Uno
Nas semanas que me quedan desta beira hei levar sempre comigo o meu agasallo do amigo inblogsíbel (gracias), para que vaia gardando as imaxes que quero que me devolva xunto coa miña cando esteamos os dous por-eses-mundos-del-señor.
De momento ten almancenada unha tarde marabillosa en Bonaval, coa ambientación musical do amigo de Pawley (terrible non quedar co nome*) incluida.
Due
Cada día teño menos claro quen son. No medio do blogomillo, primeiro síntome pequena e torpe, máis tímida e calada do que son/fun/teño a idea de ter sido con ningún outro grupo de xente, e despois, cando chega a hora de despedirse, xa estou tan cómoda e tranquila que me rebenta que falte tanto para a próxima. Serei eu, serán os blogueiros ou será o LK?
Falta tantísimo para a próxima... Sabe dios cando poderei ir eu a outra!
Tre
Pero vós o que queredes é lercheo e eu son unha das pouquísimas asistentes que non ten afotos do evento, así que por aí mal. E a crónica? A (miña) crónica salientaría o riquiños que son goretoxiño e a súa nai; o ben cuberto que está o futuro do xornalismo galego gracias a O’Xirarei, Xornalistiña, Oko e Modesto a pesares da Factoría e da rutinización e de todos eses atrancos cos que se enfrontan os que non escapan como escapamos outros; o cómoda que se sinte unha (e o muitirmo que aprende) ao lado de Opaco, Acedre, Besbellinha, Postscriptum e Ictioscopio; e o alta que é a cota de frikis (concepto amplo e positifo, sempre positifo) neste mundo blogueiro noso, e non só polos que o levan no cargo, como Ifrit ou Snob Neurótico, nin pol@s que exercen decote, como Ascárida (mui riquiña, tamén, agradécense os cariños), senón polos que o son casi sen sabelo, como Fer (ese físico de raíces hebreas e coñecemenos case ilimitados sempre rodeado de xornalistas) ou Mourullo (ese bot con apariencia humana e un traballo misterioso).
Unha crónica como é debido tamén revelaría os atractivos máis comentados dalgúns blogueiros ilustres e, por suposto, elucubraría coas relacións, expresas ou presentidas, que puido haber, pode que haxa ou poden estar por chegar no blogomillo.
Pero eso, amig@s, non o paga nin a master card.
Cuattro
Hoxe comezo oficialmente as vacacións post-intento de tesina. De momento, teño a maior historia xamáis contada e uns 40 Gb de películas na recámara. Acéptanse propostas.
*O nome é Fredy Fevereiro e podédelo escoitar aquí.
31 Jul 2006
26 Jul 2006
Inspiración, tango para piano
Despois destas catro semanas de horrible loita contra a carencia total de inspiración, recibo (por fin) un correo do meu titor advertíndome que había un problema, "más de fondo que de forma":
Me mandas ahora unas notas, una posible introducción, pero esto no me basta. Si yo tengo que defender tu proyecto y dentro de poco tu tesina, tienes que mandarme urgente un proyecto de trabajo como es preciso. Además, había que poroponer una fecha de lectura hasta mediados de setiembre, con una propuesta de tribunal. Qué podemos hacer a estas alturas? Tenías que haberlo planteado mucho antes. Me dices algo al respecto? (aunque yo empiezo vacaciones la semana que viene).E díxenlle algo ao respecto. Si señor. Díxenlle todo o que levaba calando dende que se negou a firmar miña solicitude para a bolsa FPU porque "como comprenderás nosotros tenemos nuestros propios candidatos". Candidatos que, por certo, non a obtiveron. Díxenlle que cheguei ao seu carón cunha paixón sincera pola investigación e polo tema, que nos anos de relación coa UPF se me foi difuminando esa paixón para fundirse coa apatía dos docentes, que levo catro anos enviándolle proxectos de tesina (e, de feito, xa mo esixiran para entrar no programa de doutoramento) que nin lle gustan nin lle deixan de gustar, que ninguén nesa universidade me explicou nunca os pasos a seguir para realizar unha investigación, nin formal nin administrativamente, nin como se fai "un proyecto de trabajo como es preciso", nin en que consiste a famosa lectura ou que me toca decidir a min ó respecto. Díxenlle que non sabía que é o que el, como director do programa de doutoramento e, sobre todo, titor meu, espera de min. E díxenlle que me sentía (outra vez) completamente desorientada e soa.
