20 Oct 2005

Vacacións non remuneradas

valencia16
Imaxe copipeisteada vilmente de unha páxina persoal con fotos bastante chulas

Levo dende o luns no paro... parece que finalmente serán dúas semanas de "descanso", pero eu non volas teño todas comigo. Valado City acolleume como máis me gusta a min, con choiva e con milleiros de pequenas cousas por facer. Como sempre, vaixeime das miñas rutinas cunha axenda repleta de must do e a intuición de que acabaría por non facer ningunha. A saber: recoller o meu DNI renovado, por fin, despois de nove meses caducado; recoller o título do CAP; poñerme ao día nas vidas dos amigos de vello; recuperar o cariño do sobriño máis guapo do mundo; quedar para tomar algo cos de teatro; recuperar o tempo perdido cos de amnistía; ir ao cine; ler os libros que teño atrasados; ver os dvd's que me deixaron cando me fun para Cicely; e, a xoia da miña corona de raíña republicana, poñerme coa tesina. Evidentemente, da lista anterior só podo tachar o do sobriño, que as miñas horas me custou, e o de teatro. O venres, amighiños, actuamos en Valencia. Estas vacacións non remuneradas hanme custar horas de sono (non durmo ben dende o luns) e un nivel de sicoanálise que hoxendía se me fai algo incómodo, pero parece que tamén me regalarán uns minutos de felicidade total reconcentrada... que vos dicía eu dos meus tempos vitais?

No comments:

Post a Comment