Hace siglos que quiero enviarte palomas de humo,
antes de que carcoma el invierno la culpa que asumo,
ten a bien recibir de mi parte un abrazo de amigo,
cuando estalle la guerra estaré en la trinchera contigo.
Que si, que si, que as viaxes que me estou pegando son incríbles, que botei todo o mes de decembro por aí de pendangueo, que estiven dez días sen cheirar un ordenador, que canto máis tempo pasa máis difícil é poñerse, que cada vez que o intentaba tropezaba co
to start with, pero... sexamos sinceros... non é por iso que escribín tan pouco os últimos meses. Non sei por que é e, se o soubese, tampouco empregaría este primeiro post explicándoo.
Deixémolo ir e concentrémonos nas pombas de fume que vos mandei dende o
parque forestal, en Bellas Artes, donde a mocidade santiaguina se reune para beber fumar falar comprar vender tocar escuitar actuar aplaudir; dende as
festas de expatriados, no alto dos edificios máis altos de Santiago, bebendo sangría e comendo paella a carón dunha piscina e dun jakuzzi, vivindo unha vida cómoda luxosa e allea; dende os
bares, cando me deixo levar con Adri pola morriña e polo pisco e acabo falando da névoa, da chuvia, do tute, do lume, da pedra, dos montes e do mar e, sobre todo, cando, en plena exaltación patriótica, descubrimos dous barbudos entre a multitude cos que compartimos unha mirada cómplice, "galegos?", "por suposto, como vós, va que si?", pois si; dende o
concerto de Sabina, o mesmo ao que fomos na Coruña, as mesmas cancións, a mesma posta en escea, outro público, outros compañeiros, outro mundo; dende o
cine, cando me aburro e me enfado e só ten sentido quedarse ata o final se estades despois para comenta
la; dende a
oficina, cando alucino con algúns titulares, coa información sobre a farándula, coas consultas do empresariado español, coa
rutinización ministerial; dende as
Torres del Paine, cando me pregunto que carallo pinto eu aquí, oito horas subindo unha montaña con doce quilos ás cóstas, e tamén cando, xa arriba, desaparece a dor e o cansancio e só queda esa vista incríble; dende a illa Magdalena, chea de
pingüinos que se bican, que se buscan, que se chaman e que parecen felices nesa súa vida allea ao resto do mundo; dende unha finca
no (auténtico) cu do mundo, á que só se pode chegar en barco e cando non vai mal tempo, que exerce sobre os meus sentidos a mesma influencia que o mar e o lume; dende os
glaciares (na foto, o Perito Moreno), que se desfán diante de nós, nun espectáculo impresionante por fermoso e por preocupante; dende os
cemiterios de Punta Arenas e de Santiago, tan distintos dos nosos, cheos de creatividade e esaxeracións estéticas, de nomes extranxeiros e de primeiras frases de novelas de misterio; dende os postos de
inmigración, cando me sellan o pasaporte Arxentina, Chile, Brasil, Chile e alucino ao darme conta de que realmente estou aquí; e, sobre todo, dende
Río, cando os fogos se mesturan coa choiva sobre a miña cabeza, mentres deixo no Atlántico a miña ofrenda a Yumanjá e vos mando a derradeira pomba de fume do 2006, chea de promesas.