Desconozco si tal cosa forma parte de sus funciones como tutor, pero me permito suplicarle que, por una vez, además de señalarme los obstáculos a los que me enfrento, me ofrezca una mano amiga que me ayude a superarlos.Seguramente sexa o meu suicidio académico, pero se non llo digo rebento. Agora, co sangue algo menos quente, busco solucións para non perdelo todo. Acéptanse (mesmo se pagarían) suxerencias. De momento, descubrín que o artigo 6 do Rel Decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o Terceiro Ciclo de Estudios Universitarios, di que:
1. Previamente a la defensa de la tesis doctoral, el doctorando deberá obtener un mínimo de 32 créditos en el programa al que esté adscrito, distribuidos en dos períodos de la forma siguiente:E que:
A) en el período de docencia deberá completar un mínimo de 20 créditos.
B) en el período de investigación deberá completar un mínimo de 12 créditos, que se invertirán necesariamente en el desarrollo de uno o varios trabajos de investigación tutelados a realizar dentro del departamento o de uno de los departamentos que desarrollen el programa al que esté adscrito el doctorando. Para cursar este período de investigación será necesario haber completado el mínimo de 20 créditos de docencia a que se refiere la letra a) de este apartado.
La superación de los créditos señalados en el primer párrafo de este apartado a) dará derecho a la obtención por parte del doctorando de un certificado, global y cuantitativamente valorado, que acreditará que el interesado ha superado el curso de docencia del tercer ciclo de estudios universitarios. Este certificado será homologable en todas las universidades españolas.E agora só quero que alguén me asegure que teño dereito a ese certificado de ter cursado os dous anos de doutoramento, anque non chegue a entregar a tesina. Se alguén me di que existe a posibilidade de cursar os 12 créditos de investigación noutra universidade xa podería tocar a felicidade coas mans (e, crédeme, non me viría nada mal)...
18 Jul 2006
17 Jul 2006
Revista de prensa
Oriente próximo está que arde
"Os ataques a destrución e morte en Gaza e o Líbano e as ameazas permanentes a outros pobos, levaron ao Estado de Israel a transformarse nun Estado terrorista, utilizando as torturas, os ataques á poboación civil onde as vítimas son mulleres e nenos. ¿Ata cando continuará esa política do terror?"
Pérez Esquivel en Rebelión.org, traducido por InfoRosal. Eu atopeino no Chuza.
E en Guatemala non hai amnistía por xenocidio, pero...
Tras siete años de espera sin resultado alguno luego de que el MP -Ministerio Público- investigara la desaparición forzada de 183 guatemaltecos, los familiares de las víctimas tramitan en la Comisión Interamericana de Derechos Humanos (CIDH) una demanda contra el Estado, por habérseles vetado su “derecho a la justicia”.
e a CIDH responde:
“La situación es compleja y difícil, pero este gobierno ha tenido la voluntad política de avanzar en la defensa de los derechos humanos”.
"Os ataques a destrución e morte en Gaza e o Líbano e as ameazas permanentes a outros pobos, levaron ao Estado de Israel a transformarse nun Estado terrorista, utilizando as torturas, os ataques á poboación civil onde as vítimas son mulleres e nenos. ¿Ata cando continuará esa política do terror?"
Pérez Esquivel en Rebelión.org, traducido por InfoRosal. Eu atopeino no Chuza.
E en Guatemala non hai amnistía por xenocidio, pero...
Tras siete años de espera sin resultado alguno luego de que el MP -Ministerio Público- investigara la desaparición forzada de 183 guatemaltecos, los familiares de las víctimas tramitan en la Comisión Interamericana de Derechos Humanos (CIDH) una demanda contra el Estado, por habérseles vetado su “derecho a la justicia”.
e a CIDH responde:
“La situación es compleja y difícil, pero este gobierno ha tenido la voluntad política de avanzar en la defensa de los derechos humanos”.
