
Vai rematando o vrao máis tranquilo e enerxizante da miña vida. Semanas de lecturas e series, de cañas e conversas, de xornada de verán autónoma, de sonos de oito horas, de hortas limpezas papanzas e paseos en familia. Foi un vrao raruno, sen viaxes nin excusas para non facelos. Un vrao silencioso, apático e algo autista, supoño. Pero tamén xenial, xusto e necesario. Un tempo precioso no que estiven onde quería estar, con quen quería estar. Antonte, no noso último paseo estival, invadiume o espírito da metáfora evidente e díxenlle ao papá: Visto dende aquí, calquera diría que por fin chegamos ao final do túnel. El miroume con ese sorriso pillo que se lle puxo ultimamente e respondeu: ... eso ou atopamos por fin o tren que nos remate.
gústame o sentido do humor de teu pai.!
ReplyDeletee noraboa polo verán que precisabas.