31 Dec 2007

Uno vuelve siempre a los viejos sitios en que amó la vida,
y entonces comprende como están de ausentes las cosas queridas

Cea de fin de ano

Atópome con Rodrigo no messenger e poñémonos melancólicos...
Hai un ano estabamos preparando os bocatas de choped para a cea de findano, mentres Rafita-Sevillano e Adri-Madri buscaban uvas a berros (o un coa outra e a outra co un) por todo Río. Compartimos os nosos bocatas con dous chilenos cachondos e divertidos cos que Roberta e eu acabamos escapando da marabunta provocada polo concerto gratuito dos Black Eyed Peas. Dous chilenos que se acabaron convertendo en dúas das persoas máis especiais que me regalou o 2007, xunto con Blair, con anITA e cos matrimonios sureños...
Adoito botar contas en findano, pero hoxe descubrín a división vital de oko e creo que ten toda a razón. A vida son tempos e os tempos, ás veces, non cadran cos do calendario.
O 2005 regaloume aos de Burela, o 2006 aos de Madrid e o 2007 aos chilenos... Porque o meu 2007 rematou en novembro, co prólogo dun 2008 compostelano, cheo de cafés matutinos e comidas marcianas, de noites de jazz e de crises existenciais alleas, de freires a valado city, de matanzas-salas-roxós-chourizos, de viños, de tapas, de LK, de ceas pijas na casa, de partidas nocturnas á consola, de llintonics conversados, de encontros e de reencontros.
O meu 2007 rematou en novembro, co prólogo dun 2008 que promete.

22 Dec 2007

Bo Nadal

Si la soledad te enferma el alma,
si el invierno llega a tu ventana,
no te abandones a la calma , con la herida abierta.
Mejor olvidar y comienza una vida nueva,



Y respira el aire puro, sin el vicio de la duda.
Si un día encuentras la alegría de la vida,
Se feliz,
se feliz,
se feliz,
se feliz...

18 Dec 2007

Facerse maior era isto...



...pero non o imaxinabamos así

A frase, marabillosa, non é miña. É dunha María adicta ao tabaco e ao café de media mañá, que fixo un pacto co diaño e aparenta uns dez anos menos dos que ten. Dez anos que son exactamente os que pasaron dende aquela nosa primeira noche nochera compostelana. Aquela comezou cun botellón multitudinario (para os estándares da época), de gran variedade etílica musical ambiental, e rematou cos Espiche escuitando a Barreiro Rivas, cun sombreiro de bufón (eu, non Barreiro Rivas) na cabeza e cun par de cafés adulterados pola mítica máquina da facultade no estómago. Esta comezou cunha cea superíntima e acabou cunha resaca superchunga, que se me xuntou co traballo e coa seguinte cea superíntima, que se me xuntou coa hora de entrar a traballar e coa (con)seguinte resaca superchunga, que se me vai xuntar, xa o vexo, coa seguinte cea superíntima, etc, etc, etc.
Facerse maior era isto, dime María, pero non o imaxinabamos así.

13 Dec 2007

Ciganos, de Ictioscopio
O primeiro adorno do meu niño
compostelán, un Ictios auténtico!


Son tan así que do único aniversario do que me acordo sempre é do meu. Co de así quería dicir despistada, non egocéntrica. En fin, que hoxe hai 28 anos que pasei frío por primeira vez, e os novos (anque sobradamente coñecidos) compis de traballo e vida xa me arrancaron ben cediño os primeiros sorrisos... Gracias! As celebracións etílicas comezarán, como non podía ser doutro xeito, Cuando llegue la noche, noche que noche nochera e durarán ata que o corpo aguante. Previsiblemente, a cerimonia de clausura dos fastos será o sábado 22 en Lugo.
Estades todos formalmente invitados a unirvos.

4 Dec 2007



O mércores arrastreime ata a aldea coas imaxes da Habana na retina, co estómago do revés e cunha débeda interna dun millón de horas de sono. Hoxe volvín temporalmente á civilización, co estómago aínda (máis) do revés e cunha débeda interna de medio millón de horas de sono, pero ben máis mecada, sobriñeada e relaxada.
Lista para o segundo asalto.

1 Dec 2007



Cada día, ao voltar ao hotel, atopo na miña cama complexos exercicios de papiroflexia textil e notas da "miña camarera". A de onte era tan divertida como sutil:
Hola!
El sol se esconde
nace con la noche la esperanza,
como los ángeles de la guarda
fieles veladores de su bienestar.
Le deseo dulces sueños
y un próspero despertar

Los recuerdos son el mundo más maravilloso que existe;
Ellos vivirán por siempre y nunca morirán

El domingo no trabajo,
es mi día libre.
A que é sutil. Esta mañá deixeille unha propina e unha nota. Cando volvín, estábame esperando no piso de abaixo para bisbearme "gracias".
Eu non souben que contestar.