...é o puto peor. Efectivamente. Ascárida dixit e o núcleo duro (ejem) da Blogaliza asentiuxit. Por iso eu hoxe me vou dar ao metabloggeo compulsivo. Porque, eu, amighiños e amighiñas son o puto peor, como demostra o feito de que teña menos cociente intelectual que Alonso Caparrós.
En fin, eu non teño fotos para os curiosos, así que só me queda dicir que a xantanza me permitiu poñerlles cara a algúns dos meus gurús blogueiros de ayerhoymañanaysiempre. Namoradirma me declaro da alegría contaxiosa de Ascárida, da sabedoría de Pawley, do asentaso hospitalario de Paleón (heille ir tomar unha a súa nai en canto atope unha saia escocesa), de Opaco (ese gurú tecnolóxico) and family, da mirada enxeñosa de Dorfun (que, uno e trino co Homedareira e co Subcomediante H, descolocou un pouco ao meu eu máis acobardado) e da serena beleza de Dot (con quen me tería gustado falar algo máis). Con Cesare non intercambiei palabra (sinaláronmo na distancia), a María xa a tiña re-coñecida e ao resto, sédeme indulxentes, apenas lles coñecía o ciber-recuncho. Amenizáronme o xantar as anécdotas de Xosé Antón, de O’Xirarei e de Oko (nada cambia baixo a choiva no universo pousa-soengas-les) e unha conversa a mui altirmo nivel poetástrico entre Folerpa e Ohqtordv (que nos permitiu a Diefer Casan e máis a min, sr. friki corríxame se me equivoco, compartir un fermoso momento outsider perante unha fonte de churrasco). Na era post licorka, houbo metablogueo colectivo con ascárida como moderadora (para cando a banda de musa?) e parece que concluimos que somos xa unha chea de vacas no blogmillo, que a lingua é (o único) que nos distingue dos demáis e que iso, amighos e amighas, non é bon. Necesitamos, segundo parece, blogueiros de dereitas (en galego) e un algo de mala baba. Tamén se falou muito da agria polémica e dos totems deso que chaman blogsfera. Na miña humilde opinión, mala baba xa temos dabondo e diferencias ideolóxicas nunca faltan. Alomenos a min. O malo é que para converterse en polemista virtual hai que ser un xenio ou un imbécil. Eu paso.
Polo demáis, conto xa as horas para a próxima xantanza. Gracias a todos e todas por ser tan riquiños e tan frikis e gracias a ifrit, que o traballo de organizador non é nada agradecido e está mui mal pagado.
19 Dec 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment