sabiades que o logo é obra de Dalí?
A familia Bernat vendeu Chupa Chups a Perfetti Van Melle por uns 400 millóns de euros. Eu tamén o faría.
Dise que o señor Bernat adoitaba pasear pola fábrica, modo Charlie, cunha culler no peto, para probar persoalmente a calidade dos productos que lles vendían aos nenos. De cando en vez paraba diante das potas de caramelo, sumerxía brevemente a súa culler e, con pericia, dáballe unhas reviravoltas mentres se solidificaba a masa. Así, contan, naceu o caramelo con pau. Claro que hai outros que contan outras historias.
O caso é que this is getting global, you know. No 2003 Cadbury comprou Adams e no 2004 Wrigley mercou Joyco e se non se fan con Fiesta será porque non hai muito con que facerse.

No comments:
Post a Comment