18 Dec 2007

Facerse maior era isto...



...pero non o imaxinabamos así

A frase, marabillosa, non é miña. É dunha María adicta ao tabaco e ao café de media mañá, que fixo un pacto co diaño e aparenta uns dez anos menos dos que ten. Dez anos que son exactamente os que pasaron dende aquela nosa primeira noche nochera compostelana. Aquela comezou cun botellón multitudinario (para os estándares da época), de gran variedade etílica musical ambiental, e rematou cos Espiche escuitando a Barreiro Rivas, cun sombreiro de bufón (eu, non Barreiro Rivas) na cabeza e cun par de cafés adulterados pola mítica máquina da facultade no estómago. Esta comezou cunha cea superíntima e acabou cunha resaca superchunga, que se me xuntou co traballo e coa seguinte cea superíntima, que se me xuntou coa hora de entrar a traballar e coa (con)seguinte resaca superchunga, que se me vai xuntar, xa o vexo, coa seguinte cea superíntima, etc, etc, etc.
Facerse maior era isto, dime María, pero non o imaxinabamos así.

No comments:

Post a Comment