26 Aug 2011

Cuitelo

Pídesme que faga aquel biscoito de chocolate. Coloco a tableta no borde da mesa e cargo todo o meu peso sobre as últimas dúas porcións. Nada. Doulle un golpe seco. Non hai maneira. Collo un cuitelo, colócoo na liña e finco con forza, a man dereita no mango e a esquerda no gume. Cando me dou conta do erro xa é tarde. O sangue anégame os pés.

3 comments:

  1. Ai !!!.
    Doeume a min tamén.

    ReplyDelete
  2. uich! é que cando se nos mete na cabeza algo e queremos facelo, sexa como sexa, concentrámonos niso e non medimos as consecuencias que pode ter según que maneira de actuar...

    ReplyDelete
  3. A cabeza non para, que di o outro...

    ReplyDelete