19 Dec 2011

Bicos descontados (I)



Coñecino nunha festa de aniversario. Mirábame. Sorría. Falaba muito, con todo o mundo menos comigo. Parecía un tipo feliz. Busqueino no facebook e pedinlle amizade. Como quen non quere a cousa. Acting casual. Aceptoume. Escribiume unha mensaxe. Hai que quedar para tomar unhas cañas. Contesteille. Cando queiras. Quedou a cousa así.

___
*Din en Besos que fueron y no fueron, de Roger Olmos e David Aceituno (Lumen, 2011), sobre os bicos tímidos que: "Hay estudios que demuestran que las margaritas que escojen los tímidos tienen siempre un número de pétalos par, es decir: NO SE LO DAN."

2 comments:

  1. hai pouco dicíalle eu a un amigo que por estrañas razóns as rás que eu bico non se me volven príncipes...
    a única resposta é que eu non son unha princesa.
    e iso ás veces ponme triste. porque nin sequera son "la princesita triste"

    ReplyDelete
  2. Non sei se compensa, a verdade, a maioría dos príncipes (e das princesas) parecen bastante aburridos, a verdade. Hai colectivos máis interesantes, creo eu :)

    ReplyDelete