Xa teño informado dalgunha das miñas rarezas. Sen embargo, nunca vos falei da esquizofrenia lingüística que padezo dende pequena. Aprendín a falar en galego. Na miña casa sempre se falou galego. Pero cando comecei a ir ó cole cambieime ó máis puro castrapo lugués. O irmán pequeno de miña nai, o tío novo e divertido que na adolescencia che regala condóns e che paga as primeira copas, colleume un día e arengoume sobre a necesidade de realizar esa elección lingüística dun xeito consciente, aconselloume que non me deixara levar senón que o pensase e decidise en que lingua quería falar. Eu debía ter uns seis anos. Así fun sempre de petarda e de revella. En fin, naquel momento decidín que empregaría con cada quen a lingua na que me falasen. Evidentemente, tamén sufro unha aguda correción políticoide. Hoxe son un case vinte anos máis petarda e máis revella e xa sei que é imposible facer iso sen caer nun estado de esquizofrenia lingüística irreversible. E, sen embargo, falo galego con tódolos membros da miña familia, cos amigos e/ou coñecidos que (me) falan galego e cos amigos e/ou familiares dos meus amigos que (me) falan galego pero son incapaz de falalo cos amigos de sempre, cos que sempre me comuniquei nun fluido castrapo lugués, por moito que sexa consciente de que eles padecen a mesma esquizofrenia lingüística ca min.
pd/ alguén pode explicarme por que existe a diérese en galego?
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment