24 Dec 2011
Bicos descontados (III)
Unha tardiña de domingo saímos de Santiago. O lugar do crime é importante. Cambiamos as cañas por unha cea con viño café e copa. Acabóusenos o vrao outonal. O frío tamén é importante, si. Trememos, pero non nos tocamos. Contidos. Covardes. Sempre educados. Arriba las manos! - di - Esto es un atraco. E, por unha vez, eu tampouco quero deixar quedar a cousa así.
___
*Más allá de la sombra / te delatan tus ojos, / y te adivino tersa, / como un mapa extendido / de asombro y de deseo. // Date por muerta / amor, / es un atraco. / Tus labios o la vida. "El Lugar Del Crimen", de Luis García Montero.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
Sigo dicindo que eu mercaríache o libro, incluso algún para agasallar, ata lle faría publi. Bestseller, confía en min. Eu, agora, xa si que entendo aos homes felices, e ás mulleres tamén. Antes tampouco. O de ser contidos é unha cousa que entendo, pero non sei porque o somos, así en xeral.
ReplyDeleteNon sei se cun comprador regalador publicitador dará para chegar a bestseller, pero agradécese (sempre) o apoio :)
ReplyDeleteEu á felicidade parece que me afago fácil, pero sigo sen entendela. O de ser contid@s tampouco o entendo. Non renta. E a min, a verdade, nin sequera me pega muito. Pero o caso é que me custa bastante desprenderme do hábito.
Seguiremos informando.
Teño tan cargado o reader de lecturas pendentes que a orde "por arte de maxia" non te prioriza. Un paxariño seguidor do teu blog contoume onte as túas últimas actualizacións. "Pregúntale, pregúntale" dime. E eu díxenlle: "Pregúntale tu!"
ReplyDeleteBonitas letras. Encántame lerte.Encántame xogar, con información privilexiada.
Nota: cambia o primeiro "que" por "e"
ReplyDeleteJajajaja, Cabana, se nos estás lendo, ten razón Rous: Pregunta tu!
ReplyDeleteEncántame que vos encante ler. E xogar, tamén, coa información previlegiada ;)