30 Apr 2004

Daquí-dacolá

Eu sonvos unha rapaza sinxela (no mellor sentido da palabra), de fácil entreter. Unha as miñas afecións favoritas en horario laboral (é un dicir) é prepararlle o terreo ó google xogando a buscar parvadas na guol guai gué. O mellor destes ciber-paseos é que unha nunca sabe onde irá parar... hoxe estiven en Italia e en Guatemala, seguíndo as pegadas da nosa Murphy Brown particular... Un momento, ¿dixen Murphy Brown? Acudiime, ten que haber unha icona á que recorrer nestes casos: Oriana Fallaci obviamente non, Maruja Torres ten unha imaxe pública algo limitada, Letizia está retirada da profesión...
¿Susan Sontag?
¿Alguén da máis?

No comments:

Post a Comment