21 Jul 2010

O culeiro

Botamos o verán na aldea, coidando da abuela Josefa, que xa está mui maliña. Non quere comer nin beber nin durmir. Laia, día e noite, e berra nomes descoñecidos que xa non olvidarei nunca máis. Os pequenos durmimos nos cuartos da cuchiqueira, porque son os máis alonxados, e eu soño o mesmo todas as noites. Todas. Soño que esperto a media mañá eu soa na casa grande da aldea. No piso non hai ninguén. Nin a abuela, nin os seus lamentos. Na cociña non hai traza nin do almorzo nin do xantar. Non se escuitan os ruídos das vacas no establo. Dáme algo de medo. Saio á aira e vexo un culeiro negro debaixo da cerdeira. Acércome despaciño. Cando chego á sombra da árbore, vexo que dentro do culeiro hai unha persoa cortada en pedaciños. Son unhes cachos minúsculos, irrecoñecibles, pero eu sei que é papá. Esperto angustiada. Non podo respirar.

8 comments:

  1. Bufff, que arrepíos me deixaches :(

    ReplyDelete
  2. Anonymous9:04 pm

    Moi tenro e inquietante. Lembro a miña avoa Veva naqueles lonxanos días de verán.
    MIEDO
    El cuadro del dormitorio comenzó a moverse, sus manos aumentaron de tamaño y en la mesilla de noche, la dentadura, enorme, nadaba en el vaso. La niña gritó asustada y despertó a la abuela. Muerta de risa, esta le dijo: "¿Pero qué haces con mis gafas? ¡Demonio de niña!"

    Casandra

    ReplyDelete
  3. Casandra!!! Como mola o teu medo aumentado :)

    ReplyDelete
  4. en serio sueñas/soñabas eso??? uuuyyy que miedito....por cierto, yo de la abuela recuerdo el olor de sus medicinas!! lo tengo en la pituitaria, dulce...no he vuelto a olerlo nunca mas.
    Por cierto, soy lucia...por mimí solo me reconoce adriana jeje

    ReplyDelete
  5. eu recordo muitas cousas da abuela. que me regalaba os botes e as cucharas dos medicamentos para xugar. que non se ortigaba. que exercía toda a súa autoridade para que nós fixeramos exactamente o que nos daba a gana. recordo as súas maos e os seus ollos. recordo que tiña unha pita amaestrada. acórdaste? jo, como molaba a abuela josefa.

    e si, soñei eso muitos anos. mal rollo.

    ReplyDelete
  6. Anonymous9:22 am

    A miña avoa tampouco se ortigaba... Que tía, tamén, a miña avoa...

    ReplyDelete
  7. Anonymous9:28 am

    Peço mil desculpas, Sonia (hoje, por casualidade, cheguei ao teu blogue), mas esse "culeiro" dos teus pagos é o "coleiro" dos meus (Riba d'Ávia): o cesto que os vindimadores levam ao colo, daí o nome. Sim. sei que o principal responsável do Galego-Sida, Constantino García (que entrou com todo o seu confundido ILG na Rag) teve a desfaçatez de escrever que esta é "forma híbrida castellano-gallega". Meu Deus, a que nível desceu a nossa pátria! Se não te fias, e pensas que sou um terrível lusista, olha p.ex. aqui: http://digalego.com/ (sob "coleiro").
    Um saúdo carinhoso. Carlos

    ReplyDelete
  8. Todos os lusistas son terribles para min, Carlos :D (é broma). Non sabía de onde viña o de "culeiro", gustoume a explicación. Gracias!

    ReplyDelete