26 Nov 2010

As regras do xogo

1. Non se admitirán listas cun único elemento
2. Non se admitirán presións ou agasallos con intención de influir nos participantes
3. Os participantes, de mutuo acordo, poderán decidir a suspensión temporal dalgunha destas regras

Nuestro carácter es nuestro destino

Character is fate.

A cita de Heráclito estará masticadísima, como di Lector Malherido, pero eu non a coñecía. Podería tatuala na caluga.

24 Nov 2010

Super fotón

Todos somos actores porno.

O do reloxo

Atopámonos na barra do Ultra. Mírame aos ollos e vexo un reflexo de intimidade compartida. Sorrí. Sonia? Sorrío. Como podes recordar como me chamo? Pon unha cara moi seria, como de concentración... e despois ri. Vale, chámaste igual que miña irmá. Eu tamén me río. Chámome igual que todas as irmás da miña xeración.
-Así que ti non tes nin idea de que son...
-Claro que sei quen es, o que non sei é como te chamas...
-E quen son?
-O do reloxo.
Mírame outra vez aos ollos e aquelas horas de intimidade compartida inúndanme como se foran anos. Como se este tipo bastante máis guapo e bastante máis pijo do que eu recordaba levara toda a vida ao meu lado. Como se o soubese todo de min. Pero non, claro. Non ten nin idea. E eu, por non saber, non sei nin como se chama. Quedamos calados, cun silenzo incómodo. En fin, teño que volver... estou cun amigo. Si, claro, eu tamén. Dámonos dous bicos algo aparatosos e volvo xunto a M. Como se non pasara nada.
Como se nunca pasara nada.

23 Nov 2010

Acumúlaseme o choio

Os tacóns son agora unha cousa importante, outra cousa importante é facer listas e que nunca o saiban.

16 Nov 2010

Outing XIV

Pregúntome se a orde na que me visto terá algún tipo de explicación simbólica. Se ocultarei antes o que máis quero protexer. Ou esconder.

Pregúntome en que orde vos vestiredes os demais.

3 Nov 2010

Gastar palavras

Penso (pensar nao consome as palavras) muitas coisas assim. E tenho pena de nao poder falar disto a ninguém, nao ter as palavras necessárias em mim. Sinto-me deficiente: nasci com défice de palavras.

Nao percebo para que estou a gastá-las contigo.
__
* Gastar palavras é o libro co que Paulo Kellerman gañou o premio Camilo Castelo Branco.