoras

Nos heló la sangre descubrir
que la muerte habita ya en nosotros.
Antes fuimos niños.
Inconscientes, felices, tontorrones,
pensábamos que morir era cosa de otros.
Nos llegó el miedo.
Y un vértigo ciego nos mostró
una vida mecánica.
Y absurda.
Dolorosamente entendimos
el origen de todas las sombras.

___
*O poema é de Carmen Beltrán Falces e atopieno en 23 Pandoras (Baile del Sol, 2009), unha antoloxía de "poesía alternativa española" realizada por Vicente Muñoz Álvarez. Na selección hai tres galegas: Míriam Reyes, Déborah Vukusic (abella con orellas de lobo) e Begoña Paz (Se gañar é / dicir / a última / palabra / súa é. / Eu non a necesito. // Coa razón / bástame ). Tamén me gustaron Carmen Ruíz Fleta, que ten catro versos mortais: La mujer más fea del mundo / me hablaba de tratamientos faciales gratuitos / mietras ponía en mi mano un folleto / con la mujer más bella del mundo. Isabel Bono: antes de despedirse / a ella le hubiese gustado / que él preguntara / - ¿te has masturbado alguna vez / pensando en mi? // ella habría dicho / -esta noche / será la primera vez. Brenda Ascoz: si tú no existes, / tu soledad tampoco. Almudena Vidorreta Torres: "Tranquila, fiera, las hay más ridículas que tú". / Pero menos niñas. E, sobre todo, Sofía Castañón. "Agora escuende les manes" é do máis emocionante que lin en muito tempo, pero non volo podo estractar. Haino que ler enteiro (por exemplo, aquí). Paga a pena.

1 Jun 2010

Estás ben?

Durme un sono intranquilo nas escaleiras da igrexa que hai ao lado da miña casa, deitada de mala maneira sobre a barriga. Hai tempo que non a vía, non sabía que estaba embarazada. Cando paso ao seu lado levanta a cabeza, sorrí e estende a man. Non dá sostido a cabeza. Achégome a ela e pregúntolle: Estás ben? Levanta outra vez a cabeza, con bastante traballo, os segundos necesarios para mirarme aos ollos e escupirme. O cuspe engánchase aos vaqueros, á altura do muslo. Miro uns segundos para el e sigo andando. Esto pásame por facer preguntas ridículas. Cinco minutos máis tarde, sentada diante da lavadora, intento identificar o momento xusto no que a auga borra a tristeza a mala hostia a culpa. Esa culpa idiota que non serve para nada, nin sequera para facerme sentir mellor persoa.

31 May 2010

El factor A

“Gustar” es una cualidad pasiva, afecta a los demás, pero vive en el sujeto y en él la observamos. “Atraer” parece una fuerza magnética que a pesar de nacer en el sujeto se observa en el movimiento de los demás. Algo nos puede atraer, retenernos e incluso perdurar en nuestra memoria, aunque no nos guste en absoluto. Casi todo lo que nos atrae, nos gusta. Pero no necesariamente.
___
*POSTPUBLICIDAD. Reflexiones sobre una nueva cultura publicitaria, de Daniel Solana.

30 May 2010

Broken



House: Why did you kiss me?
Lydia: How many reasons are there? I like you. It felt like a nice way of showing you that.


___
*Din que non hai nada máis atractivo que a felicidade xenuína e, sen embargo, a algunhas persoas encántannos os seres tristes e escuros.
**O primeiro episodio da sexta temporada de House é a mellor película que vin en bastante tempo. E si, Lydia é Franka Potente.

26 May 2010

Outing XI

Gústame levar roupa doutra persoa e que o seu olor me sorprenda ao longo do día.
___
*Tamén me gustan as pequenas cousas que fan felices aos demais.

É o momento



Envío tres dos proxectos aos que máis horas lles dediquei nos últimos anos ao disco duro externo e gaño 40 Gb de espazo no ordenador. Mentres calculo a equivalencia cerebral deses gigas, chégame un aviso de Gmail: sobrepasei o espazo permitido, teño que soltar lastre. Dispóñome a descargar 7458 Mb de conversas proxectos textos fotos audios deseños probas. 25.000 correos. O proceso é máis lento do que pensaba. Dame tempo a albiscar títulos remitentes frases...

Remángome.

Toca limpeza xeral.

(o tema pinchouno Moi)