14 Jul 2006
Oh no, here comes that sun again
And (that) means another day without you my friend.
And it hurts me to look into the mirror at myself.
And it hurts even more to have to be with somebody else.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes - sometimes,
you just have to walk away - walk away.
With so many people to love in my life, why do I worry about one?
But you put the happy in my ness, you put the good times into my fun.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes - sometimes,
you just have to walk away - walk away and head for the door.
We've tried the goodbye so many days.
We walk in the same direction so that we could never stray.
They say if you love somebody than you have got to set them free,
but I would rather be locked to you than live in this pain and misery.
They say time will make all this go away,
but it's time that has taken my tomorrows and turned them into yesterdays.
And once again that rising sun is droppin' on down
And once again, you my friend, are nowhere to be found.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes, sometimes you just have to walk away, walk away and head for the door.
You just walk away - walk away - walk away.
You just walk away, walk on, turn and head for the door.
And it hurts me to look into the mirror at myself.
And it hurts even more to have to be with somebody else.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes - sometimes,
you just have to walk away - walk away.
With so many people to love in my life, why do I worry about one?
But you put the happy in my ness, you put the good times into my fun.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes - sometimes,
you just have to walk away - walk away and head for the door.
We've tried the goodbye so many days.
We walk in the same direction so that we could never stray.
They say if you love somebody than you have got to set them free,
but I would rather be locked to you than live in this pain and misery.
They say time will make all this go away,
but it's time that has taken my tomorrows and turned them into yesterdays.
And once again that rising sun is droppin' on down
And once again, you my friend, are nowhere to be found.
And it's so hard to do and so easy to say.
But sometimes, sometimes you just have to walk away, walk away and head for the door.
You just walk away - walk away - walk away.
You just walk away, walk on, turn and head for the door.
12 Jul 2006
Ás veces perdo o tempo
Paracopipeisteando a JM, ás veces perdo o tempo... sobre todo cando teño poucas ganas de traballar, despois dunha enchenta laboral ou cando teño a sensación que o que fago non lle importa a niguén. E é entón cando: a) a televisión e b) internet se convirten en táboas de salvación que fan que o tempo corra un pouco más rápido.
Rápido de máis, diría eu. Xa só me quedan 6 semanas para acabalo.
Ah, e tamén comecei a sensación da temporada. Alomenos hei facer brazo.
Como unha pera
1998. Choveu dende a primeira vez que fun a Ortigueira. Foi no vrao do primeiro ano de carreira. Quedei con Xabi nunha vila curuñesa (cuxo nome olvidei antes de subir ao bus) para ir xuntos no mítico portaavións. Non había nin unha semana que remataramos os exames, eu acababa de anotarme na autoescola e fomos todo o camiño alternando as súas pullas sobre a miña roupa "comando" coas miñas sobre a súa horrenda conducción mentres, no asento traseiro, tres alikenses fiaban comentarios surrealistas sobre alcumes coruños. Aparcamos en Morouzos, rexeitamos media ducia de tipos de drogas, buscamos ao resto dos alikenses, a Beltaine e a Pililule e chantamos as nosas tendas nunha chaira do pinar. A acampada era un edén no que poder mesturar os amigos de toda a vida coa xente da facultade. Xuntos comemos e bebemos aquela primeira noite, a do kalimotxo máis incríble do mundo no Fox, que acabou como vedes, cunha servidora sentada no medio e medio da alameda con olliños de borracha e na compaña do cronista máis interesante e divertido que tivo e ten o Festival.
2006. Preferiría amputarme un brazo antes que sentarme na alameda (ou no pinar) o sábado pasado. E non é só que o chan estivese asquerosísimo, que o estaba. Muito. Muitirmo. É que vou vella e digievolucionei en mari-la-pupas. E aínda así paseino ben, paseino xenial, nunha das noites máis sub-realistas dos últimos tempos. Escuitamos unha historia xenial sobre un ranchiño perdido en Compostela, ceamos bocatas co queixo por arriba, bebemos kalimotxo e estrella galicia como manda a tradición, minxitamos no atallo, compartimos conversas e bebida e substancias máis ou menos ilegais co cronista máis interesante e divertido que tivo e ten o Festival e cun dos seus amigos alikenses, falei un cacho cunha panda de jipis sancibrenses, ordeei cabaleiro da sagrada orde ducatista a un ferrolano encantador coa espada láser dun que non sabía a capital de Belice, coñecemos o culpable da bancarrota (nótese o sarcasmo) de Acesa e lemos as insólitas declaracións de Lolita mentres esperabamos ao anfitrión máis atento.
