Hoxe fun a unha conferencia de Francesc Escribano. Costoume ir porque era á hora de xantar e porque xa estou un pouco chea de tanta reflexión catalana, de tanta auto-gabanza disfrazada de auto-crítica... e de tanta negatividade, hostia, que acaba unha sempre deprimida, cabilando que se eles o teñen tan difícil para que a súa cultura sobreviva neste mundo cruel coa tele tan decente que teñen, non sei a onde iremos parar nós coa CRTVG ás costas.
Pero saín contenta. Antes de que acabase (o xantar é sagrado), pero contenta. Escribano defendeu a capacidade dunha tele "pública, nacional, monolingue" para representa-la cidadanía que lles paga os soldos (demaóxico, pero efectivo) perante o mundo e perante si mesma; falou da importancia de que o tecido audiovisual catalán se independice da TVC; e criticou a crítica do CAC con respecto á cobertura informativa do 11-14M.
Gustoume especialmente o cruce de acusacións, dálle un pouco de emoción á "flemática" intelectualidade catalana. A verdade é que o deber do CAC é (simplificando) critica-la tele pública catalana e o do director da mesma é calar e acatar, pero é que o pobre ghicho ven de recibir e-mails a cachón preguntando como se pode recibi-la canle catalana no resto do Estado (parece que a xente quere saber que pasa en Madrid antes cós de Ottawa) e non está para aceptar críticas. Copio:
En el cas concret de TV3, el Consell:
1) constata l’existència d’una insuficient agilitat en la cobertura inicial de la notícia
2) vol posar de manifest que el tractament informatiu del tràgic atemptat, i particularment el seu tractament visual, hagués pogut ser més curós.
3) Pel que fa al respecte al pluralisme, a la diversitat d’opinants i a la imparcialitat informativa, malgrat poder situar TV3 en un nivell alt en termes generals i ateses les circumstàncies que es donaven, el Consell considera que hi va haver alguna excepció significativa com és el cas del Telenotícies del dissabte al vespre, en el qual només van tenir presència determinades forces polítiques (PP i PSOE) i es va atorgar una atenció no justificable en termes merament informatius a les concentracions davant les seus del Partit Popular. Encara que aquell mateix dissabte en un informatiu especial posterior es va donar veu a altres forces polítiques que les esmentades, cal recordar que el compliment estricte del pluralisme també implicava garantir unes condicions d’accés equiparables.
Por certo, ¿a que non sabedes con que frase resume Escribano o primeiro encontro do público catalán coa seva tele? pois coa inigualable "Suellen, estás bébeda" á catalana: "Suellen, ets un pendó"... ¡Somos distintos, somos iguais!
28 Apr 2004
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment