25 Nov 2007

La feria es del pueblo



Cheguei a Guadalajara. Despois de 24 horas de avións, aeroportos, avións, aeroportos, avións e aeroportos, desfixen (por fin) a maleta e recalei nunha cama de tres por tres que daba gloria vela. E catala. O malo foron as sete horas de diferencia, que me ergueron muito antes do imprescindible.
Despois do soño reparador, a miña crónica da primeira xornada de FIL comeza coa busca infructuosa dun adaptador por medio estado de Jalisco, ben acompañada, eso si, polos compañeiros da prensa. Esta busca do santo grial da electrónica retrasou a nosa chegada ata a media mañá e fixo que atoparamos as portas da feria pechadas pola presenza do presidente do goberno Mexicano, Felipe Calderón, no acto de inauguración.
Perdemos o incidente oficial, pero a cambio coñecemos ao manifestante máis culturetas e enxeñoso deste lado do río grande, que nos aliviou a espera ao sol berrando consignas contra o presidente "Felipe, devuélvele las letras al pueblo", "Para qué las quieres, si no sabes leer", "Tu poder emana de nosotros, lo dice la Constitución", "Esto no es político, la feria es del pueblo, siempre lo ha sido y siempre lo será" e para os escritores que o acompañaban na inauguración "Carlos, tengo todos tus libros, estoy contigo... pero ahora tú estás ahí y yo estoy acá", "Carlos (Fuentes), estás cómodo ahí, con el poder? Porque nosotros no estamos cómodos acá", "Carlos, vosotros sois nuestra voz, si os callais vosotros quién hablará por nosotros?"... Pura poesía reivindicativa, vaia. Podédelo oir vós mésmos na crónica de Xía Arias para o Extrarradio da Radio Galega.
E sería casualidade, sería, pero o caso é que foi nesas cando abriron por fin as portas e puidemos entrar en tromba na XXI FIL de Guadalajara, da que se di que é o máis importante encontro editorial de latinoamérica. E é certo que esta feira é da xente. Da xente que espera tres horas ao sol na porta e que enche os corredores, os stands, os actos e, por suposto, as cafeterías. Da xente que aplaude, que pita, que berra as súas filias e as súas fobias e que me fai crer, por un momento, que hai para quen @s escritor@s comparten olimpo cos futbolistas.

No comments:

Post a Comment