Evidentemente, a música quedou nun segundo plano, como xa sucedera aquela primeira vez (e, anque menos, tamén nos anos intermedios), pero tamén vos digo que non é igual ordear cabaleiro a alguén mentres escuitas esto que mentres escuitas esto (que terá o seu aquel, enténdaseme ben, pero igual non é).
2014. Mari-la-pupas repite.
11 Jul 2006
Vaia coa tele do vrao:
Cuando pensábamos que ya teníamos todo visto en formatos de telerealidad, nos llega Libertad vigilada. Con tan sólo una emisión el docu-reality de Antena 3 se ha convertido en el reality más jugoso emitido por una televisión españolaSobre as series actuais pouco (ou nada) quedou sen dicir na Bola Extra.. Jovenes, juerga, alcohol y sexo conforman un combinado explosivo, a priori, capaz de arrasar entre laaudiencia. Eso sí, la cadena de Planeta se ha encargado de una buena post-producción que evita las imágenes más subidas de tono. El estreno anoche de este formato en el que 14 jovenes disfrutan de una paradisiacas vacaciones bajo la atenta mirada de sus progenitores convocó al 24,2%de laaudiencia, lo que se tradujo en un total de 950.000 telespectadores. (Vía Fórmula TV)
E sobre o Estudio Xeral de Medios todo o mundo fala:
Según los datos de la oleada correspondiente al segundo trimestre de 2006, la Cadena SER y todos sus programas son líderes de la radio española. La Cadena SER tiene 4.922.000 oyentes diarios, según los datos ofrecidos por el Estudio General de Medios (EGM).
En cuanto a la prensa diaria, EL PAÍS se consolida como el medio generalista de pago con más lectores, con 1.970.000, 700.000 más que su más directo rival, El Mundo. Además, por primera vez un medio gratuito, 20 Minutos se convierte en el más leído, superando al deportivo Marca. La cifra global de lectores baja de 15.577.000 a 15.513.000.
EL MUNDO mantiene una audiencia estable, según los datos de la 2ª ola del Estudio General de Medios (EGM), hecha pública hoy. El diario de Unedisa cuenta con 1.269.000 lectores, que conserva a pesar del descenso generalizado de los medios tradicionales.
El EGM (Encuesta General de Medios) acaba de hacer públicos los datos de la última media anual que arrojan un nuevo líder absoluto de la prensa española: 20 minutos. Por primera vez en la historia este diario ha superado al hasta ahora más leído (el Marca), situándose en 2.448.000 lectores diarios (+1,7%). Lo más llamativo de esta ola del EGM ha sido la caída generalizada de todos los diarios, gratuitos o de pago, a excepción de 20 minutos.
6 Jul 2006
Ferro 3
Gustoume.
A pesares das malas críticas.
E de que normalmente me aburran as películas asiáticas nas que non pasa nada.
Ésta pareceume fermosa e inquietante.
5 Jul 2006
És rodó i dura molt...
sabiades que o logo é obra de Dalí?
A familia Bernat vendeu Chupa Chups a Perfetti Van Melle por uns 400 millóns de euros. Eu tamén o faría.
Dise que o señor Bernat adoitaba pasear pola fábrica, modo Charlie, cunha culler no peto, para probar persoalmente a calidade dos productos que lles vendían aos nenos. De cando en vez paraba diante das potas de caramelo, sumerxía brevemente a súa culler e, con pericia, dáballe unhas reviravoltas mentres se solidificaba a masa. Así, contan, naceu o caramelo con pau. Claro que hai outros que contan outras historias.
O caso é que this is getting global, you know. No 2003 Cadbury comprou Adams e no 2004 Wrigley mercou Joyco e se non se fan con Fiesta será porque non hai muito con que facerse.
