Odio a miña conexión a internet e fago propósito de enmenda: para cupre-nadal-reis cae o ADSL como hai dios (algún, digo eu, haberá). Mentres tanto, sufro en silenzo unha nova rebaixa na calidade das miñas relacións coa rede... se é que era posible, que polo visto era. Así que hoxe non hai foto e quen sabe se tampouco haberá post (por causas alleas á organización, obviamente). Eu, sigo tentándoo:
Lugo is livin a selebreixon
Esta noite organizo un pequeno guateque no fogar familiar (sito no arrabaldeiro barrio do Sagrado Corazón) para celebrar (outra vez) o cuarto de século. Se ides pola rúa e oídes-vedes-ulides festa jolgorrio, chamade que estades invitados a unha copa e/ou a uns pistachos. Xa advirto que nos bares non son tan xenerosa, a miña economía non está para ese tipo de alardes e os vosos estómagos tampouco. Dito queda.
Espero que a tecnoloxía e a forza me acompañen o domingo para reportarvo-los resultados físicos e síquicos da noite luguesa.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment