30 Dec 2004


Roberto Suárez Candel

Chega oficialmente o inverno
e con el establécese a soberanía estética
a beleza tranquila e melancólica
do frío en brancos e azuis.

29 Dec 2004

aim bac

Estes últimos días de ciber-ausencia trouxéronme, a cambio, unha hiperactividade vital que apenas recordaba de tempos remotos. Trala dobre celebración do cuarto de século, rematei os primeiros seminarios do CAP (os que quedan serán os venres en Humidtown), retomei teatro, celebrei a noiteboa e a guait crismas, finiquitei o killin-porco familiar e atopei parte do tesouro que esconde Valado City.


They were there

Dous días e medio de "ensaio", unha actuación polas rúas luguesas e a conseguinte celebración nocturna deron para unha enorme raiadura mental. O teatro é para min veleno e bálsamo a partes iguais. Xa me pasara coa tele. Teño moitas cousas en común coa xente do grupo, pero xamais estou completamente cómoda no medio deles. É como se fose unha espectadora constante, alguén que os observa dende fóra e pensa "que xente mais guai, pena non estar aí"... Di a directora que teño que crer máis en min mesma, que non podo ser tan perfeccionista, que non intente racionalizalo todo e que me deixe levar. Levo barrenandoo dende hai ben días. Ó mellor non me coñezo tan ben como creo; son consciente de que a miña (evidente) adicción á racionalización e ó control me limita en moitas cousas (quizais tamén nesto), pero nunca me tiven por insegura e moito menos por perfeccionista... Xa só sei que non sei nada.

A noiteboa paseina na casa de meu irmán. Sigo totalmente namorada do pikiniño, pero os seus afectos viraron criticamente cara miña irmá (popularmente coñecida como manaña, versión sui generis de madriña) nos días que eu adiquei ó teatro e ela a compralo con xogos e con lacasitos.

A neve sorprendeunos facendo os chourizos (os últimos do ano, dios vaia con eles) na casa de meus tíos. Branco nadal no que case toco coas mans a imaxe infantil das conversas de adultos trala cociña da aldea... Só que meu tío xa non fuma, que meu irmán ten un fillo de seu e que os curmáns pequenos que daquela non existían xogan hoxe coa plei cos pelos dereitos a base de cantidades industriais de gomina mentres cuspen unha tras doutra as frases célebres dos tonechos. Sonche unha raza mui falsa.

E xa para rematar o resumo desta ausencia, onte e antonte andivemos Ojpuensuk, Pililule, Vane e mais eu á busca do tesouro por Valado City. A aventura tivo os seus máis e os seus menos: pistas mal redactadas, imprecisas e pouco ou nada lóxicas-culturais-intelectuais; probas máis ou menos divertidas baseadas en xogos clásicos de campamento; carreiras tolas do Museo ó Gran Teatro (DEP), da praza do Campo a Augas Férreas, do Campo Castelo á praza do Ferrol, de Bispo Aguirre a Bispo Odoario e daí á Mosquera, á Casa do Concello, á porta de San Pedro e volta cara á nave nodriza... Houbo momentos xeniais e outros nos que o mandaría todo ó carallo, aínda que só fora por non pelexar coa falta de interese dos monitores ou coa algo máis que sospeitosa rapidez das gañadoras (como dicía outro equipo, eso es inverosímil). Á fin, pasámolo ben e por riba quedamos terceiros, mañá recollemo-lo premio no Concello.

Trala ducha e maila cea de recuperación tralo esforzo físico, noite de parchís e de dominó no Egomundi lugués con miña irmá, con Cris e con Armental. Coma os vellos. Impresionante a miña capacidade para viciarme a calquera xogo. Non teño arreglo.

18 Dec 2004

Odio a miña conexión a internet e fago propósito de enmenda: para cupre-nadal-reis cae o ADSL como hai dios (algún, digo eu, haberá). Mentres tanto, sufro en silenzo unha nova rebaixa na calidade das miñas relacións coa rede... se é que era posible, que polo visto era. Así que hoxe non hai foto e quen sabe se tampouco haberá post (por causas alleas á organización, obviamente). Eu, sigo tentándoo:

Lugo is livin a selebreixon
Esta noite organizo un pequeno guateque no fogar familiar (sito no arrabaldeiro barrio do Sagrado Corazón) para celebrar (outra vez) o cuarto de século. Se ides pola rúa e oídes-vedes-ulides festa jolgorrio, chamade que estades invitados a unha copa e/ou a uns pistachos. Xa advirto que nos bares non son tan xenerosa, a miña economía non está para ese tipo de alardes e os vosos estómagos tampouco. Dito queda.
Espero que a tecnoloxía e a forza me acompañen o domingo para reportarvo-los resultados físicos e síquicos da noite luguesa.

15 Dec 2004

Trancazo habemus.- Pois si, resistín tanto como puiden... que non foi pouco, pero a noite sarriana foi demasié para o meu body. Polo de agora resisto baixo sete mantas, rodeada de Flumil Forte, Eferalgan e Colhogar seda perfumado con miel (mimamámemima) e cos libros e a botella de auga a man. Obxectivo: chegar fresca como un allo ó sábado...

14 Dec 2004


Este sábado reconcilieime coa noite sarriana: bueno bonito barato licor café e llin-con-esprait-e-limón-esprimido, uns leuros ludicamente investidos na tríada trivial-parellas-fubolín, unha música bastante máis decente e variada do que viña sendo habitual e a visión dalgún sorriso espectacular... pódese pedir máis?

13 Dec 2004

Era unha triste e escura noite de inverno... de hai hoxe 25 anos cando comecei a guerrear con miña nai. Parece que naquela ocasión capitulei enseguida, deixándome ir en caída libre cara ó mundo exterior... Debín intuir que o mellor estaba por vir.
O mellor sempre está por vir.

9 Dec 2004

Baby, it is cold outside



Cuando llegaron a su casa, la de ella

ya el frío estaba en sus labios, los de él
de modo que ella, fábula y augurio
le dio refugio y café instantáneos

una hora apenas de biografía y nostalgias
hasta que al fin sobrevino un silencio,
como se sabe en estos casos es bravo
decir algo que realmente no sobre

él probó, sólo falta que me quede a dormir
y ella probó, por qué no te quedás
y él, no me lo digas dos veces
y ella, bueno por qué no te quedás

de manera que él se quedó, en principio
a besar sin usura sus pies fríos, los de ella
después ella besó sus labios, los de él
que a esa altura ya no estaban tan fríos
y sucesivamente así
mientras los grandes temas
dormían el sueño que ellos no durmieron.

É un pedazo de Los formales y el frío, de Mario Benedetti. Pertence a Poemas de Otros (1973-1974) e está recollido nos recopilatorios Inventario (Visor, 1990) e Antología Poética (Alianza Editorial, 2002).

8 Dec 2004

Growing Up

Estes días lin unha historia triste que xa intuira hai tempo nos ollos do protagonista, un dos rapaces do curso de doutoramento. É o relato da infancia en tempos de guerra. Growing up é o tema do mes en Café Diverso e el escribiu sobre medrar entre o mel e o sangue, medrar no proxecto multi-nacional, multi-etnico, multi-cultural, multi-relixioso chamado Iugoslavia: 6 republics, 5 nations, 4 languages, 3 religions, 2 alphabets and 1 political party.



Sempre que alguén me pide unha imaxe da infancia, eu penso nas noites na cociña da aldea, do fume dos ducados que fumaba meu tío mentres discutía con meu pai, nas figuras de animais na pintura descascada da parede moura polos anos de fume acumulado. Penso na miña "prima favorita", nas clases maxistrais de maiúsculas e minúsculas que lle daba no encerado de números e letras que había no balcón da miña habitación, nos sofás vermellos que se me pegaban ás pernas cando levaba falda, no moito que me gustaba que me vestiran e no pouco que me gustaba secarme, nos bocatas de Tulipán, nas tardes con directamente-encarna e nas barbies que resultaban ser calvas cando lles quitabas a coleta. Na miña infancia vai frío. Como cando saía de tras da cociña para ir á cama (que estaba tan xeada que parecía mollada), cando ía ó cole polas mañás parapetada tras vinte quilos de roupa ou cando se me quedaban as mans conxeladas fóra das mantas mentres lía historias cheas de zumo de grosella nas que, por certo, ninguén xamais tiña que ir ó baño. Na miña infancia vai frío e non hai nada que non podan solucionar os maiores.

Na infancia de Boris hai familia, hai xogos, hai frío e seguramente hai libros de Enid Blyton. Pero tamén hai medo e dor, mel e sangue.

In the end, war, like any other event, is made of many coincidences that mutually collide. My coincidence had to be assumed by: “He’s OK. He must be Serb." It would have been a lot easier if my Croat family and my Croat friends could be “OK” too, but then it would have been too much of a coincidence and that would have resembled the past 50 years of utopia. And at that time people seemed to prefer reality. The reality was that they suddenly discovered the enemy living next door, hidden behind the illusion of brotherhood. The new history class was about to start.

Eager to start 'studying': Croats started killing Serbs, Serbs killing Croats, Croats killing Bosnians, Serbs killing Bosnians, Bosnians killing Serbs, Bosnians killing Croats, Croats and Serbs killing Bosnians, Bosnians and Serbs killing Croats, Bosnian and Croats killing Serbs… Shouting, the same as they did fifty years ago: “They started it first!” Millions of people fled their homes as refugees within what was known as Yugoslavia. Thousands of people died. And me and my generation grew up.

6 Dec 2004



Breve resumo antes de que empece a reportaxe sobre o Prestige da 2. Fin de semana de matanza. Dos ranchos, of course. A matanza merecería un post en condicións, pero non estou segura de ser eu quen de elaboralo. Eu adoito se-la que pela os allos e coida do lume, das potas e dos pequenos, a que pon a mesa e frega os pratos. Ninguén se queixa porque xa é un logro que acepte as tarefas "femininas" sen chistar, pero eu son consciente de que non son moi productiva que se diga. Estos últimos anos ademáis dame por gravalo e por fotografalo todo. Estresando ó personal. E conste que eu entendo que é unha putada estar vestido coa roupa máis vella e roñosa que tes, te-las mans metidas en sabe cristo que parte da fisonomía porcina e ver polo rabo do ollo á cuñada, irmá, filla, sobriña, neta facendo fotos. Sen embargo, non o podo evitar; sinto que a necesidade de gardalo todo. Hai algo na matanza que me intriga. Agora son incapaz de identificalo pero teño a esperanza de chegar a entendelo co paso do tempo.
Xa comezou a reportaxe.

3 Dec 2004

Hai unha clase de araña que tece cada día tanto como levaba tecido ata o día anterior. Se unha destas arañas tarda un mes en cubrir unha fiestra coa súa tea, canto tardarían dúas?