30 Aug 2011

Downton Abbey



___
*Downton Abbey é unha serie dramática británica creada por Julian Fellowes para a ITV. Disque cada episodio da primeira temporada custou un millón de libras e que os viron (de media) máis de 10 millóns de telespectadores no Reino Unido e máis de 6 millóns nos USA. En total, máis de 100 países compraron os dereitos de emisión. En España, emitiuna Antena 3 os martes e andivo entre os 3,2 e os 2,5 millóns de espectadores. Apta para fans de Jane Austen, de James Ivory, das witty remarks británicas e, por suposto, de Upstairs, Downstairs. Nos primeiros capítulos emborrachoume un pouco a enormidade da produción, a verdade, pero acabei colléndolles tanto cariño aos personaxes que conto as horas que faltan para saber que será deles na segunda temporada (da que fala aquí, The Guardian).

1 comment:

  1. pois eu creo que este outono que entra, estarei preparada de novo para engancharme a algunha serie.
    case preciso ese recollimento.
    ese vivir outras vidas mentres a miña durme algo.

    ReplyDelete