Dise que o señor Bernat adoitaba pasear pola fábrica, modo Charlie, cunha culler no peto, para probar persoalmente a calidade dos productos que lles vendían aos nenos. De cando en vez paraba diante das potas de caramelo, sumerxía brevemente a súa culler e, con pericia, dáballe unhas reviravoltas mentres se solidificaba a masa. Así, contan, naceu o caramelo con pau. Claro que hai outros que contan outras historias.
O caso é que this is getting global, you know. No 2003 Cadbury comprou Adams e no 2004 Wrigley mercou Joyco e se non se fan con Fiesta será porque non hai muito con que facerse.
4 Jul 2006
Hemos llegado al crepúsculo neutro
donde el día y la noche se funden y se igualan
Xa fun e xa volvín. Acabei coa Academia pouco antes de que ela acabase comigo. As últimas semanas, as derradeiras, traspasaron os meus límites físicos a forza de roubarme horas de sono. Sempre quixen andar a todo e a todo non se pode andar. Ao final é o corpo o que di ata aquí chegamos e de aquí en diante va-a-ser-que-no. Deume para os exames, para a comunión do fillo da madriña, para rematar o proxecto colectivo e para darlle algo de vida ao propio, para aceptar unha invitación xenial dunha curmá xenial da que me queda muito que coñecer, para tomar unhas cañas (e unhas tapas) con La-Lore, para facer un máster en tintos-de-verano coas miñas asturianas favoritas, para queimar a noite de sanxoán no xardín dun adosado madrileño (e para saludar a mañá da noite máis curta do ano cun vivoreo nos beizos), para descubrir o asasino en potencia que esconde o maior choricas da historia dos choricas, para aburrirme (outra vez) coa clase (e pechar así o ciclo), para vivir o orgullo de Chueca e a actuación estelar de La Divina no restaurante de kebabs máis sub-realista da noite capitalina, para despedirme dalgúns pero non de todos e non necesariamente dos máis importantes e para deixar ir aos outros discretamente, ao caladiño.
Deume para todo eso, pero para nada máis.
Nadie podrá olvidar este descanso.
E tardei tres días en recuperarme. Aquelo de reenganchar a derradeira noite coa viaxe de volta parecía unha boa idea, pero non o era. Unha vai vella e as cheas saen cada día máis caras (en tódolos sentidos), muito máis se se encadean con seis meses de carreira contra-reloxo.
A viaxe e os tres primeiros días na casa pérdense na néboa dunha sesta perpetua que a familia observou entre divertida e preocupada.
Pasa sobre mis párpados el cielo fácil
a dejarme los ojos vacíos de ciudad.
Deitome ao revés na miña cama da miña habitación na casa dos meus pais coa fiestra aberta e vexo pasar as nubes. Hai nubes. E móvense. Ás mañás choviña e á noite vai fresco. A miña pel, o meu pelo, as miñas foxas nasais recuperan pouco a pouco as súas formas tranquilas, transparentes, intrascendentes.
É incríble como rexeita o meu corpo (ou a miña mente) a vida urbana.
No pienses ahora en el tiempo de agujas,
en el tiempo de pobres desesperaciones.
Nunhes días saberei cara a onde queda o meu futuro. O día 10 saen as derradeiras notas e o 15, os destinos... É tempo de cábalas e de noites intranquilas. Onde acabarei? Miami, Los Ángeles, Río, Santiago, Guatemala... Onde acabaremos? É tempo de acabar de asimilar que o que non foi non puido ser e ademais era imposible. Ou non? Poderá ser no futuro? Seguirei querendo que sexa? Sería, realmente, o home da miña vida? Haberá un home das nosas vidas? É tempo de repensar as decisións tomadas e as que quedan por tomar. Sei que é ese tempo, que debería ser ese tempo, pero o 1 de setembro teño que entregar a tesina. Sen falta. E non me queda máis remedio que esconder o reloxo debaixo da cama antes de xuntar os meus libros e papeis e facer un burato nun cuarto para pecharme con eles as primeiras semaniñas do resto da miña vida.
Engádega (06.07.06).- Xa saíron as notas. Mui na miña liña, sen destacar, nin por arriba nin por abaixo. La-suerte-está-echada.
Subscribe to:
Posts (Atom)