6 Oct 2011

Outing XVIII

Non aturo caerlle mal á xente.

A L. e a D. fíxolles muita gracia oirmo dicir, unha noite de confesións de bar. Polo visto non é lóxico exercer de prepotente e angustiarse despois cando alguén se revolve e che enseña os dentes. E non será lóxico, pero é. Acepto o desprezo. Agradezo a falta de interese. Adoro que a xente entre no xogo da bordería mol. Pero non soporto provocar antipatía.

1 comment:

  1. a ver, a ver, que non entendo ben:

    o desprezo non é tamén un síntoma de non "caer ben"?
    e que a xente se comporte dun xeito borde non delata antipatía?

    [bueno eu son bastante borde por afición, ninguén o diría lendo o meu blog ñoño]

    ReplyDelete