André Kertész foi un fotógrafo autodidacta que retratou a Hungría de primeiros de século, o París de entreguerras e o Nova York dos 30 aos 80. Ademais da
marabilla sobre a lectura que descubrín hai pouco n
o reader de Orsinia, hai unha compilación das obras máis significativas de Kertész que se chama
Diary of Light 1912-1985 (tédelo enteiriño
aquí, pero non vos chivedes). Sillas baleiras, fiestras, sombras, reflexos... vexo as fotos que fixo este tipo hai case un século e recoñezo unha por unha todas as miñas obsesións. Boto contas e conclúo,
outra vez, que nada do que eu vexo, do que eu sinto, do que eu penso, do que eu vivo, é novo. Que está todo dito.
E tampouco é que importe demasiado.