27 Apr 2011

Curtocircuito (III)...

...cando a xente se mete coa miña maneira comer. Machuco. Limpo. Separo. Organizo. Gardo o que máis me gusta para o final e alongo os últimos bocados ata o límite do posible. É nese momento cando, polo visto, resulto máis graciosa. Illada. Completamente concentrada na felicidade infinita que me produce ese último átomo de coulant.

Recordo que, de pequena, os demais remataban as súas bolsas de gominolas antes de que a primeira se acabase de desfacer na miña boca. Recordo como me miraban, despois, ansiosos. E como, por suposto, sempre me tocaban compartir.

L. confesoume unha vez que cando ve unha persoa comer imaxina como será na cama. Impaciente. Controlada. Compulsiva. Desleixada. Díxomo medio escojonado despois de verme converter uns ovos fritidos con cachelos nun hexágono perfecto. E eu, antes de meter o primeiro bocado na boca, mireino aos ollos e contesteille: chssst, non quero saber.

6 comments:

  1. jajajaja, eu tamén teño certos rituais coa comida polos que tamén fun ridiculizada nalgunha ocasión, pero, chsssst, tampouco quero saber.

    ReplyDelete
  2. "Gardo o que máis me gusta para o final" coas proporcións perfectas e instintivas de cada unha das variedades que conforman o prato.

    Eu o da cama sempre o pensei co xeito de conducir... tamén teño un amigo que invita a cear ás súas víctimas para ver como se comportan no ritual culinario.

    ReplyDelete
  3. je je, Pirucha, e como son eses rituais?

    Rosalía, a min non me gusta conducir e, ademais, suspendín varias veces o exame práctico, así que estou segura de que o que máis me convén é deixar morrer o tema, pero... vou caer :D Cales son as características que identificas na maneira de conducir?

    ReplyDelete
  4. pablo8:02 pm

    Pois tampouco parece que cortocircuites tanto. Mi madriña, eu que cortocircuito cando ando por aí con tanta frecuencia que me pasa desde cando alguén se para na porta dun local público e non deixa saír nin entrar (¿que carallo miran ou pensan?) a cando por descuido me sae na tele Intereconomía. As sílabas soan máis altas e agresivas nesa cadena. En canto ó outro, está claro: "Sempre deixo o mellor para o final", non todo o mundo o fai.

    ReplyDelete
  5. Ola!acaba de ler a túa pregunta. era un relación que esquecín fai tempo porque na última conversa sobre este tema creo qeu caera da burra.

    Pero respóndoche esta tarde sobre os factores, datos ou características que me suscitaron tal relación!

    ReplyDelete
  6. jaja...recuerdo una tarde en mi casa (en carlos azcarraga) en que mi hermana y yo zampamos gominolas sin masticar y tu tenias la bolsa llena y la primera fresa de gominola todavia en la boca.....

    ReplyDelete