Y si quieren saber de mi pasado
es preciso decir otra mentira
le dire que llegue de un mundo raro
que no se del dolor
que triunfe en el amor
y que nunca he llorado
Ergueuse cediño, porque se deitara coas pitas enfurruñada co mundo por non poder cambiar o vó para atoparse con La-Seijo no DF, duchouse, tentou (infructuosamente) conectarse, baixou almorzar o derradeiro almorzo americano, subiu lavar os dentes, pechou a maleta, deixou a chave en conserxería e colleu o taxi para o aeroporto. Eran as sete da mañá. O seu vó saía ás nove menos cuarto e quería ter tempo de mirar antes un encargo que lle fixera Belta. Lamentablemente, tropezou cunha fila de catro persoas no mostrador de facturación. Tardou unha hora en saír dalí e cando por fin o fixo xa bordeaba a desesperación. Para acabar de arreglalo, aínda non sabían por qué porta sairía o seu vó, anque o rapaz do mostrador, ao vela tan nerviosa, lle adiantara polo baixo, como se lle estivese contando un segredo misterioso e escuro: "seguramente salga por la nueve, pero yo no le he dicho nada, eh". Agarrada a un cravo ardendo, tirou para a porta nove. De camiño ía mirando en tódolos postiños do aeroporto na busca dunha cruz de cores, que resultou tan posmoderna e esquiva como un cono bendito. Ao chegar á porta nove, tirouse nunha daquelas cadeiras de escai e abriu un libro. Cansa e aínda máis enfurruñada co mundo que a noite anterior, deixouse levar pola historia de Hélène Jans ata que oir o seu nome pola megafonía a troixo de novo a (esta) realidade: "Pasajera Sonia Díaz, favor de presentarse en puerta cinco". Merda. Tanto tempo pasara? Merda. Colleu tódolos seus trebellos e marchou cara a porta cinco. Merda. Está no outro pabellón. Vós internacionais. Merda. Se eu paso primeiro polo DF. Puta merda. Atravesou o pabellón correndo. Pasou polas tendiñas nas que non había cruces posmodernas correndo. Negociou cos do control da policía internacional correndo. Chegou á porta cinco correndo, xusto no momento no que a rapaza da compañía aérea xogaba ansiosa co micrófono mentres dicía: "Pasajera Sonia Díaz, del vuelo Mexicana 936 a Los Ángeles, favor de presentarse en puerta cinco". Nin de coña, pensou ela, por unha milésima de segundo, nin de coña. E correndo entrou no finger, correndo lle amosou á rapaza a tarxeta de embarque e correndo chegou ao único asiento baleiro que quedaba no avión.
Qué carallo, tiña ganas de visitar os Estados Unidos.