Os ordenadores ódianme. Bill Portas, en persoa, ódiame. Os cedeses regravables ódianme. Os das imprentas ódianme... e eu, eu ódioos tamén a todos eles. Odio ó meu ordenador, que leva morto máis de dúas semanas. Odio a microsoft, por andar jodendo co güindous. E ó seu creador por ser tan rata, carallo, que xa está podre de cartos, xa lle chega a hora de deixar vivir ós demáis. Odio instalar un sistema operativo e un programa de edición de imaxe, pasar seis horas baixando escaneando e editando fotos, instalar un programa de gravación, grava-la montaxe nun cedé, abrila para ver que efectivamente estaba alí, resetea-lo ordenador e volvelo abrir (porque son unha paranoica, pensei daquela), erguerme ás sete e media para chegar cedo a santiago e para comprobar na imprenta e mais en tres cibers que non, que a montaxe non abría... e sobre todo odio volver á casa e que o puto ordenador volva estar escarallado. Sinto a ausencia, pero só de ver unha pantalla e un teclado danme uns espasmos que mete medo... se o supero, seredes os primeiros en sabelo.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment