Semana horribilísima. Sen durmir. Sen comer. Sen saír. Sen vivir. E total para nada, que é o que máis jode, para sumar críticas atorantes e para cometer, alomenos, unha cagada espectacular. Xogo mil veces ao día coa idea de recuar. Prefiro darme por vencida a seguir así. Pero sei que non podo. Ademáis do muito que lle doia á miña pel endurecida a ferro, esta é unha derrota que afecta a máis xente. Xente na que non confío, que non me ten confianza, pero que deixa a súa propia pel endurecida a ferro neste asunto. Aparco os meus desexos nalgún recuncho das tripas. Recuo de recuar. Recados familiares e obrigas de vello engaden presión e acabo perdendo completamente a paciencia, a fame, o sono e a festa. Cagho-no-mundo. Cambieina por unha tarde de sobriñeo compulsivo, un chute de ibuprofeno e un drama. Síntoo, Besbe e Ghanito. Terá que ser para a próxima. Prometido. Pode ser esta mesma semana, á fin e ao cabo...
Resistiré erguido frente a todo
Me volveré de hierro para endurecer la piel
Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte
Soy como el junco que se dobla
pero siempre sigue en pie
Me volveré de hierro para endurecer la piel
Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte
Soy como el junco que se dobla
pero siempre sigue en pie
* Quen me ía dicir a min que acabaría citando ao Dúo Dinámico. Cousas veredes.
No comments:
Post a Comment