1 Dec 2010

Benarés



Volveu o ceo de decembro e eu non só non fixen todo o que me prometín que faría, senón que nin sequera fun capaz de organizar as imaxes daquelas semanas.

Facelo dame morriña de lugares que non coñezo.



De persoas que nunca coñecerei.

3 comments:

  1. Anonymous6:59 pm

    qué hai, non sei por que non podo escribir. O do comentario de azaña do outro día, efectivamente, era eu, o teu ex compañeiro pablo villapol. Bon ollo. Se consigo que desta vaia, irá como anónimo outra vez, non por nada, pero non sei facelo doutra forma. Xa ves, son unha antigualla do século XX. En canto ó do significado de estudiar na cita de azaña, para min que, basicamente, o que quere decir é estudiar. No que a min respecta, faime moita falta. Quen tivera tempo.

    ReplyDelete
  2. di meu avó, a quen nunca ninguén lle aprendeu a ler, que estudio de máis e que así me vai... "Tanto estudiar, tanto estudiar e aínda non descubriches a maneira de vivir sen traballar", dime. Calquera lle discute. E despois cada vez que me pilla nun renuncio fai unha festa: Tanto estudiar e non sabes que tal cousa se bota en tal mes... ou que se recolle en tal outro. E eu sempre lle digo: "ah, pero sei que a batalla de Navas de Tolosa foi en 1212 e iso non o sabes tu, a que non?". Escarállase, claro.

    Menos estudiar e máis falar, digo eu. Aínda que sexa por teléfono, cos compañeiros doutras delegacións... Ou por mail. Ou por comentarios nos blogs.

    Quen tivera tempo. Ao final tes razón :)

    ReplyDelete
  3. Tiven que ampliar a foto para ver a fermosura do home voando opapaventos nesa azotea con paredes e xergón.
    A historia que hai detrás ten que ser boa.

    ReplyDelete