14 Oct 2005

Cousas

Cada día parece que teño menos tempo para facer as cousas que realmente me gusta facer. Apenas posteo, teño abandonadísimos aos de teatro e aos de Amnistía, hai semanas que non vexo unha película de principio a fin, non recordo a última partida que botei e escápanseme os meses entre farra e farra. Blame on A Mariña, por suposto. Esta comarca vai acabar comigo. Ou será este traballo? Mañá acábaselle a baixa á rapaza á que sustitúo. Hai unha semana que me dixeron que me renovaban, pero aínda non sei baixo que condicións e, por suposto, non firmei ningún contrato. Agora din que ao mellor me "teñen que" dar unhas vacacións non remuneradas antes de facerme un contrato "de verdade". E eu non sei se quero ese contrato. É máis, estou case segura de que unha relación laboral que empeza con estas filigranas non pode acabar moi ben. Pero claro, onde pode buscar unha xornalista luguesa traballo? E aí volve a miña eterna dualidade. Podería irme, quero irme, pero tamén sei que cando pase un tempiño fóra empezarei a sentir morriña de oir falar galego, do carácter da xente, do gris e do verde e do azul... e sentirei a presión da familia, a súa dor e a súa ansia e farei que non me importa, pero matarame non coñecer os primeiros colegas do meu sobriño e non saber se miña irmá sigue fumando "só de chea". Que fago?

Mayim Bialik 1

Nas horas perdidas na delegueixon, que sen ser moitas xa son demáis, ademáis de falar e falar e falar e falar cos compañeiros (algún día volos presentarei) fago uso e abuso do google (non sei como puiden vivir antes de que o inventaran). A miña pen-última aventura cibernética foi bucear na vida de Blossom, aquel meu ídolo infantil. Sempre me intrigou Mayim Bialik, como conseguiría o papel protagonista dunha sit com americana? sería tan lista como parecía? que foi dela? Por se vos interesa (que o dubido) cando acabou a serie, no 1.995, foise para a Universidade de Los Ángeles (UCLA) a estudiar Neuroloxía e cultura Hebrea e Xudía. Parce ser que foi alí, nunha clase de mates, onde coñeceu o seu marido, Michael Stone. Mayim, e aí ven o bon, está sacando o doutoramento en Neuroloxía ao tempo que decidiu volver actuar... nalgo chamado Kalamazoo!? Miedito!

Outro día dígovos que foi de Kirk Cameron, que dá para escribir un libro. Agora teño que ir comprobar se os mariñanos están facendo acopio de combustible e víveres como nos gustaría a nós (vaia temazo para abrir) ou se (e eu inclínome por esta posibilidade) lles apetece máis quedar na casa vendo tertulias sobre a final de OT ou Paixón de Gaviáns ou os derradeiros capítulos de Frijolito, ou calquera outra xoia televisiva.

No comments:

Post a Comment