10 Apr 2006

Twisted & Sick

Mimosas

Son a que desfai a berros Y Sin Embargo te Quiero entre Láncara e O Incio. A que se caga de medo cunha crise asmática da mellor avoa do mundo. Son a que para o coche entre O Incio e o Oural para gravar a cor das mimosas nesa memoria visual que tantas veces lle serve de refuxio. A que fala toda a tarde sen parar, de tonterías, de superficialidades, para evitar que a madriña verbalice as bágoas que se lle veñen aos ollos cada vez que a afillada pasa unha tempada lonxe da casa. Canto che gusta andar polo mundo adiante e que pouco che gusta estar aquí. E non é verdade. Non tanto. Non só. Son á que lle encanta ir de viños e falar do divino e do humano ata que pechan os bares. A que pasea polas rúas empedradas de Valado City cunha bolsa de tronquitos de cola na man. A que non dá separado a tristeza da alegría cando o sobriño a ve chegar e berra o seu nome e se lle sube ó colo dun chimpo e lle bica a cara toda mentras lle pregunta sen parar Donde estabas, donde estabas, donde estabas. E son a que adora ós seus (mellores) amigos, os de ayer-hoy-mañana-y-siempre. Pero tamén son á que lle fai ilusión recibir sms dos do máster, asegurando que a botan en falta e que se acordan dela (Qué quierres?) mentres comen unhas racións regadas con albariño, ven a tele ou pasean entre as mimosas... Son á que se lle pasa pola cabeza poñer o cd do Curso completo de ruso entre Sarria e Lugo. E a lúa dálle unha nova dimensión ao amarelo das mimosas ao ritmo do xol-saxa-pa-saxé-i-saxal-suxki, xol-saxa-pa-saxé-i-saxal-suxki, xol-saxa-pa-saxé... Son a que baixa a garda do respecto e da razón e sinte na alma que o xornal de lugo y su provincia garde tanto talento no seu interior. A que se esconde da prudencia baixo a saba e fantasea sobre a posibilidade de, finalmente, pasar un aniño en Sao Paulo... Sao Paulo...

But I’m twisted & sick so that’s find with me

Untill I finish what I have to do
I can’t start doing what I should do
(before I do what I have to do
I’ll have to finish what should be done)

I’ll have to do this, I’ll have to say that
I’ll have to go beat out all of that crap
I’ll have to sit still, I’ll have to fulfill
Those stupid ideas they have about me

But I’m twisted & sick so that’s find with me

No comments:

Post a Comment