6 Dec 2004
Breve resumo antes de que empece a reportaxe sobre o Prestige da 2. Fin de semana de matanza. Dos ranchos, of course. A matanza merecería un post en condicións, pero non estou segura de ser eu quen de elaboralo. Eu adoito se-la que pela os allos e coida do lume, das potas e dos pequenos, a que pon a mesa e frega os pratos. Ninguén se queixa porque xa é un logro que acepte as tarefas "femininas" sen chistar, pero eu son consciente de que non son moi productiva que se diga. Estos últimos anos ademáis dame por gravalo e por fotografalo todo. Estresando ó personal. E conste que eu entendo que é unha putada estar vestido coa roupa máis vella e roñosa que tes, te-las mans metidas en sabe cristo que parte da fisonomía porcina e ver polo rabo do ollo á cuñada, irmá, filla, sobriña, neta facendo fotos. Sen embargo, non o podo evitar; sinto que a necesidade de gardalo todo. Hai algo na matanza que me intriga. Agora son incapaz de identificalo pero teño a esperanza de chegar a entendelo co paso do tempo.
Xa comezou a reportaxe.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment