-Porque odio a campaña do goberno: é hortera, é partidista e (o que é peor) pagámola todos.
-Porque non só estamos desinformados, senón que estamos mal informados. Non é unha Constitución e dende logo non é o "paso adiante" cara á "Europa federal e social" que queremos (alomenos eu). As competencias da UE seguen sendo as mesmas:
1. A Unión disporá de competencia exclusiva nos ámbitos seguintes:O resto (o social, o cultural) queda nas mans dos Estados. Obviamente, tamén a nosa identidade:
a) a unión aduaneira;
b) o establecemento das normas sobre competencia necesarias para o funcionamento do mercado interior;
c) a política monetaria dos Estados membros cuxa moeda é o euro;
d) a conservación dos recursos biolóxicos mariños dentro da política pesqueira común;
e) a política comercial común.
2. A Unión disporá tamén de competencia exclusiva para celebrar acordos internacionais cando tal celebración estea prevista nun acto lexislativo da Unión, cando sexa necesaria para permitirlle exercer a súa competencia interna ou na medida en que poida afectar normas comúns ou alterar o alcance destas.
A Unión respectará a igualdade dos Estados membros perante a Constitución, así como a súa identidade nacional, inherente ás estruturas fundamentais políticas e constitucionais destes, tamén no referente á autonomía local e rexional. Respectará as funcións esenciais do Estado, nomeadamente as que teñen por obxecto garantir a súa integridade territorial, manter a orde pública e salvagardar a seguranza nacional.-Porque empregan o nome dos Dereitos Humanos en van. Chega un momento no que parece que defende-lo texto actual é defende-la entrada dos DD.HH. na Unión, cando en realidade:
Esta Carta reafirma, dentro do respecto polas competencias e misións da Unión, así como polo principio de subsidiariedade, os dereitos que emanan en particular das tradicións constitucionais e as obrigas internacionais comúns aos Estados membros, do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais, das Cartas Sociais adoptadas pola Unión e polo Consello de Europa, así como da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.-Porque fai boa a teoría da torre de Babel, reafirmando a política actual de respecto nominal das linguas minoritarias (digo non estatais) e defensa real das maioritarias (digo estatais):
Art. II-101.4 Toda persoa poderá dirixirse ás institucións da Unión nunha das linguas da Constitución e deberá recibir unha contestación nesa mesma lingua.-Porque o di el: Europeistes de debò, no a aquesta Constitució.
art. IV-448.1. (...) linguas alemá, checa, danesa, eslovacaeslovena, española, estonia, finesa, francesa, grega, húngara, inglesa, irlandesa, italiana, letona, lituana, maltesa, neerlandesa, polaca, portuguesa e sueca (...)