28 Feb 2011

Flores nocturnas

Cada vez que entro no cuarto da miña irmá alucino coa súa colección de flores nocturnas. Pétalos de cores imposibles. Centos de flores envoltas en centos de plastiquiños escasos, cheos de corazóns vermellos ou margaritas brancas. Un xardín misterioso que conta historias que eu non sei descrifrar... Boto contas e calculo que en toda a miña vida me terán regalado unha ducia de flores nocturnas. Pode que ducia e media. E ningunha desas flores, nin a primeira, chegou comigo á casa. Apampo para elas. Estou segura de que escondido nese xardín está un dos trazos máxicos que diferencian as nosas personalidades.

2 comments:

  1. anITA2:29 pm

    pois unha ducia tampouco está tan mal... ademáis, se ningunha chegou contigo á casa, é que tampouco che gustaban moito, no?.
    Eu creo que eres máis de que che regalen unha boa frase para a túa Moleskine... e desas tes máis dunha ducia :D

    ReplyDelete
  2. je je je, soou choricas? non o era, eh.nadita. non creo que sexa bo nin malo, creo que é un feito analizable que esconde (como mínimo) como nos ven os descoñecidos. a min regálanme armas de xuguete e a ela, flores de plástico. algo quererá dicir... ou non.

    pd. as fraes non mas regalan, róuboas, que é distinto :D

    ReplyDelete