A. colecciona guías de viaxe, billetes de avión e fotos de si mesma nos lugares máis fermosos do planeta. Faino de xeito compulsivo, porque  lle gustaría que os recordos rebordasen as seis semanas de vacacións e  ocupansen todos os días da súa vida. Polo seu 45 aniversario prepara  unha viaxe a Rapa Nui e a Tahiti. Chega á illa o día do  seu cumpreanos e a celebración acaba na cama dun artesán local. Esa  noite unha tormenta terrible sacode a illa. Cando se levantan, comproban  que non hai nin luz eléctrica nin conexión por cable ou satélite. Non  hai maneira de comunicarse co continente. O mar tragou os barcos que  estaban amarrados e non chegan os avións do día. Están atrapados, os recursos son limitados e a ninguén parece importarlle... Nin dentro nin fóra da illa.
Drama social
28/07/11
25 Dec 2011
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
 



No comments:
Post a Comment